Febreiro 2012

29-2-2012

o vello reloxio




este vello reloxio

na parede de pedra
segue a porlle palabras
e numeros ao tempo

mide a vida o reloxio
pero no seu circulo
varias horas da tarde
están algo borrosas
aclaranse na noite

este vello reloxio
fabricado en donosti
late agora en lourido
reloxio cantas viaxes
cantas paredes tempos

manolo pipas

a antón e maría
corazons folieiros


27-2-2012

a cantiga do rin rin




Veu ó mundo nun xaneiro

onde a Virxe do Cristal
duas pombas feiticeiras
apousaronlle nas mans
apousaronlle nas mans
ailalelo, ailalelo
ailalelo, ailalá

Este tamborileiriño
con muxicas na mirada
tenche porte de gaiteiro
de folieiro ten a ialma
de folieiro ten a ialma
ailalelo, ailalelo...

Polo cerco de Paraños
ou de Prado ou de Toutón
as gaitiñas quedan orfas
sen o son do seu tambor
sen o son do seu tambor
ailalelo, ailalelo ...

Mestre de tamborileiros
compañeiro de foliada
non nos faltes compañeiro
compañeiriño da ialma
compañeiriño da ialma
ailalelo, ailalelo...

rosa hervella

coplas cantadas no xantar
homenaxe a manolo rin rin

co pasodoble dos folieiros
na imaxe unha caricatura
do tempo dos muxicas

27-2-2012

versos pra un muxicas folieiro




as coplas


muxicas folieiro /co teu tamboril
non perdes o ritmo / manolo rin rin

tambor de madeira / pelexo e baquetas
non paras o ritmo / que o frio xa apreta

de coia pro palco / da festa pra coia
rin rin co seu ritmo / pasacorredoiras

fixemosche trampa / amigo rin rin
xantar e tocada / os dous son por ti

o poema

erase manolo un vello amigo
erase rin rin un muxicas folieiro
un home aparentemente serio
e algo estraño un ourensán de vigo

erase un home a un pelexo pegado
erase un rin rin cunhas baquetas
cun pandeiro ou cunha pandeireta
entre gaitas sempre ben enredado

versos escritos hai duas semanas
para a homenaxe do rin rin
este pasado sabado

na taberna de foliada
polas terras de oliveira
a familia e as amistades
que se funden nunha aperta

e tocou o manoliño
co seu grupo os folieiros
e xuntaronse muxicas
polo afecto ao compañeiro

manolo pipas

25-2-2012

solpor no noso barrio




solpor no noso barrio

estes dias madriña costureira
camiño de figueirido o vello e novo coia
que ollamos desde o campo da canteira
ao fondo os alleos edificios e no medio
perto de nós as nosas raices coas nogueiras 

o afillado

24-2-2012

a familia coma un rio




chegaron hugo mauro mencía zoe

e foi dar un paseo a matriarca
así é a vida dunha familia
no longo rio a auga que pasa
familia correa riobó
bo río que non se para

luz chita e costureira
irmán nai cuñada tia sogra avoa...
e para min a madriña
que agora segues na memoria
luz correa riobó e familia
bo rio solpor e aurora

manolo pipas


23-2-2012

un libro de alberte momán




estou perdido


estou perdido
incapaz de separarme do meu traballo

ficas
por primeira vez
en segundo plano

busco en vano espirme
para ti
pero todo acontece
demasiado axiña
e ficamos parados
por menos tempo do que desexarías
-do que sería desexable-
exhautos
suorentos
un á beira do outro

miro de fuxir
de recuperarnos
pero recoñezo un medo infindo
que me impide deixar a parte
a compañeiros
agora camaradas
para fundírmonos na sinxeleza
que nos xuntara
hai xa anos

alberte momán

poema do libro os quilómetros
que percorremos dende aquela
que se presenta mañan venres
na libreria andel de vigo
pintor lugrís 11 as oito e media
http://moman.wordpress.com


