Xullo 2014

30-7-2014

dos parias das américas

 


a palabra e a canción

el rugir de la guitarra

la utopía en las miradas

o latir do corazón

 

a memoria das barriadas

e desas villas miseria 

cantos parias con conciencia

van as mans ben apretadas

 

camiños identidades

sin rumbo pero con rumba

os soños como retumban

raices e dignidade


chacareras e bagualas

los colores de los pueblos

tangos cuecas e boleros

porque todos somos parias


 

dos parias cantaron na cova

e repeten estes dias nos cafés

de catro a catro e uff e ….

dosparias.blogspot.com

 

 

 

 

 

28-7-2014

da gran guerra

 


hai cen anos hoxe

comezou a gran guerra

anos despois chamada

primeira guerra mundial

 

pero rematou no 1918?

foron pechadas as súas feridas?

e que foi da segunda guerra mundial

e da chamada guerra fría

na que non sei se ainda estamos?

 

e cantos conflictos armados

hai hoxe no planeta terra?

as continuas pequenas guerras

a outra continua gran guerra!

 

o cronista



 

26-7-2014

sobre a praza

 


a casa vella

a xanela aberta

xeranio e gata

sobre a praza

 

ribadavia 



25-7-2014

matria bo sol boa lúa

 


a alborada de rosalía de castro

tocada polos irmáns portela

para empezar o día da matria

boa mañán medio-día tarde noite

e sobre todo boa comunal lúa


imaxe trasmañó




23-7-2014

crime contra a humanidade ll



por vivir nun lugar

manchado de sangue

desde hai máis

de dous mil anos

atopastes a morte

sabendo a sen-razón

dos crimes

 

entre erez e rafath

máis bagoas e impotencia

e os criminaissionistas

seguen a falar da paz

 

imaxe da protesta

do luns 21 en vigo

 

 

23-7-2014

crime contra a humanidade l



por atravesar un espacio

a unha hora proibida

vos atopastes a morte

sen saber porqué

 

entre donestk e grabovo o crime

entre amsterdam e kuala lumpur

as bágoas a impotencia...

 

e desviar os avións

e sobrevoar outros paises

hoxe tampouco é seguro

 

hai uns culpables

e moitos cómplices

e ten pasado outras veces

e ninguén ten pagado

polos seus crimes

 

20 de xullo

 

 

 

23-7-2014

ribeiro poético

 


boa noite as terras do avia

e as lúas do ribeiro

encantados de compartir espacio

con pardedous + un lois pereiro

e saray pavón neste ribeiro poético

 

hai un rato tomei esta foto

na noite a porta da igrexa aberta

o espacio mudou moito

o altar abandonado polos donos

e os muros foron socializados

e agora son un templo da cultura

da outra palabra

da outra música

das outras imaxes

 

a porta da casona está aberta

graciñas por entrar nela

 

na actuación con servando

praza da madalena

ribadavia 13 de xullo

 

 

22-7-2014

xuntanza dóce e salgada

 


trasmañó xunto a cedeira

parque poza da lagoa

debaixo desta floresta

a mesa case redonda

 

un xantar ben especial

cantos petiscos probamos

afinan paella e postres

tamén zurracapotamos

 

algún que lle dixo a algunha

hai tempo que non nos vemos

gracias eva por xuntarnos

con salgados instrumentos

 

os da tribo agradecidos

os grandes e as pequenas

que non tardemos en vernos

repetimos cando queiras

 

serxio breo e marce

e eva na sombra

trasmañó 12 de xullo



22-7-2014

meniña

 


o soño da meniña

baixo a floresta no medio

e medio da tarde

 

antía en trasmañó

marce e lucía na sombra

a 12 de xullo



20-7-2014

do blogue bloqueado

compa lectora ou lector / algo fallou nestas cacharradas / bloqueado o blogue o programa / o servidor as ondas a corrente / o enchufe ou quen sabe que / e non puiden publicar estes días / e agora vai o texto con deficiencias / pero non entra a imaxe / nunca estivera tanto tempo sen publicar / e non me preocupei moito porque pasaba / nen vos preguntastes por este silencio / que se cadra era necesario / que siga a poesía / envolventes
11-7-2014

río e vinho




ribeiras do douro

a terra e as vides
o vinho de porto

na túa saúde
xa tomo este copo

pipas

09-7-2014

letras e memoria filgueira




ai as letras co seu ritmo 
sempre honrando un galeguista

desta volta que pasou
nomearon un franquista?

vai o erudito filgueira
que tola academia a nosa
polos libros el que fixo
darlle paso a celulosa

o museo de pontevedra
din que é un dos seus legados
canta miseria el gardaba
nun dos cuartos ben pechado

galicia bilingüe ri
co seu santón do fraguismo
no te quedan conselleros
con su doble patriotismo


a figueira valverde

adicanlle o vindeiro dia das letras

na imaxe un muro dun templo

pontevedrés con outras letras

manolo pipas