Outubro 2012

30-10-2012

ovellas brancas e negras




varios miles de ovellas

cruzaron o sabado a capital
do reino das eeesssppaaññas
reinvindicando a trashumancia
e a conservacion das cañadas
reclamando o seu dereito de paso
e unha vida digna
algo que campartimos con elas
e son moitas borregas brancas
e algunhas ovellas negras
case igual ca nós manifestándose
pero elas non están rodeadas
polas forzas de in-seguridá

o cronista

29-10-2012

sobre rodas camiñando





multiusos da xunqueira
ai á beira do camiño
na vila de redondela

sobre rodas camiñando
preséntanos o seu disco
samaín en lua chea

por baiona a lavadores
lagarteiras e murallas
entre as ons e a peneda

luis e carlos sobre rodas
duas illas do folklore
que lle cantan a este tempo

do muiño ás romerías
a dura vida do mar
ai a lingua e os saqueos

sobre rodas camiñando
seica un día se xuntaron
co romance do gaiferos

manolo pipas

en redondela onte á noite
imaxe de carlos peixoto


27-10-2012

da vida e vivenda digna




en granada

a vida e a vivenda

o crime foi en granada
escribira o poeta
sobre o seu compañeiro
e onte un crime
foi inducido en granada

un kioskeiro suicidouse
horas antes de ser expulsado
violentamente do seu piso pola banka
e so por unha hipoteca non cumprida

en letra pequena lino na prensa
como tamen lin que cada habitante
deste pais tivo que poñer 1.846 euros
para axudar a banka no 2010

cantos nos tocaría
o ano pasado e éste!?


o cronista

26-10-2012

o bufón e o hincha




o bufón


Eiqui xaz don literato.
Loitou toda a sua vida polo confort
afincado na seguridá do diñeiro
e no futuro previsto
do poder político reverencial.
Traballóu sen descanso
para darse á folganza i á boa vida
da burguesía refinada,
a quen servíu fidelmente.
Descansa en paz comellón.


o hincha

a felicidá en resume,
era para il berrar gol
nos partidos de futbol
entre a mesma moitedume.

Máis déulle tal torozón
cando quedóu campeón
o odiado equipe contrario,
que por dous goles a ún
xace na fosa común
iste badoco gregario

celso emilio ferreiro

25-10-2012

musica e rumor do hipolito




unha exposicion de imaxes

o jazz ao vivo en branco e negro
as mesmas fotografias nas paredes
que ollara uns poucos meses atrás
pero non podo distinguir a musica
porque agora non é o seu tempo

pasou tempo e algo mais pasou
pero de novo por aquí estamos
son coma un rumor tantas voces
que están a festexar o encontro
e non podo distinguir a musica
pero logo xa será o seu tempo

manolo pipas

versos do regreso
do espacio bar hipolito
o pasado venres
as fotos de luis bará


24-10-2012

da e-leccion basca




desde esta modesta bitácora

non imos felicitar ao pobo basco
entre este mar atlantico que nos vencella
e no que compartimos tamen o chapapote
nen nos compararemos cos compañeiros
como fixeron outros polas suas e-leccions
aledamonos pola esquerda abertzali
pero alí tamen arrasou a dereita
basca pero dereita pois

cada un recolle segundo sementa
e vai depender moito da semente
do humus do esterco ou do compós
da rega e doutros coidados
e do tempo atmosferico-social

o cronista




23-10-2012

a lingua a terra o mar




esta mañán en compostela
están a xulgar ao galego
e aos seus falantes
por querer sobrevivir


mañán cecais tamen xulguen
esta terra e estas augas
e aos seus fill@s consecuentes

so por querer sobrevivir

lariño

engádego da tarde
este xuizo foi suspendido
por erros da acusacion
e será reanudado nuns dias


