Xullo 2011

31-7-2011

flores contracorrente




chamase sol a güerita

lua chamase outra amiga
noite é a terceira nena
que da vida a esta cantiga

a nena chamase rosa
violeta a sua confidente
dalia tamen ven ao xogo
seis flores contracorrente

a perla naceu na costa
esmeralda é mais da serra
e nube marcha voando
a chover por outras terras

mar xoga entre as ondas
entre sombras xoga luz
as chamacas todas xuntas
xogan entre norte e sur

chamase sol a cativa
lua a sua confidente
ai as flores de oaxaca
chamacas contracorrente

manolo pipas

versos do libro
a milpa e o paliacate
nos camiños do outro mexico


29-7-2011

como un animal dormido




á beira da praia na ria

esta forma non é o que parece
cecais sexa un animal
que ven do mar mais profundo

á beira da praia da cidade
como un animal dormido
nun longo sono
pero cecais pouco profundo

como un gran animal dormido
que de súpeto vai espertar
que se vai erguer
co mundo ou contra o mundo


27-7-2011

ai gaivota




vello simbolo da liberdade

gaivota do mar  e das illas
agora unha sombra nas cidades

gaivota das illas do mar
agora nos portos e nas lonxas
esquecida do que é pescar

gaivota antes do acantilado
a distancia prudente dos homes
agora aniñando nos tellados

do mar aos basureiros gaivota
nos parques e nas terrazas das prazas
gaivota que agora ataca ás pombas

gaivota que come as sobras
dos novos depredadores do mar
amada odiada incomprendida gaivota



25-7-2011

de bonaval á alameda




ollo esta praza da quintana

un anaco de praza e as escaleiras
un dia de chuvia da lua de maio
a medio dia a quintana baleira

a quintana dos mortos e das vivas
sen corpos sen festa sen bandeiras
como outras prazas aquel dia de maio
coa pouca chuvia que caiu na primavera

hoxe a vintecinco de xullo
a cidade pechada e aberta
da alameda á mazarelos
compostela sar e sarela
do to(u)ral á quintana
de bonaval á alameda

con rosalia e con pereiro
sen pondal e sen bandeiras
esta matria que se para
ai no medio da escaleira
hoxe a vintecinco de xullo
como se busca campostela


24-7-2011

o codice a 24 de xullo



din que a maior ultraxe

á cultura galega
foi o roubo do códice calixtino
que a igrexa tiña tan ben custodiado

din que a mais grande traxedia

ah si ouh

pero alguns pensamos
que ainda maior ultraxe
a esta cultura
é a galicia bilingüe
o partido popular
a igrexa a burguesia …

23-7-2011

do festival aereo




mañan na ria

seica na praia de samil
anunciase un festival aereo

o espazo aberto antimilitar
non comparte a denominacion
destas maniobras na ria
e por elo fixo o cartel
que quixemos compartir con vos
abaixo a praia de samil
e enriba xa vedes

no centro da cidade
tamen hai un cacharro
que é un curioso simulador
da cabina dun avion de combate
onde entran fascinados
rapaces e maiores

mais maniobras pois
http://nonaogastomilitar.org

22-7-2011

as illas estan lonxe




as nove da mañan

a praia está deserta
digo baleira de persoas
esta praia toda aberta

un pouco de vento e o debil sol
unha hora outro corpo que chega
os meus pasos que se cruzan
con outras pegadas na area

acompañanme poemas nun libro
pero pouco me concentro a ler
a mar a marea está moi baixa
baixan os meus versos no papel

esta praia toda aberta
un pouco vento e o debil sol
as illas que están lonxe
e as ondas son pura paixon

na ria esta mañan


20-7-2011

al karama dignité



al karama dignité

a dignidade de persoas
de moitos pobos
quere chegar a gaza
os indignos de sempre
de grecia e de israel
que non llo permitiron

o barco francés
dignité-al karama
foi abordado onte
pola armada israelí
e foi dirixido a porto
e o barco gernika regresa
estes dias ao estado español
www.rumboagaza.org



20-7-2011

as nosas mans



no lugar da memoria

na pedra da fiestra da liberdade
unha man como a miña
unha desgarrada man
imaxino que con raiba e amor
ficou grabada no vello granito

esta man
que agarra o boligrafo
e teclea na computadora
unha man como a tua
desgarrada pola liberdade
pola memoria


19-7-2011

lugar da memoria




ás persoas

que deron a vida
na defensa da liberdade
ás persoas
que en silencio gardaron
a memoria desa liberdade
e do seu roubo


ai este lugar da memoria
e a memoria incredula
setentecinco anos despois
lembra a barbarie

e pregunta pola xustiza





18-7-2011

a 18 de julio




a 18 de julio


a dieciocho de julio
asi en castelán
que esta pinche data
asi foi aprendida por nos
asi foi comprendida despois
esta data que tamen a convertiron
na data da paga extra do vran
que ésta é a primeira lembranza
que eu dela teño

a dezaoito de xullo
nesta rua por onde antes
pasaban carros e tranvias
agora espacio peatonal
na rua do republicano urzaiz
que na dictadura foi nomeada
co falangista josé antonio

a dezaoito de xullo
achego a este espacio
a fiestra a liberdade
o agromar da memoria
obra do escultor pazos
na lembranza das barricadas
do barrio do calvario de vigo
hai setentecinco anos
a resistencia republicana
contra o fascismo
a memoria


17-7-2011

elexia a facundo cabral


facundo soliloquios e cancions

la plata tierra de fuego buenos aires
cabral o exilio o regreso a paixon

mataron a facundo cabral
tiroteado en guatemala
e non foi polas suas cancions
non foron balas contra palabras

tumbaron ao vello trovador
por ir na compaña doutro corpo
que sobreviviu as balas dos sicarios
cabral a guitarra a voz e o verso roto

vivo o facundo trovador
o mais pagano predicador

o cronista

imaxe el arbol de cabral
por cristina gálvez