20-2-2010

abandonadas paredes

estas paredes de adobe
abandonadas casas xa sen coberta
peiteadas polo vento e lavadas pola chuvia
pouco a pouco se están desfacendo
a beira dunha rua da comunidade
de formigon xa medio coberto pola terra

as lagartixas toman o sol
escarabellos arañas e outros bichos
entre os adoves se moven e aniñan
xunto aos anacos da ceramica
milenaria que xa ninguen valora

as xuntas dos adoves
están metidas para adentro
e estas paredes de golpeado barro
son como debuxos como un puzzle
como grecas dun laberinto zapoteca

oaxaca 2-10