15-8-2017

salgado jazz en moaña

 


detrás desa cativa duna
á beira da vella estrada
debaixo de alamos e freixos
o jazz coas notas salgadas
benvido o novo festival
graciñas a ghudalla de moaña


nesta xunqueira sen xuncos
e con ecos doutras melodias
a poucos metros do areal
subiron dúas bandas á tarima
pechei os ollos e imaxinei
a música nunha batea clandestina


e o jazz encheu toda a noite
e fixosenos pequeno este palco     
para máis tríos cuatetos quintetos...
e seguiu a jam session abaixo
e sumouse a un tema unha nena      
un pouco máis alta que o seu saxo ...  

foto free code jazz records
rimas en sextetos manolo pipas