Outubro 2013

16-10-2013

do millo e da vida II




redondeada a mazorca
redondeado o gran de millo
redonda a moa do muiño
e colle forma redonda
a masa deste cereal
entre as mans do panadeiro
redonda esa bola de pan

e a caixa destes dias
ten catro lados catro
como un cuarteto de jazz

a juan que estivo no país
das nubes e do millo

manolo pipas


15-10-2013

do millo e da vida I




redondeada a mazorca
o gran de millo redondo
redonda a ola onde se ferve
e o nixtamal que moe é redondo

redonda a pedra que o amasa
ben redonda a tortilla
e redondo o comal de barro
que co lume lle da redonda vida

a mazorca e a vida
os circulos da milpa

oaxaca 07
publicado no libro
a milpa e o paliacate



14-10-2013

nubes e illas




onte á tarde
as nubes cobrían
os cumios das cíes

outro ano sen ir a elas
e xa tardo un pouco
demasiado

lariño


12-10-2013

cancion para mi america


Dale tu mano al indio
Dale que te hará bien
Y encontrarás el camino
Como ayer yo lo encontré

Dale tu mano al indio
Dale que te hará bien
Te mojara el sudor santo
De la lucha y el deber

La piel del indio te enseñará
Toda las sendas que habrás de andar
Manos de cobre te mostrarán
Toda la sangre que has de dejar

Es el tiempo del cobre
Mestizo, grito y fusil
Si no se abren las puertas
El pueblo las ha de abrir

América esta esperando
Y el siglo se vuelve azul
Pampas, ríos y montañas
Liberan su propia luz

La copla no tiene dueño
Patrones no más mandar
La guitarra americana
Peleando aprendió a cantar

Peleando aprendió a cantar

daniel viglietti

letra do cantor uruguayo



10-10-2013

froitos do outono




vai menos tempo de luz

baixan as temperaturas
chuvia e vento volta o sol
estes frotos que maduran

vai avanzando o outono
coas últimas colleitas
formas tamaños sabores
destes froitos da nai terra

lariño


09-10-2013

mans manchadas




escribo nun caderno
apoiando a man no papel
saen palabras e versos

a miña man está manchada
consideroa algo complice
de tantas miserias humanas

desde a xanela ollo o mundo
desde a perdida europa
escribo malencarado


son fillo da chamada cultura
greco latina xudeo cristiana
son fillo do capitalismo
son un pinche consumidor
producto dunha sociedade
machista e racista
e eu sigo tentando
liberarme de todo isto

lariño


08-10-2013

do paseo e dos paseados




pasear

camiñar de vagar
por un espacio agradable
e as veces sen marcar
o tempo e o destino
deixarse levar


paseados
cruel e noxento eufemismo
para chamar as persoas
que na guerra foron levadas
fronte a un muro ou ao monte
ou á beira dunha estrada
para ser asasinadas polos fascistas
e enterradas ali mesmo
ou nunha anonima fosa comun

imaxe da homenaxe
na volta dos nove en baiona
polos nove mariñeiros asasinados
o 15 de outubro do 1936

o cronista


06-10-2013

bagunda e pikotazo




o pikotazo presenta

republicana a bagunda
de bouzas a lavadores
esta música profunda

cordas vento percusión
o trio republicano
estes “zánganos” amigos
xa nos dan uns pikotazos


a bagunda pediume onte
uns versos no seu concerto
e o logotipo do bar o pikotazo
é un debuxo dunha abella....

lariño

05-10-2013

o sorriso e o absurdo




onte foi o dia mundial do sorriso

lin na contraportada dun periodico
pero na portada non había sorrisos

que mundo que sociedade absurda
que ten un día para case todo
haberá tamén un dia da traxedia?
da mentida da hipocresía da ética?
da guerra da miseria da sen-razón?
un día do trafico de persoas?

onte foi o dia mundial do sorriso
pero nas augas e na illa de lampedusa
non había un so sorriso
a illa de lampedusa non está no mundo

o cronista

04-10-2013

por un rural con futuro




cando monte pindo parque natural

unha asociacion na defensa deste espacio
é ignorada polos noxentos gobernantes
e a estes non lles importa que queimen o monte
e esta pequena asociacion ten que combocar
unha manifestacion nacional na defensa do rural
é que este país está á deriva

por unha galiza sen lumes
por un rural con futuro
na defensa da terra da auga do aire
e das especias autoctonas
por un espazos naturais protexidos

domingo seis de outubro en compostela
contra os lumes por un rural con futuro
as doce da mañan na alameda

03-10-2013

antes e despois




á beira do mar

a montaña sagrada
antes e despois

os bulbos do lirio do monte
quen sabe se sobrevivirán
debaixo das cinzas!

alguns carballos enanos
quen sabe se gomarán!

que as descendentes
da aguia real xoana
volten á sua casa cova!

que as sete pitas do pindo
volten ao noso monte!


02-10-2013

memoria dunha ponte




esta vella ponte de pedra
esta ponte chamada romana

é unha ponte medieval romanica
o rio lagares hai anos pasaba baixo ela
agora o rio rosma a uns vinte metros
e a ponte era bastante mais longa
pero o edificio da esquerda non a respetou
e rouboulle uns bos metros

esta ponte que durante centos de anos
foi moi importante para esta poboacion
acá segue rodeada de edifios esta ponte

descoñecida de moitos na cidade de vigo
e que a poucas persoas lle importa
esta ponte presa separada dos xogos dos cativos
este lugar de paso por onde xa non pasa ninguen

contaronme que durante o golpe do 36
debaixo da ponte e protexidos polo matorral
esconderonse algunhas persoas

o cronista