Outubro 2014

30-10-2014

a ría o faro as pláticas

 


camiño de moaña

subo ao barco de pasaxe

e un cartaz da nosa plática

foi pegado dentro á beira

dunha imaxe do faro das illas

 

na parte de arriba cruzo

este pequeno brazo de auga salgada

a nosa esquerda un pouco máispalá

está ese país que chaman méxico

 

baixo e camiño á beira do mar

e por meira atopo máis cartaces

na parada do autobús nas farolas...

eses espacios nosos...

 

a farola ilumima e o faro guía

e as indíxenas xs estudantes

os mestres e todxs xs de abaixo

a comunalidade pois

deben iluminar e guiar ese roto

país que aínda chaman méxico

 

a plática estivo ben no bar tolo

boa asistencia e participación

pero mellor que conten eles e elas



e esta noite será outra a charla

coa carlota na librería andel


foi unha complementaria visión

e outros falamos desde o público

que está ben cambiar os papeis

coma nunha comunitaria asamblea

o lugar natural de todxs nós



 

 

28-10-2014

lila begoña caamaño

 

 

e danzando

abrazaron as árbores

acariciaron as pedras,

aloumiñaron a herba..."

 

 

entereime pola prensa

lendo no vello papel

podendo tocar e oler

a triste palabra escrita

 

o xornal estaba aberto

o calvario compostela esmelle...

e estas palabras que nos doen

imaxineinas na túa cor lila

 

as árbores perdendo as follas

que entran na terra ou voan

boisaca tan lonxe e tan perto

unha aperta desde a ría

 

pipas

 

 

 

28-10-2014

ayotzinapa e a tartaruga

 


ayotzinapa

palabra nahuatl

lugar da tartaruga

preñada catro veces

 

a tartaruga que é

unhas das trece lúas

do ciclo mesoamericano

sabiduría e lonxevidade

 

ayotzinapa iguala

guerrero e méxico

seguirán parindo fillos

e fillas con conciencia

 

 

 

 

26-10-2014

fáltannos moitos compas

 


a represión en guerrero

as mortes e as desaparicións

removéronme os casos doutros compas

 

 

fáltanos el tío

 

un tempo sen saber de ti

pensamos que marcharas

e que logo voltarías

 

la otra atenco el plantón

a horta colectiva en xochimilco

grandes e pequenas loitas

e dubidábamos da túa ausencia

naquel abril do ano pasado

 

o brutal golpe ao kuy

nunha pacífica protesta

na investidura de peña nieto

e ti foche testemuña

e ti un compañeiro tan calado

agora tiñas a palabra

pero por iso te desapareceron

semanas despois denunciaron

os teus compañeiros da sexta

 

o mal goberno outra vez

golpea a quen coa palabra se revela

e golpea a quen defende ao golpeado

 

as vosas palabras

kuy kendall e teodulfo el tío

vivas nas voces dos vosos compas

 

 

ao kuy vino en varios eventos

e ao tio coñecino pero trateino pouco

naquel último plantón campamento

polos pres@s de atenco e da sexta

no penal de el molino de las flores

nas aforas da cidade de méxico

e peña nieto o presidente deste país

é o responsable da morte do kuy

e da desaparición de el tío


manolo pipas

 

 

25-10-2014

solidariedade co outro méxico

 


Solidariedade co outro México

charla coloquio

contra o terrorismo de estado

 

mércores 29 de outubro ás 20 hs

no Bar Tolo (APL 1/92)

illa de san Bartolomeu Moaña

con Manolo Pipas escritor

e activista no sul de méxico

e Gabriela Gutierrez Espinosa

mexicana antropóloga social


e o xoves 30 ás 20 hs na libraría

andel de vigo camelias 102

con Carlota Garrido Fortes

militante solidariedade con méxico

 

Sos Ayotzinapa!

 

organizan as pláticas

Avante Morrazo! e Mar de Lumes

 

 

puxeron o meu nome

no cartaz desta plática para falar

do terror e das mentiras dos de arriba

dos seus golpes e dos que desapareceron

e das nosas resistencias

 

o nome prefería non poñelo

como fixemos noutras veces

en eventos colectivos pola causa

pero non podía decir que non

e está ben visualizar dúas voces

que se queren complementar

 

desaparecid@s elas e eles son miles

miles as súas caras os seus nomes

e son varios centos de descoñecidos

os nomes das persoas desaparecidas

que por medo non foron denunciados

 

por todas e todos eles

vai a nosa palabra

 

 

 

