Agosto 2011

31-8-2011

o silencio do bosco




pechamos os ollos

escoitamos amiga
o silencio do bosco

un esquiu un paxaro
no silencio unha pausa
entre faia e carballo

este silencio e calma
baixo a calor á sombra
para qué as palabras?

as fragas os soutos
as devesas do caurel


30-8-2011

españa libia siria




a morte

a todos xa nos iguala
pero non as guerras
que nos separan

estes anonimos
recuperados ósos
da guerra de españa
tamen son memoria
contra todas as guerras
de afganistán a libia e siria
esas mortes sen sentido
que nos golpean
e van desangrando
as familias e as terras


28-8-2011

montealto gaza nablús




que aventura moreniño

eses barcos rumbo a gaza
perdimos gañamos prazas
nos atrancos do camiño

se non chega cos barquiños
ha que probar pois por terra
desarmadas voces berran
de montealto a gaza e nablús

mais tarda en chegar esa lus
tarda en morrer esa guerra

de montealto a gaza e nablús
ha que probar pois por terra
ha que probar pois por terra


manolo pipas

decima jarocha para o tone
con coros de rosiña ana david
imaxe en territorio zapatista
pintada na nocturna marcha
por palestina xaneiro 2009
lembras garcia?


27-8-2011

josé bergamin poemas




Me parece que mi alma

se ha quedado entre los árboles
presa en la red de sus ramas
y asida a un hilo de aire

El incendio luminoso
en que se quema la tarde
otoñal se queda quieto
eternizado el instante

Y al pensar que tanto fuego
pronto tendrá que apagarse
siento que en mi corazón
también se apaga mi sangre

           …..

Tiembla el agua cuando huye
como el árbol con el viento
Tiembla en la noche del alba
una lucecita lejos

Tiembla la rama en su sombra
Tiembla la voz en su eco
y en tu corazón se esconde
el temblor de los luceros

josé bergamín

pensador e republicano
poeta serodio que logo do exilio
non renunciou as suas ideas
poemas de velado desvelo
que estou a ler estes dias



25-8-2011

nova ruta circular




o noso camiño

entre silvas e fentos
vai coller a esquerda
baixo os piñeiros
e seguimos a ruta circular
que deixa atrás os penedos

e foi en cabo udra
o monte á beira do mar

terras do morrazo
rumor e canto

lariño




22-8-2011

equilibrio fráxil




unha exposicion de fotografia

suspendida en arbores e paneis
no xardin botanico de vilagarcia
equilibrio fraxil
 
o voo do cóndor o gorila de montaña
a femia orangutana coa sua cria
un vertedeiro na selva de guatemala
equilibrio fraxil

a rinoceronte negra matada
para levarlle os seus cornos
as tortugas mariñas de nicaragua...
equilibrio fraxil

o rio a selva a montaña
os restos dos elefantes
os humanos restos en ruanda
equilibrio fraxil

o chimpancé preso
as suas e as nosas mans
e nós que facemos
equilibrio fraxil !?

manolo pipas

fotografías
el equilibrio frágil
de juan pablo moreiras
no parque botanico do castriño
vilagarcia ate o 19 de setembro

22-8-2011

do solpor á tormenta




o solpor de onte

antes da tormenta

as polas do ginkgo
de lonxanos tempos e terras

a ria sempre a ria
antes do caos unha aperta

a tromba de auga
raios e tronos
e un deles perto da casa


imaxe desde
o monte da guia


21-8-2011

imaxes proxectadas




proxecta

festival da fotografia
en vilagarcia de arousa
que se encheu de tremendas imaxes
entre o xoves e o sabado
en espacios a cuberto e baixo os astros

el equilibrio frágil
imaxes pola conservacion da natureza
por juan pablo moreiras
no parque
botánico enrique valdés bermejo
chamado o castriño polos vellos
á beira da ria das arousas

que seguirá catro semanas máis
entre carballos loureiros e silbarbeiras

imaxe no parque do castriño
na tranquila hora do xantar
e versos á noite na casa


20-8-2011

prado da serra




un prado

un prado da serra

a pocos metros do rio
perto da aldea de moreda
rodeado de variadas arbores
un minimo espacio para a erva

lembranza do courel
palabras para unha imaxe

18-8-2011

os teixos




unhas poucas palabras

para os teixos do courel
no medio das empinadas
costas da devesa da rogueira
entre carballos bidueiros e faias
os teixos primeiras arbores da serra

os teixos
esas arbores sagradas
dos nosos pobos orixinarios

os teixos
os corazons da serra
deste circulo os eixos


17-8-2011

o parque e a memoria




debaixo dun parque infantil

hai unha fosa comun do franquismo

debaixo o silencio das tumbas
enriba as risas dos xogos dos nenos
e darredor a dor sen desafogo
dos repudiados familiares dos asasinados

a memoria republicana está a levantar
os osos de varios centos de democratas

pero que volte o parque infantil
con ou sen tumbas xa non anonimas
porque entre estes columpios
hai mais paz que nos cimeterios
dos culpables ou complices catolicos

escrito no setentecinco cabodano
do asasinato de alexandre bóveda
e de tantas outras persoas de ben

17-8-2011

feira do libro




a feira do libro de ocasión

libros vellos libros descatalogados 
libros usados libros rexeitados
e algun libros de coleccionista

a feira do libro
moreas de libros pedindo
que os collas que os cheires
que os leves contigo
que lles des calor
que pases as suas paxinas
que os leas

eu leveime uns libros de poemas
e na memoria o pasado dun pais
nun libro mui grande e case unico
que non era para min