25-5-2013

Perdidada entre os versos

Toda a vida atopei na escritura una vía de escape, cando estaba mal escribía o que sentía, cando estaba ben tamén. Curiosamente á xente que me sigue lle gusta máis o que transmito cando estou mal, ás veces penso que non me queren ben pero resulta que cando me atopo melancólica ou triste transmito máis que cando ando feliz e contenta. Polo menos eso me acontecía ata non hai moitos meses. Quizáis sexa que durante moito tempo sempre escribín máis en negativo que en positivo pero dende hai xa uns anos decidín facer algo positivo da miña vida e ainda que ás veces escribo tristuras tamén escribo ledicias que debe ser coa práctica empezan a gustar entre a miña xente. Sempre escribín prosa, nuca se me dou pola poesía pero dende hai un tempo a poesía chamou ás miñas portas e recibiu unha cálida bencida. Afortunada de min de terte atopado onte no Calvario e coñecer algúns dos teus versos, agora xa me fago seguidora desta páxina que estou por asegurar me vai gustar máis con cada poema que lea. Practiquemos texto salvaxe ata acadar o sarcasmo!