Agosto 2011

14-8-2011

o lume e as casas




escoito decir na radio

que o lume está chegando
xa mui perto dunhas casas
e penso que cecais algun
que plantou ese lume
non vive moi lonxe delas
pero que non contaba co vento

escoito decir nas noticias
que o lume está chegando ás casas
e é certo pero antes de chegar a elas
arrasou arbores arbustos e ervas
as tobas as covas e os niños
de miles e miles de animais
as suas casas
e a moitos deles

12-8-2011

matadores e matados




aos toureiros

tamen lles chaman matadores
e non hai dubida de que o son
pero antes son torturadores
e algunhas veces
poucas veces por certo
estes matadores
nun despiste nunha chulería
nun accidente de traballo
son matados polos touros
que antes eles publicamente
e con saña torturaron

os matadores e os matados
tamen o touro pode ser matador
pero nunca será torturador
esta imaxe fai memoria

dos touros da xustiza

manifa contra a tauromaquia
este sabado 13 as 8 da tarde
praza da peregrina  pontevedra

as matanzas deste ano empezaron
o dia 4 e rematan o dia 15
e ainda non caiu ningun toureiro

o sabado 13 un touro
nun concurso de recortadores
matou a un mozo en xátiva
o resto dos actos taurinos
non foron suspendidos



11-8-2011

das fontes




terras de oaxaca
templada humida serra norte
montañas e floresta zapoteca

a casca dunha plataneira
serve de cano para a auga
e de bico para esta fonte

di un pensamento andino
que cando pasas por unha fonte
debes saudala bebendo nela

lembro que tiña sede
a fresca e sabrosa auga
desta fonte lembro


10-8-2011

augas do courel




regos e regueiros

pequenas fervenzas
cursos secos e fontes
ai devesa da rogueira

entre bosco e cumes
a lagoa de lucenza

estas augas tanta vida
do courel ai desta serra


08-8-2011

paxaros e formigas




pía páxaro e formigueiros

son dous dos cumes
presentes sobre as nosas rutas
na serra do courel

os animais deixaron
os seus sinais os seus sons
as plumas dos paxaros
as pegadas e excrementos
as piñas e avelás roidas
e oimos a raposa e as crias
na noite do acampamento
e as aves ao longo do dia

e vimos ao milano real
lagartixas e lagartos
un esquiu unha ra
unha indefinida serpe
os miñatos a garza...
e este poboado formigueiro
un pouco mais abaixo
do cume ao que deu nome

lembranza do courel


07-8-2011

rutas circulares




esperante acampamento

un paseo circular
por seoane e mercurín
circular moi boa ruta

por  parada e novoneyra
unhas voltas á memoria
a devesa do courel
volta prarriba e prabaixo

e seguimos coas rutas
circulares camiñadas
e na cidade de lugo
o paseo entre pizarras
ás lembranzas novas voltas
circular é a muralla


06-8-2011

lugares da serra




enriba do rio pequeno

castiñeiro de esperante
as figueiras e os endrinos
as nogueiras de seoane

fontes da fame ou do cervo
auga calcarea ou ferrosa
formigueiro pía paxaro
cumes de ida e de volta

de quiroga a pedrafita
cantos nomes nesta serra
ai freixos das ferrerías
salgueiros de novoneyra
o souto de mercurín
a devesa da rogueira

na serra a dia 5

05-8-2011

a pizarra e o home




territorio da pizarra

muros casas e mais formas
a pizarra que aos homes
ben namora

a corte de mercurin
o pombal de esperante
ferrería nova e vella
que nos canten

entre quiroga e folgoso
seica hai novas canteiras
grandes cortes estragando
esta serra

dia 4 de parada a moreda
con imaxe doutra aldea



04-8-2011

unhas poucas arbores




carballo sabugo bidueiro
pradairo enciña nogueira
salgueiro cerdeira freixo

serbal faia castiñeiro
rebolo acibo abeleira
amieiro sobreira teixo


bosque fraga souto devesa
tantas arbores que dan vida
e tantos arbustos e ervas

de seoane a mercurín a dia 3


04-8-2011

por terras do courel




courel dos tesos cumes

cantounos novoneyra
de quiroga a folgoso
de seoane a moreda

courel dos tesos cumes
o rio o val a serra
a auga a terra a vida
que xa nos da unha aperta

courel dos bosques fondos
devesa de rogueira
que descobrin primeiro
na voz de novoneyra

moitos anos despois
voltei por esta terra

vigo courel 2 de agosto


02-8-2011

val arriba




é tempo de deixar a cidade
deixar uns dias tamen a ria
camiñar cara onde nace o sol
ir polo rio e polo val arriba

é tempo de moverse un pouco
de deixarse levar contracorrente
seguir a estrela mais pequena
por estradas secundarias perderse

é tempo de voltar ao monte
cecais á serra e ao bosque fondo
voltar ás fontes do miño e do sil
cecais subir á terra dos lobos






01-8-2011

a comunidade e o furacán




beatriz

chamaron ao ultimo furacán
que arrasou algunhas rexions
do estado mexica de michoacán

nomes de persoa
especialmente de muller
teñen o costume de porlle
a estas debastadoras
formas de natureza

pola comunidade
autonoma de xayakalan
en resistencia e con desaparecidos
e non recoñecida polo estado
hai unha festa en poucos dias
para sacar alguns recursos
actuan son de maiz e taller del sur
e a entrada son cincoenta pesos
e un kilo de arroz ou frijol

que teñades boa colleita
unha aperta compas