Decembro 2012
09-12-2012
os traballadores de vitrasaos buses urbanos da cidadeestán en folga estes dias reclamando os seus dereitos que a empresa lles roubapolas ruas hai unha respetable cantidade de verdes vitrasasque chaman servicios minimos maximas son as diferencias entre patronal e traballadores e asi se construe o capitalismovitrasa é a empresa que ten o monopolio do trasporte urbano e é a herdeira dos queridos tranviasen corentecatro anos esta é a primeira folga dos traballadores e eu como permanente usuario podo decir que xa era hora onte vintecinco traballadores que entraron nun bus para facer o seguimento da folga foron secuestrados corentecinco minutos dentro do bus parado en praza america na imaxe o campamento vitraseirofronte a empresa xa no decimo dia e mañan facemos outra cronikaunha aperta compas
o cronista
07-12-2012
2uS
swingprovisandoclarinete e guitarra no cuarto dos ensaioscamiñan coas suas notas danzan soben pola paredeabren a xanela e saen ao xardin ao parque ás ruasnon paran de camiñar con ese mar de soños . . . . . escoitei a 2uS dous hai unhas luasna antiga cociña do bar hipolitoe tardaron estes poucos versospara fernando abreu e pablo carreracon alguns titulos do seu disco que me acompañou noutras escritas e que escoitando onte sentin como charango e clarinetesaian do meu aparato pola xanela ao xardin a pesares da chuvia
e esta noite nunhas horas
pablo carrera compartirá
a humidade de blues clasico
en la pecera da nosa cidade
lariño
06-12-2012
cada casa deste rincón de teis orixinalmente tiña nas suas contras estas recoñecidas formas do corpoo conxunto de casasé chamado o barrio dos corazóns debuxos que tamen hai nalgun portalpero con moi mal sangue nalgunhas reformas das casaseliminaron estas delicadas visceras non poñendo nada no seu lugar neste rincón de teis
na imaxe duas pombas e outros dous corazonslariño
04-12-2012
o cativo ten moita curiosidadee quere saber que din as letrase ver que esconden os numerostamen é outro xogo para el e gostalle contar o que descobre dinme a nai e o pai que a sua teima dos ultimos diasé co mapa do tempo do periodicocon eses debuxos letras e numerose o cativo vainos contando aos maioresque vai chover en ourense e lugoe que ali teñen estes e outros grados esas cousas tamen importantes
do noso tempolariño para breixo e aldara
que xogaba a outras cousase para marta e fernando
con imaxe de hai uns dias
con menos frio
02-12-2012
atopei no parque á beira do mar os restos as probas dun pequeno ritual de materias e formas minerais vexetais atopei no parque a poucos metros do mar as probas da rapazadana noite a xogarlariño
01-12-2012
uns poucos libros de péoutros están sobre a mesaagardando que os poetasos collan e os vaian lerqueremos galego en marinno morrazo estas palabrase livres en toda a matriaseguimos a resistir
uns poucos libros na mesa
uns cadros polas paredes
e as voces da porta verde
con outras voces da terra
na noite logo a seguirnesa ofisina chamada laverintos da quintana de mogor e de allarizmanolo pipas
do recital de onte convidado por queremos galego marin e a porta verde e compartido cos poetas alfonso láuzara asun estévez daniel costas alba méndez e miguel alonso
01-12-2012
un dos paises mais observados do mundo é aceptado como membro observador da desorganizacion das nacions desunidas do noso tempoa maioría do seu pobosae das suas casas e refuxios a celebrar este feitoque tanto sangue costou mentres tanto o estado colonizador observa e actúa
e outra vez mata o cronista