mirar a lúa cunha ducia de ollos
dime estrella que fago como pessoa
ela que tamén é astro saberá que di
que ben coñece os solpores de lisboa
fálame do durmir do soño e do espertar
e dunha versión rianxeira de kafka
unha nécora durmida nunha batea ao sol
e claro que eu non esquezo a súa palabra
dime estrella o café é unha bebida austera
austero é o fado entre o tejo e o mondego
e cal será a música do río vltaga de praga
que acompañaba a kafka nos seus textos?
dime faiusca que voltou á desgobernada lisboa
e que tomou ginjinha co jazz luso de alfama
coa lúa á que agora devolveron unha hora
ai esa lúa cunha media ducia de olladas!
manolo pipas
na imaxe un anaco dun debuxo
da súa sobriña chiquita áfrica