Outubro 2013

31-10-2013

do equinoccio ao solsticio




do equinoccio ao solsticio
camiña este outono amigo
vai cambiando a cor das follas
e cairán co seu ritmo

vai avanzando o outono
coas últimas colleitas
formas tamaños sabores
son os froitos da nai terra

cantos son os tonos
que ten este outono

do equinocio ao solsticio
o samaín e os magostos
lume da festa dos vivos
as brasas honran aos mortos

e chegando xa o inverno
moitas árbores espidas
outras seguen coa coberta
varios os ritmos da vida

cantos son os tonos
que ten este outono

lariño

30-10-2013

nacidos para currar




nacido para currar
no casco levas escrito
e ti compartes con todos
a tua bota de viño

nacido para currar
e reclamar os dereitos
cando tocou facer folga
tampouco tiveche medo

nacido para currar
en profundas galerías
vas a setecentos metros
baixo terra polas fillas

nacidos para currar
mineiros de profesión
picadores transportistas
sofridores do carbón

jose luis é o do casco
berto o da bota de viño
e seis foron os mineiros
e cruel o seu destino

nacidos para currar
mineiros de pais mineiros
seguirán baixando ao pozo
entre o respeto e o medo

o cronista



29-10-2013

tres mazarocas




ao sol da mañán
tres mazarocas tres sombras
e máis de trescentos grans
para as galiñas dalgún curral
ou para un futuro pan

lariño



28-10-2013

noces e castañas




algo despois das noces

chegaron as castañas
estas que che son lisas
as outras arrugadas

sabrosos froitos secos
que a terra nos regala
das arbores do outono
en grupo ou solitarias

as noces casca dura
castañas de pel branda
eu vou poñer as noces
e ti pos as castañas

versos 11-2012
imaxe 10-2013

27-10-2013

o poeta e as luas




os textos do solitario poeta
son mensaxes breves e moi densas


van dous poemas recitados
a cativa luna fai ruidos coas canicas
e o seu pai di que a desconcentra
a pequerrecha vai coa nai e segue o poeta
debullando destilando as suas mensaxes
entre os xoguetes de luna

a compañeira do autor
cun ritmo ben distinto
tamén le uns poemas

a lua é a mellor compañeira dos poetas

e logo seguimos coa palabra
conversamos todos dela e dos vellos
e dos seus novos soportes
palabreamos deste tempo tan veloz
e da dificil comunicación

luna escondeuse detrás dunha nube

recitar
é todo un arte
de parte a parte

a lúa é a mellor compañeira dos poetas


secuencias da presentación
de billetes transportan mensajes
a julio zaida e luna


lariño

26-10-2013

billetes transportan mensajes




los poemas marioneta gritan y se atizan

en la cabeza con gran esperpento
antes de ser publicados

    -    -    -    -

mi vecino arrancó ayer un roble centenario
para plantar un rosal
desraizó siglos de historia
(pero en primavera tendrá flores)

    -    -    -    -

solidaridad es una palabra demasiado larga
las palabras largas
no caben
por el estrecho de la mente

las masacres actuales son automáticas
los pobres matan a los más pobres
por miedo a que estos últimos les roben
su preciada pobreza

   -    -    -    -  

aumenta la tensión en la batalla
los generales han pasado a primera fila
los presidentes de gobierno luchan cuerpo a cuerpo
los soldados enemigos escriben cartas de amor
a sus enemigos


julio fernández peláez


25-10-2013

do novo andel




compañeiros xaime e concha andel

non lle gostou nada a urbano lugrís
que vos marcharades coa librería
para a avenida das camelias de beatriz
pero nós si gostamos do novo espacio
e da literaria rúa que dixo o ferrín

o novo andel vaise compoñendo pois
castelao nun lado e rosalía noutra beira
o cabaliño de buxo agarda un cativo
e cada libro novo debe ser unha festa

como nos amosa ben esta imaxe
a vosa rua atrasada coas obras
en obras esta cidade e o país
e seguen mandando os que sobran
...

e hoxe en andel a presentacion do libro
roberto vidal bolaño e o xogo do teatro
con afonso becerra e pepe carreiro
e haberá xogos no noso espacio

www.andelvirtual.com

o cronista

23-10-2013

amigos pedros




    na memoria do apa

    ao pedro fillo

entre o cero e o seis
sete numeros camiñan
de chiapas ao courel

o xogo meu amigo
man a man na tarde
tardiña de domingo

ave ave de paso
cántanos a chavela
monterrey o df os altos

os numeros as palabras
os xogos e a memoria
ave de paso canta

manolo pipas

21-10-2013

que facemos coas fronteiras




os deberes e os dereitos

que facemos coas fronteiras
poñernos de fronte a elas
elevarnos sobre o medo

fronteiras de continentes
de estados e de nacións
a mentira a represión
o capital contra á xente

todos somos extranxeiros
moitas sodes emigrantes
estes tempos son sangrantes
que será dos nosos nenos !?

seguen saqueando a terra
coas enerxias ás voltas
e a enerxía das persoas
entre as mans non se nos perda

manolo pipas

20-10-2013

acontecemento de mesa e mundo




ai compas a nosa mesa

o espacio do noso xantar
da parella do grupo familiar
e da aberta asamblea
agora é a base a maqueta
onde estivestes a compoñer
cada persoa coa sua teima
con pezas de monopoly e de xadrez
carros mapa zapato refráns noticias...
as nosas relacións de poder
o noso mundo-conflicto-mundo

ese xogo de marionetas
pasado presente e ai o futuro
e as nosas plurais resistencias

para a obra el acontecimiento
espacios de resistencia do teatro
do inestable que hoxe repete

o cronista


19-10-2013

espacios de resistencia




imagina un espacio vacío

imagina un espacio vacío
que se va llenando poco a poco
se llena de personas. una a una
personas anónimas personas resistentes
imagina que ese goteo no cesa
imagina cuanto pesan esas personas
todas juntas, resistiendo.
imagina esa imagen.
imagina la esperanza

“para resistir no es suficiente decir no.
es necesario desearlo” augusto boal, 2006


a compañía teatro de lo inestable
na sua obra el acontecimiento
espacios de resistencia convidou
a algunhas persoas a subir ao escenario
coa sua resistencia o seu colectivo
a sua utopía escritadebuxada na sua camisola
e sen parar convidou ao respo do publico

teatro ensalle rua chile vigo tamén hoxe
as dez e mañan as nove da noite



17-10-2013

da danza e da vida




lembro aquel solitario

compa na danza do venado
brincando e brincando
e parándose no chan
no medio de todos nós
en posicion fetal

foi na otra campaña oaxaca 2-06

anos despois noutro evento
aquela solitaria compa cunha danza
que vou imaxinar que era dun ave
brincaba e brincaba
e so lle faltou voar

foi na digna rabia chiapas 1-09

a laura que estivo no país
das nubes e da danza

manolo pipas