nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
a barrica de pedra do sulfato
das viñas que fixera o noso avó
sobre o rego e inscrustada no poulo
abandonada corente tantos anos
pouco despois da súa morte...
nela ás veces caen saramaghantas
e outros animais que non poden sair
normalmente é por un descuido
pero desta volta debeu ser cos lumes
e saquei unha delas hai dous meses
pero estes días remexin na terra
e saquei outras catro saramaghantas
un tritón verdinegro e un cego-escáncer
que se enterraran baixo a follada
por falta de comida e pra pasar o frío
porriba da barrica arderon
ervas e arbustos e chamuscaronse
salgueiros carballos e piñeiros
pero alguns se poden recuperar
e na visita nos poulos do avó
plantei unhas avelás e noces
e agardo que respeten algunhas
os ratos e os xabarins
na ghaspara freixo
o neto do freixeiro
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)