22-2-2012

compa xosé monteferro




compa xosé monteferro

entre a entrada da ría
a ria e o mar aberto
al vent esta travesia
o sentimento

entre monteferro e as illas
hoxe as ondas están calmas
logo serán mar embravecida
al vent as ondas palabras
ai sempre vivas


em cada esquina un amigo
a ria o sar o courel
terras da fraternidade
cravos bermellos xosé
compa xosé

escrito aki na ria

na memoria de xosé reigosa
compa de galiza non se vende
colectivas apertas montse e gabri
... e todas e todos marchamos
cunha flor na man ou no peito
e logo na tarberna marrucho seguiron
conversas volveron as boas lembranzas

e escoitamos as tuas e nosas cancions
lluis llach fuxan os ventos dakidarria
raimon paco ibañez  silvio
rodriguez  josé afonso ...

em cada esquina un amigo

manolo pipas



21-2-2012

as mans da musica




neste vello bar hipólito

a musica sempre está
especialmente presente
é escollida con esmero

o jazz vai enchendo o jazz
moito tempo espacio tempo
e a musica clasica e as de raiz
tamén okupan unhas boas horas

nestas semanas a musica
faise tamen visible nas paredes
nunha exposicion de fotografias
mans retratos da nosa musica

anxo pintos abe rábade susana
seivane  rodrigo romaní uxia
senlle veronica codesal bieito
romero fuxan os ventos ...

as mans que tocan esas notas
e tamen as mans desas voces
que xesticulan as suas letras
da nosa musica retratadas mans

manolo pipas

mans retratos da nosa musica
no obxetivo de óscar mártinez
na imaxe de anxo pintos mans
estilizadas de pianista dedos largos
e con nervio  dime unha amiga delas
no bar hipólito de vigo av de castrelos
26 camiño dese castrelos onde algunhas
desas mans nos deron noites maxicas
nunha noite do acolledor bar hipólito
haberá que recitar estes versos


21-2-2012

da escola publica e da guerra




nas guerras os espacios as cidades

son duramente asediados e sitiados
con catapultas cañons ou misiles
ou con mais educacion
se lles cortan os suministros
a auga a comida o combustible ...

estes recortes está a sofrir
á nosa escola publica
e todos os espacios publicos

cando o xefe da policia en valencia
chama inimigos a uns rapaces
que protestan pacificamente por isto
e son golpeados brutalmente
está claro que hai unha guerra
a guerra de sempre pero agora mais visible
a guerra dos de arriba contra os de abaixo

o cronista

imaxe de hai un mes da escola
publica pintor laxeiro de vigo
faixa que levou o vento estes dias
que os ventos dos homes
non se leven a escola


19-2-2012

de carnaval e capital




neste entroido carnaval

uns versos de resposta
a outro golpe do capital

esta reforma laboral
non é cura nen remendo
é unha ferida mortal

neste novo carnaval
ai o enterro do meco
o enterro do capital

o cronista

cunha vertical e escura
imaxe do entroido lokal

como escuro é este tempo
publicado entre as once e media
e as doce da mañán cando saen
a rua os grandes sindicatos pupulistas
confundidos coas comparsas do capital
digo do carnaval


18-2-2012

lulavai cor das verbas




amalgama de notas

e palabras
catro arpas catro voces
ai rapazas

viaxe imende cangas
cordobelas
lulavai amalgama
cor das verbas

manolo pipas

cor das verbas de lulavai
disco presentado onte
imaxe de nando iglesias
lulavai lillith vaite
a primeira muller
e ela abandonou o paraiso

e o poema maria soliño
de celso emilio ferreiro
cantarono as catro lulas


17-2-2012

o pedregal do miño




pedras e mais pedras

lugar chamado o pedregal
e por baixo deses granitos
vai unha pouca auga a cantar

daqui din que sae
unha das fontes do rio miño
veremonos logo fecundas augas
pola terra cha por lugo por ourense
en salvaterra e no atlantico amigo

manolo pipas