Decembro 2012

20-12-2012

as terras unha soa terra




o monte alba
e o monte albán

a terra da chuvia galiza

o pais das nubes oaxaca
a tua profunda ria
os manglares de chacagua

os cañons do sil
a cañada cuicateca
a limia e a terra cha
o altiplano zapoteca

o monte alba
e o monte albán

os ayuuks cerros
e a serra do galiñeiro

as terras unha soa terra

manolo pipas


19-12-2012

cantiga da karavana




polas terras da malinche

avanza unha karavana
zapatista e magonista
que chaman outra campaña

queren escoitar os pobos
compartir a sua palabra
entre aldeas e cidades
dende a costa ate a montaña

tuxtepec boca del monte
union hidalgo e jalapa
da lacandona partiron
cara oeste e norte avanzan

a sexta declaracion
levan por escudo e arma
e nativ@s i extranxeir@s
vai sumando a karavana

todos eles teñen nome
todas elas unha cara
unha historia que contar
que non chega con palabras

da lacandona partiron
cara oeste e norte avanzan
outro mundo si é posible
coa mais grande das plenarias

manolo pipas

18-12-2012

viaxe ao pais das nubes recital




viaxe ao pais das nubes

versos e recitado manolo pipas
musicas e canto servando barreiro
sobre os mestizos libros
viaxe aos pais das nubes
e a milpa e o paliacate

encontro no bar hipolito
av de castrelos 26 travesas
sabado 22 de decembro
as 21.30 da noite

debuxo de eva castro
das liñas do pais da nubes
co recorrido da karavana
da sexta declaracion ...


polas terras da malinche
avanza unha karavana
zapatista e magonista
que chaman outra campaña...


 como está tu corasón
 saudo tzotzil

 a miña viseira portuguesa
andará agora por chiapas
 a viseira do mercado de oaxaca
penso que se foi a serra zapoteca
 a cachucha do cipo
deixeina na serra ayuk pues
 o meu corazon
dividido entre esas montañas


17-12-2012

imaxe do vello blues




deste home da guitarra
so se coñecen duas fotos
e vintenove cancions

polas grabacions destes temas
pola sua intensa e curta vida
e pola sua influencia até hoxe
abonda para que robert johnson
sexa un dos grandes mitos do blues

esa cara esa guitarra
eses ollos de misterio
traxe a raias garabata
esa boca ese sombreiro

esas mans esa guitarra
as posicions dos seus dedos
sentado a perna cruzada
ben cruzado este troveiro

lariño

logo da pasada sesion
blueseira de pablo carrera
para carlos e puri de teis


16-12-2012

das vidas de maría



maría casares a cativa
a exiliada a actriz a activista
ai as vidas e as casas de maria

maría casares
que cando actuaba
paraba o tempo
pero a vida non paraba

a infancia livre
a republica os exilios
o teatro e as cartas
o cine o existencialismo

a nave das ideas recorreu
anacos da túa travesía
coa palabra e co teatro
coas músicas maría

 


foi onte no bar hipolito
nas travesas na encrucillada
a festa do dia das artes galegas
coa nave das ideas maría lopo
casilda alfaro paula ríos
e abe rábade

manolo pipas

16-12-2012

das arbores de castelao 5




das arbores ventureiras


desde a pasarela peatonal
sobre a avenida de castelao
que mui poucas veces empregamos
hai boas vistas do paseo das arbores
da sua vida e das suas desfeitas

nesta esquecida pasarela
co pouco humus que se crea nas xuntas
nace e medra o mofo e álamos e bidueiros
e salgueiros coma este da imaxe
como tamen nacerán abaixo nos xardins
e que se levarán os cortacespedes
mentres que o querido concello
contrata en caros viveiros estas arbores
e outras alleas e máis delicadas

o cronista

15-12-2012

das arbores de castelao 4




das novas arbores

na avenida castelao

hoxe fixen o paseo
unhas arbores chegaron
polas que antes perdemos

tamen andan arrincando
varias raices das talas
vai ficar lindo o paseo
que perdeu ai tanta maxia

moitas arbores agardan
o seu espacio de ceo
mais ciscadas na avenida
interrumpen os paseos

para meter as raices
grandes buracos fixeron
abandonados á chuvia
ai como lles caia un neno

que listos os do concello
que escolleron pra plantar
estes dias que chegou
un tremendo temporal

pode ficar ben fermoso
o paseo de castelao
que se lembre quen goberne
que tamen hai que coidalo

o cronista


14-12-2012

mar e escaleiras




o mar

a ría a marea
queren subir
estas escaleiras

a cidade
está aí arriba
e roubou neste tempo
uns poucos metros da ría

o mar non esquece non
e vaino cobrar un día

manolo pipas

imaxe de hai unha semana
estes dias nubes e chuvia
non deixaron ver o sol

13-12-2012

a romeria e a memoria 2




por terras do val miñor

en vincios hai romeria
xoves trece de decembro
dia de santa lucia

na capela están cos rezos
e fora toca unha banda
toca musica do pobo
que é memoria sen palabras

debaixo do gran carballo
ai so baila unha parella
nai e fillo un pasodoble
mais memoria desta terra

chove e venta no torreiro
e cando remata a banda
nos falando descobrimos
outra memoria agachada

memoria do trinteseis
debaixo do gran carballo
houbo terror houbo morte
uns homes asasinados

algunhas daquelas balas
nesta arbore ficaron
ai vincios santa lucia
fai memoria no carballo

o cronista

nova version para cantar
dun texto do ano pasado
tal dia coma hoxe


12-12-2012

12 do 12 do 2012




doce do doce do dousmil doce

unha data curiosa e simbolica
e seica con moitas supersticions
12-12-2012

que estaba facendo eu
hai unhas poucas horas
xusto as doce horas doce
minutos e doce segundos ?
a esa hora cecais habia doce uns grados
e doce persoas ían no vitrasa liña doce
e pasaban polo numero doce dalgunha rua
e esa nena de doce anos que vive
no piso doce do numero doce ...

doce do doce do dousmil doce
xusto un ano un mes e un dia despois
do once do once do dousmil once
pero parece que non haberá
trece do trece do dousmil trece...
porque non temos mes trece

doce do doce do dousmil doce
simblico dia nove dias antes
do 21-12- 2012 tamen simbolico dia
o vindeiro solsticio de inverno

na noite deste simbolico dia
habia musica e poesia no hipolito
estaban uns amigos chegaron
unhas amigas e as arbores ...

o cronista


11-12-2012

alguns tonos do outono




a vella maceira perdeu
case todas as suas follas
unhas poucas cairon do carballo
e logo perderemos a sua gran sombra

ai eses tonos
da aldea das chozas
sombras e lucis do outono

lariño


10-12-2012

o pingüino de vitrasa




como ilustra a imaxe
fai moito frio no campamento
dos traballadores en folga de vitrasa
e teñen un bo monte de leña

como ilustra tamen a imaxe
un pingüino escapado dun zooloxico
atopou este frio e cálido espacio
e ficou nel solidarizandose cos compas
e axudando as gardas na noite

no vitraseiro campamento
tamen estaba un oso polar de peluche
que se despistou co cambio climatico
e un papanoel en paro e folguista
pero non quixeron sair na foto

o cronista