Maio 2013

19-5-2013

os carunchos e o mar




polca do mar


Eu polo mar, ti tamén

os dous andamos perdidos,
temos a mirada triste
ollando tantos verquidos

O peirao non é peirao
dos mariñeiros do mar
se o seguimos estragando
adeus peixes pra pescar

Aí ven o aire do mare,
aí ven o aire mareiro
non é o aire de noutrora,
agora ten moi mal cheiro!

Indo polo mar abaixo
ouvin contar a serea
bota laios de tristura
di que xa non hai baleas!

O mar anda que desanda,
anda que desaparece
e as rías van morrendo
polos recheos que crecen

Teño lanchas teño remos
teño sardiñas no mar-e
teño a costa especulada
polos ricos a roubare!

tradicional/os carunchos

texto dunha cancion
do disco ti que
para presentar hoxe
na cultural de vincios

18-5-2013

da fala na quintana




a dezasete de maio

en compostela
na praza da quintana

na miña fala
non manda ninguén

cando alguén
ten que defenderse
con estas palabras
que virá despois !?

arrincar o vello trapo
da extremadereita da imaxe ?
e logo que podemos facer ?

o cronista

17-5-2013

do país da chuvia




na mañán do dezasete de maio
chove en compostela en toda a terra

porque somos do país da chuvia
a nosa lingua e as nosas letras
son moi húmidas

a chuvia é vida din os avós
pero cando chove e cando non
tamén hai outros que mexan por nós

en compostela cargamos as pilas
e pola tarde saiu o sol



16-5-2013

16 17 18 ... de maio




o ano dous mil nove en maio

o dezasete eu andaba por aragón
era domingo e na cidade de zaragoza
saían á rúa na defensa do aragonés
a sua lingua que tan poucos falantes ten
e do cataĺán que se fala nos concellos
que extreman co páis da sardana

aquel dezasete de maio galiza
manifestábase coma nos ultimos anos
na defensa da sua lingua e das suas letras

aquela mañán eu imaxinaba no mesmo dia
a galiza aragón catalunya o país valenciá
as illes balears euskadi nafarroa asturies …
manifestandose polas suas linguas propias
un dezasete un 16 un 18 un 19 ….
de maio ou de calquera mes

imaxinacion que non nos falte

manolo pipas




15-5-2013

homenaxeado chapeu e nariz




o home do chapeu negro

o home do nariz de paiaso
homenaxeado nestas letras
roberto vidal bolaño teatro

ese nariz bermello de paiaso
posto por primeira vez
na obra caprice de dieux
antollo de deuses 1985
unha escena negra cun home vestido
de negro cun punto bermello que destaca
é algo máis que un simbolo de liberdade
el púxoo contra o conselleiro de cultura
o mestre dos actuais dirixentes
o señor portomeñe que o represaliou
por falar de darlle autonomía
ao centro dramático galego

que obras está representando
ese dramático e cómico
e tráxico centro este ano ?
unhas de vidal bolaño claro
pero non caprice de dieux !
que siga o teatro !

o cronista



15-5-2013

fóra da casa a 15-m




din que as plataformas antidesahucios

con fillas do movimento do 15-m

hoxe a 15 de maio e dous anos despois
do principio daquelas movilizacions
fóra da casa por gosto ou obrigados
na rua ou na porta da casa
ou dos palacios dos de arriba
seguimos con certa enerxia
camiñando

o cronista


13-5-2013

vivos maios da tribo




maio primavera maio

a despedida do inverno
vai con música con versos
nesta praza ese teatro

maio ese fillo do entroido
entre marelos e verdes
as flores que todo enchen
van os nenos cos seus xogos

maio enchendo as nosas rúas
a festa do día enteiro
vamos dandonos relevos
uns co sol e outros coa lúa

maios con vidal bolaño
o compromiso da escena
dramáticas son as letras
nestas pedras máis teatro

maios bravos maios livres
a primavera reventa
coidemos á vella e nena
a terra e as tribos viven

manolo pipas

imaxe da representacion
dos maios de vigo onte á tarde
onde logo os carunchos
presentaron o seu quinto disco


12-5-2013

en carrizans unha vaca




unha vaca do país

por carrizańs ben preñada
retirouse do camiño
que chegaba a vosa casa

por carrizáns ben preñada
unha vaca do país
ollame moi sorprendida
pregunta que fago aquí


12-5-2013

nun lugar de carrizans




un lugar de carrizáns
protexido dun outeiro
máis abaixo o río verdugo
pasa sempre cantadeiro
ao final deste camiño
masaxista e panadeiro
agardan na sua casa
pra compartir o seu tempo

este patio que se enche
de corazons e apertas
a razón do noso encontro
non aclara esta parella
con comidas e bebidas
vanse compoñendo as mesas
ensaladas empanadas
postres e froitos da terra
uns que traen instrumentos
e ameazan cunha festa
toca french connection cuartet
cos seus queridos colegas

en coller o contrabaixo
o parrandeiro tardou
e a rapaza resistiuse
e onte á tarde non danzou
ai lauriña e juaniyo
amigos do corazón
que non pase moito tempo
pra outro encontro por favor

manolo pipas

11-5-2013

a palmeira e as illas




imaxe desta semana

a pequena illa comunica
cunha ponte co continente
e ao lonxe as outras illas

o tronco da palmeira
ignora tapa esconde
o noxento edificio
de vinte alturas

irreal imaxe
da illa de toralla

desde a esquina do bao

lariño

09-5-2013

a ria as terras o oceano




a ría auga entre terras


as catro da tarde cruzo a ría en barco
eles tardan un pouco en aparecer
primeiro a dreita vai unha bandada
viro a cabeza e a esquerda vexo
dentro da auga outra ave escura
e logo unha parella pasa voando
a rente da auga de dreita a esquerda
diante do colectivo barco
que cruza a ría

os meus amigos
eles apareceron
os corvos mariños





das terras entre o oceano

cara o solpor
voltei a cruzar esta ría
facelo na tarde foi pasar
do presente ao cercano pasado
e a ría tamén foi un oceano
que separa e une oaxaca de cangas

os saudos e fotos que trouxen da chiquita
da comunidade dos corvos de cacalotepec
á nosa tribo dos mariños corvos da ría

lariño


08-5-2013

a infusion e a lua




da horta
a infusion de erva

de melisa verde
ten outra esencia

horas de chuvia
na noite pecha
pasado e presente
os versos pesan

auga quente
e mel de altura
e outra infusion
de lua