22-10-2012

xuizo á nosa lingua




o dia despois

seguimos saindo a rua

doce persoas serán xulgadas
mañan en compostela as nove e media
por organizar unha con-tramanifestación
durante a marcha que en febreiro de 2009  
galicia bilingüe convocou para protestar
"contra la imposición del gallego"
a fiscalía pide para os mozos, a maioría deles
afiliados a causa galiza e a nós-up-
máis de 45 anos de prisión e máis de 36.000 euros
por desorde pública e agresión á autoridade.

o día 25 está previsto que declaren 20  membros
das “fuerzas y cuerpos de seguridad del estado”
e o dia 26 será o turno das testemuñas da defensa
e da acusación, entre outros, membros da falange,
rosa díez, de upyd e gloria lago, de galicia bilingüe.
na manifestacion tamen ian alfonso rueda e ana
pastor do pp pero non foron chamados a declarar

na contra-manifestacion algunhas persoas
foron identificadas so por falar galego

desde envolventes as palabras
tamen denunciamos este xuizo politico
e apoiamos a estes compas

na imaxe a rapazada
dunha escola do bierzo

21-10-2012

cronika da noite das e-leccions




as dez e media da noite
do 21 de outubro na galiza
o borrador da cronika do dia despois

parece que este país vai mui ben

parece que hai poucos parados
e cada vez temos menos

parece que a policia neste tempo
non nos reprimiu nada por defender
pacificamente os nosos dereitos

parece que os nosos pequenos aforros
están ben seguros nos bancos

parece que a terra e o mar
non están a ser saqueadas

parece que están mui ben
a lingua a cultura
a educacion...

              .  .  .  .  .  .  .  .

escribeme unha compañeira
sobre e resultado das e-leccions
é unha catástrofe! eu emigro,
non quero ser parte deste país.

e parece que nos botan
pero aqui seguiremos


envolventes


21-10-2012

21 O !? !? !? !? !?




domingo 21 de outubro
as dez e media da mañan
ollo outra vez para as noces
e volto a reflexionar un pouco

poñoas en circulos concentricos
como nunha aberta asamblea
e sigo a reflexionar outro pouco
nas e-leccions e nas leccions da vida

o locutor o malpocado o déspota
o cacique o profeta o oprimido
o neutro o revolucionario...

a xustiza a represion
o clero a burguesia a banca
a sanidade a cultura a educacion
...

o cronista


20-10-2012

e-leccions 3 reflexionando




ademais dunhas e-leccions
e dunha noxenta campaña
tamen nos van regalar
un dia enteiro de reflexion
logo da ultima violencia policial
a unha pacifica concentracion
diante dun mitin do pp

escoito a fuxan os ventos

quen seiturará quen seiturará...
e sigo a reflexionar
escoito a zeca afonso
o pobo é quem mais ordena...
e sigo a reflexionar
e sigo a ler a celso emilio
o teito é de pedra
de pedra son os muros...

escribo uns poucos versos
e volto reflexionar un pouco
tamen hai reflexion en eskadi
e escoito a mikel laboa
herria eta hizkuntza...

reflexiono ollando as noces
que apañei onte á tarde
cada noz é cada un de nós
reflexionamos todos xuntos
nunha concentracion e protesta
coa sua proposta colectiva

o cronista


19-10-2012

locutor malpocado e déspota




o locutor

desbaixo desta lousa
dorme un home
que falóu trinta anos
sin decir xamáis unha verdade.
Por fin está calado.
Pasa amodiño
non sexa que desperte
e se poña a argallar novas mentiras
outros trinta anos


o malpocado

Decía o malpocado
que aquí xaz enterrado

Non trunfan na historia
os pobos sumisos.
Augas represadas
non moven muiños.

Nunca serán libres
os pobos sofridos.
Con augas paradas
non roda o rodicio.


o déspota

Acadóu o fervor das moitedumes
degradándoas.
Os pobos -decía il-
son como algunhas mulleres,
que se namoran do que os maltrata.

Deus o teña,
xustamente,
no sitio que lle corresponde.

celso emilio ferreiro

epitafios do libro
cimeterio privado