15-4-2012

dos poemas e das rolas




foi unha viaxe e outras mais

os versos recitados e cantados
quixeron debuxar un irregular circulo
como o tronco e a copa da vella arbore
como a mazorca o comal e a asamblea

as pequenas historias
que un tenta plasmar nunha folla
nun caderno nun libro nunha pantalla
na noite do negra sombra voltaron á oralidade
e algunhas acompañadas pola guitarra
e outras cantadas chido pola tua voz
o tempo e a comunidade e flores contracorrente
a barricada e o camarografo e os soños morenos
os puños e as bocas e a aldea bolon ajaw
o rio de auga azul e berce tzeltal

estes dias as veces ando a tararear
as tuas mestizas melodias
e as cantigas son chamadas rolas
nas terras do paliacate e da milpa

moitos poemas naceron con metrica e rima
co desexo de que algun dia foran cantados
ocolagual e unha aperta servando

manolo pipas

flores contracorrente e berce tzeltal
xa foron publicados neste espacio
faltou amelia a cantar con nos

e as morenas chamacas a xogar