23-10-2014

fronteirizo césar isella

 


un amigo unha flor unha estrela

palabra norteña e fronteiriza

grande cantor o césar isella

 

entre salta a buenos aires

cantos os saltos e os ventos

os andares e os encontros

letras músicas concertos

 

este salteño cantóu

con todas as súas sombras

aos mestres e aos amigos

e tamén ás simples cousas

 

á piba isabel

que non puido vir ao concerto

en vigo o pasado mestizo día once

un amigo una flor una estrella

é unha canción do trovador argentino

e de isella pronúnciase so un ele

coñecer ao césar ao vivo fíxome

reescoitar vinilos de mercedes sosa

con cancións deste salteño

con letras de armando tejada gómez

mamancy canción con todos

hombre en el tiempo...

 

pipas

 

 

21-10-2014

insubmisa e furtiva ría

 


a ría as sete e media

da tarde do pasado sábado

desde o barco de cangas

 

a imaxe podería ilustrar

un texto de saudade insubmisa

logo da antimilitarista noite

 

cara as cíes tamén ían

o domingo tanto nos ten

na súa furtiva traíña

 

a imaxe da ría

insubmisa e furtiva

 

pipas



 

20-10-2014

furtivos tanto nos ten

 

 

entre néboas presentado no auditorio da xunqueira

pola esquerda ben vos guía o faro de redondela

as cantigas saen da rede

ai que vida trapalleira

os invitados ao palco

coa forza das mareas

 

tanto nos ten esconderon ferramentas nas butacas

se ti atopas unha amiga un disco que che regalan

foron catro afortunados

e no escenario xa danzan

para agrandar o turreiro

fáltanos pata de cabra

 

presentou tanto nos ten entre néboas o seu disco

festa galega de seu cos seus cantares mariños

entre néboas compañeiros

navegando con sentido

defendendo terra e lingua

parecedes uns furtivos

 

manolo pipas

 

 

19-10-2014

insubmisos barcos e piratas

 


camiño do solpor

crucei a ría no barco de pasaxe

a unha xornada antimilitarista en cangas

por eses vintecinco anos da insubmisión

aqueles noventa de radios piratas e livres

e presos de conciencia por pensar distinto

 

o barco de pasaxe

é unha necesidade da ría

e este inmenso cruceiro

que doutro xeito nos ven invadir

que molesta a vista que apesta

é algo innecesario e insultante

 

estes outros educados piratas

 

                   o cronista

 

 

 

18-10-2014

nós e o mar de irlanda

 

 

o terrícola non sabe

que as augas do mar de irlanda

pola costa e o mar de fóra

teñen nomes con gheada

paralelo arriba abaixo

temporais e orballadas

 

o tranvía os caños bousas

deixa o porto deixa as rías

e pasando das sisargas

a camocha e as ghaliñas

se non falta o pementón

vai mellor a travesía

 

amiga de porto en porto

pola nosa irmán fisterra

dese atlántico do norte

nos peiraos e nas tabernas

vas escoitar o seseo

e se cadra muiñeiras

 

mar de irlanda dános contos

da ribeira e do gran sol

desde coia a terranova

un mariñeiro pintor

no outro lado do espello

que non pare a salasón

 

primeira aproximación a contos

do mar de irlanda de xurxo souto

presentado cos cadros de pepe ksal

o neno da curva de san gregorio

onte no cambio de luz na libraría

cartabón a uns quince minutos

andando da maltratada ría

 

manolo pipas

 

 

17-10-2014

chopiño das catro ghallas

 

 

Chopiño das catro ghallas

para nós toda unha xoia

que fermoso estás en coia

por favor non te nos vaias

Vives camiño das praias

testemuña da memoria

cada día unha historia

nesta cidade atrevida

Que non coida nada a vida

ti resiste con euforia

 

luis o caruncho

 

 

 

 

 

16-10-2014

tenochtitlan ayotzinapa

 

 

La utopía y la historia tomarán el zócalo

la brigada propone leer en libertad

en la feria internacional del libro

de ciudad de méxico tenochtitlan

valle del anahuac mesoamérica

programa anterior a iguala-ayotzinapa

y los narcos y el malgobierno

siguen proponiendo todo lo contrario

 

El zócalo está tomado estos días

por nuestros libros y sus presentaciones

tertulias comics mesas redondas poesía

conferencias videos teatro canciones ...

y también se llenó de manifestantes

que exiguen otras presentaciones

 

La presentación con vida

de todos los desaparecidos

 

El güero