Maio 2013

31-5-2013

lila de lilith




na cidade da estrela
a libraría lila de lilith
na rua atravesada

a muller primeira
a lilith que marchou
daquel falso edén

e da ría foise ao sarela
unha muller de lila e negro
construindo realidades
con afecto e reveldía

unha aperta patricia

pipas



31-5-2013

a nena sabela




entre poemas
á beira da cullarapa charca
coñecimos á nena sabela ...

a nena atopamola despois
nunha noveliña tamen ilustrada
nun espacio urbano e agresivo
e a nena non deixan ser feliz
ainda que esta desventura
tamén puido ser antes

da man do seu pai
a nena anda polos colexios
e onte á tarde se presentou
entre amigas na libraría lila

libro para cativas e adultos
espacio imaxinario e real
entre o gris o lila e o verde

manolo pipas

o libro a nena
á que non deixaban ser feliz
de miguel a alonso e luz beloso
presentouse en lila de lilith


29-5-2013

les chansons ai maio




vai un pouco de frio giuseppe

na primavera desta vella europa
ai o vello maio e agora raro maio

entro nun vello bar que che gostaría
e sonan as tuas chansons vello iosif
e sentome á beira do piano e escribo

ai youssef en maio o teu río sena
vai desembocar no mediterraneo
entre as praias de ceuta e alexandría

ai meu vello mestre joseph
e tiñas que marchar en maio
e non podia ser doutro xeito

escoito esta noite no bar hipólito
ai meu iosif youssef joseph giuseppe
extranxeiro cantor en tantas linguas

en maio vai un pouco de frío
georges moustaki est mort
les chansons máis vivas

manolo pipas


28-5-2013

imaxes que me acompañan




cada certo tempo cambio
a imaxe da pantalla da computadora
cando fago unha saida con cámara
e hai unha foto que me chama
que produce ou acompaña
ou quixera ter un poema

acostumo a poñer paisaxes
unha montaña algunha arbore
un patio unha praza un mural
unha cancela no monte
as compas jaraneras un rio
uns froitos unhas nubes

estes días cambiei o galiñeiro
por unha imaxe do mar de lira
que saiu hai uns dias cun poema
as rochas ou pedras e as ondas
danlle vida e movemento
a miña nova pantalla

lariño


27-5-2013

as nubes e a tribo




ceo nubes e montañas

co bosque sempre a coidar
das leiras xa sementadas

o ceo e o bosque coas leiras
tribo da luz e da sombra
sangue que non se revela

por sobradelo


26-5-2013

sombras de castiñeiros




estes dous vellos

castiñeiros de sobradelo

os castiñeiros e as suas sombras
as sombras sempre son novas
cada dia voltan esas formas
cambiantes sombras avanzando
no medio do campo sementado

logo de sacar a foto
e de escribir os versos
contanme que hai anos
cunha brutal poda
tentaron matar as arbores
as suas sombras e a sua memoria

as vellas arbores de sobradelo
e as suas sombras sempre novas


o cronista

26-5-2013

festa pirata no interior




maio polo dezasete

oliver que cumpriu anos
sobradelo hoxe ten festa
pirata pero sen barco
panos negros para todos
e patas de paus e garfos
un parche cada dous ollos
festa pirata no campo

piratas de sobradelo
con cocacola sen ron
busca o mapa do tesouro
baixo o queixo ou o xamón
lonxe o mar e non hai illas
busca a cova do tesouro
pode ser baixo un penedo
ou no mais profundo souto

desta gran festa pirata
vai ficar boa memoria
houbo varios paparachis
e o cronista coas coplas
organización graciñas
polo espacio e o traballo
hai que lindo o dezasete
vintecinco e todo maio

o cronista

a oliver rochi antía
e toda a tripulación


25-5-2013

mulleres antimilitaristas ll




hai anos eran os colectivos

de insubmision e as mulleres de negro
as que facían eventos neste dia
das mulleres antimilitaristas
e nos ultimos anos son as feministas
que onte leron pequenos textos sobre os malos
e os peores desde a perspectiva de xenero
e tamen recuperaron un poema daquel tempo
e daquelas voces da insubmision

a palabra na rua no lugar da memoria
que lembra a escultura da imaxe
no mesmo lugar onde con barrikadas
se quixo defender a palabra
en xullo do trinteseis


que tonteria este dia
comentalle un home a outro
horas despois ollando un dos paneis
que puxeron as compañeiras no paseo
eu discrepo e quero contarlle
pero xa me bota dalí
con mala educacion

mulleres antimilitaristas
no lugar da memoria



24-5-2013

andantes as tuas palabras




las palabras andantes


                  eduardo galeano


andantes son as palabras
palabras que camiñando
son como formas de barro
de lonxanas amasadas,
e buscan na tua ollada
feridas doutro combate
nas portas desta cidade
ai vintecatro de maio,
muller cargada de abrazos
de versos e soedade

pipas

nova version dun texto
do libro marzo abril
e outros naufraxios


23-5-2013

feminismo non violencia




na memoria de maria luisa
da marcha mundial das mulleres


triste é o cantar que cantamos

máis que facer se outro mellor non hai

                  rosalía de castro


o feminismo
não é o equivalente do machismo
porque em nome do feminismo
ainda não se matou ninguém
nunha charla escoitei a teresa moure
un feito que non me sorprende
informacion que non coñecia
pero que podía ter buscado

neste estado hoxe condenaron
a un pai e unha nai pola extirpacion
do clítoris ás suas fillas de 6 e 11 anos
e onte e hoxe a violencia machista
matou a outras tres mulleres
e mañán dia 24 de maio
é o dia da muller antimilitarista
e sairemos a rúa coa palabra

o cronista

en violeta cartaces musica poesia ...
mercado calvario as 18.30 mañan
marcha mundial das mulleres




22-5-2013

maio letras e palabras




letras sons palabras poema


zume zócalo círculo célula

xoguete xeo xanela xardin xantar
voz vida viaxe verso verde vaiven
uva utopia uso union ulir umbral
tribo tonada todo timon tempo terra
solpor soño silencio sol semblanza sal

ruido roda ronsel rocha rima rio raiz
praia porta poema pintura palabra pai
ondas ollo oda oceano obra oasis
nube noite niño neve nada nacer nai
musica morte mito mencer memoria medo
luz lume lua lingua libro letra latexo labrar

historia ira irmán imaxe illa idea
guitarra guerra galego gaiola guiar
furna folla flor filla firmamento festa fala
estrela espiral encontro elexia eixo escoitar
dragon dor disfraz diagonal dia danza
chuvia chocar chio cheminea chave chan

cume cor conto colectivo casa cantiga
bruxula bosque bico berce balada berrar
alalá asamblea ara arbore
antigo abrir aperta auga ar

lariño
20-5-2013

vós e nós que carunchos ?




os maios na praza teatro e musica

o pasado domingo os carunchos

e onte foi no monte no auditorio
da cultural de vincios en familia
a presentacion do mesmo disco
nunha nova e diferente entrega
gostei moito das duas e complementarias
pero prefiro unha imaxe na aberta praza

estivo ben o xantar e as conversas
a tocada e o peleón likor café
e quen diría que logo iades presentar
o ti que o voso ultimo fillo
que xa camiña ben orgulloso

as duas entregas fixeronnos viaxar
emocionaron probocaron agarrados e rodas
e emocionaron aínda máis acordandovos
das amigas e do mestre que se foi

quedades cos carunchos entre flores
na imaxe so quixo sair unha nena

manolo pipas