15-6-2026

musicas e cantos salgados

 

 

              a rosa garcía e amigas
              por cinco concertos

o sal da lingua
a lingua tan salgada
de cuba a cabo verde
lisboa buenos aires luanda
de mozambique ao brasil
das açores a la habana

as mans o piano a boca o canto
o son a milonga o fado e a morna
todos os vosos ritmos son salgados

unha cantora da paso e voz a outra
sempre voces de mulleres fado
e agora piano e quinteto de cordas

a música e a palabra
o teclado e o recitado
recorren portos de áfrica

o verso de pessoa e saramago
a voz de amalia e mercedes sosa
nas teclas do mesmo piano

unha cantora da paso e voz a outra
cálidas salgadas terras cálidos ritmos
as marés as correntes lúa chea lúa nova

cordas percusión metais e teclado
o concerto sobre bandas sonoras
cara o mestizo jazz desbocado

atlántico solo de piano e salgada danza
os longos dedos das mans da pianista
e os chiquitos dedos dos pes da danzante
oe e ve que van ser os mesmos dedos

as túas mans aloumiñan negras e brancos
e ás veces no piano as mans se cruzan
sen saber que son como aqueles barcos …

                                                manolo pipas