18-9-2015

perdedores e malditos escritores

 

 

o clube de lectura gabo

nos últimos meses ten querencia

na súa escolla dos libros

por eses escritores malditos

os inadaptados os alcoolicos

os tolos os fuxidos os exiliados

e unha única poeta e suicida

 

o clube gabo ten querencia

polas voces dos perdedores

agás quen da nome ao clube

e algunhas outras voces máis

que viviron ben e foron lidas

e mesmo gañaron grandes premios

pero mesmo o luso e i-luso saramago

sempre camiñóu cos perdedores

e por acá algúns leron en castelán

idioma que tamén escolleron

para ler algún poema de pessoa

e logo foi outro na lingua orixinal

 

entre as perdedoras e os malditos

entre rosalía e celso emilio

fáltavos escoller algunha voz

na golpeada lingua galega

 

texto recitado onte unha hora despois

de que fora escollida la primavera

con una esquina rota libro do exiliado

benedetti voz dos perdedores das américas

 

manolo pipas