do mar o pintor do mar
do oceano das rias dos portos
das xanelas das lendas portuarias
o pintor dos barcos e dos fondos
o colectivo a nave das ideas
atracou onte na praia de samil
con poemas cantos e semblanzas
desembarcou cos cadros de lugrís
a nave das ideas a idea da nave
en colectivo botou un manifesto
ao mar dentro dunha botella
que a travesia teña bo vento
a nave das ideas botou un libro
un libro colectivo ás marés aos fondos
ás rias e aos oceanos dos internautas
cadros e textos que teñan bo porto
manolo pipas
onte nunha casona de samil
á beira da ría foi presentado
e na imaxe a improvisada colectiva
obra de onte de versos e debuxos
anavedasideas.blogaliza.org