Novembro 2014

30-11-2014

homenaxe a silvio

 


puxemos o documental de ojalá

coa vida e a obra de silvio rodríguez

e a xira co seu grupo polos barrios

e recitamos as letras das súas cancións

acompañados por unha guitarra

que interpretaba os seus temas

que non coincidían cos poemas

 

e o micro aberto e outra guitarra

unha e dúas e tres voces

e sete pasaron polo escenario

e algúns máis abaixo cos coros

ojalá  el escaramujo  unicornio

flores nocturnas  la gora de rocío...

e antes e no medio do evento

naceron novas rimas

que foron na cova recitadas


 

cuba esa terra do silvio

do bravo mar dos caribes

ela extrema con angola

con vietnam e máis con chile

 

a casa a árbore o río

emilia amante e musa

violeta e vallejo mestres

trova nova baixo a lúa

 

polos barrios esa xira

cantar nas prazas nos palcos

e na rúa rente ao chan

que é o verdadeiro canto

 

 

na imaxe os impulsores do evento

xaime rivas marga e xoel

 

manolo pipas

 

 

 

29-11-2014

silvio en concerto

 


neste frío outono lembro

os concertos do silvio rodríguez

dous deles no cálido verán

entre árbores no parque de castrelos

un con afrocuba e outro con aute

 

o concerto no pabillón das travesas

o da praza da ferrería de pontevedra

e no inmenso zócalo de cidade de méxico

concertos entre o 1989 e o 2008

todos foron uns concertos moi especiais

e do de compostela hai crónika

 

 

concerto urxente

 

xoves sete en compostela

un concerto moi urxente

revolucionarias trovas

dese gran lagarto verde

 

nunha carpa moi pequena

estivemos apretados

non tiveron moita vista

co arrastre dos cubanos

 

moitos corpos sen entrada

protestaban con razón

e pediu abrir as portas

este extraño trovador

 

fran delgado o guarachero

e o guajiro lazarillo

conpletaron esta festa

con máis trovas do turquino

 

e cantóu a carpa toda

os temas máis elexidos

ojalá que unicornio

poida regresar a silvio

 

10-93

 

publicado no libro marzo

abril e outros naufraxios

 

 

29-11-2014

0 de coia contando

 


mestres nós preparábamos

o evento pola memoria de coia

como un paradoxo hai dous días

voltaron as máquinas outra vez

e arrasaron a vida da rotonda

sen consultar aos veciños

 

seica para poñer un barco

doado pola familia alfageme

coa idea de que fose visitado

e que o concello de vigo

deixou pudrir por dentro

 

e nós onte conversamos

desde o vello turreiro de coia

até os nosos escuros días

seguiremos contando

 

 

 

 

27-11-2014

polo cumpleanos de silvio

 


Toma fecha, toma hora, toma sitio, toma sí.
Toma ubicación para encontrarme aquí.

 

Toma ojos, toma manos, toma cuerdas, toma voz.
Toma excusa para convertirme en dios.

 

Toma el mínimo alimento
que te ofrece una canción,
aunque sólo sea un momento
de emoción.

 

Toma lo que va naciendo
cuando canto, cuando doy.
Toma y ve como trasciendo
lo que soy.

 

Toma mundo, toma sueño, toma viento, toma mar.
Toma lo que no se deja gobernar.

 

Toma beso, toma abrigo, toma amor, toma amistad
y convierte en opresión la libertad.

 

Toma el mínimo alimento...

 

Toma lo que va naciendo...

 

 

silvio rodríguez

 

 

68 outonos de Don Silvio!

Celebramos o aniversario do poetacantor

cubano o sabado 29 na cova dos ratos

as 21:00 horas cun documental biográfico

lectura de letras das súas cancións

e escenario aberto para cantar ler contar …

letra do disco segunda cita

 

 

 

 

 

26-11-2014

vello carballo de coia

 


este carballo é o máis vello 

do camiño da carballa

e asustado el medróu

cos cambios desta barriada

 

entre fragoso e florida

camiño antigo de casas

sofren e rinse dos pisos

o carballo e a carballa

 

faltanlle a esta vella árbore

vacalouras e foliadas

pero segue regalando

cada ano miles de landras

 

entre fragoso e florida

ai as flores ai as fragas

na vella coia resiste

o carballo e a carballa

 

manolo pipas

 

 

25-11-2014

coia do rural aos grandes bloques

 


Faladoiro :

Coia, relalo dun desmantelamento

da parroquia rural ao polígono

venres 28 as 19:00 na asociación

veciñal O Torreiro de Coia

 

Séculos de existencia dun modo de vida

rural quedaron de súpeto truncados

por decisións políticas tomadas a moitos

quilómetros de Coia: a construción

dun polígono de vivendas no marco

das políticas de desenvolvemento

do tardo-franquismo...

 

Unha ollada de persoas que habitaban

Coia antes da construccion do polígono

coa vontade de achegar as vivencias

dunhas xentes que viviu como o espazo

mudaba rapidamente das casas e leiras

ao grandes grandes bloques

 

 

24-11-2014

tatuados na vosa pel

 


unha águia unha gata

un moucho un escorpión...

animais diurnos

e nocturnos tatuados

nos corpos de catro mulleres

 

catro animais

tatuados nos vosos corpos

que vos fan compaña

e que tamén vos defenden

 

lariño



23-11-2014

indiferenza e implicación

 


ollar para outro lado

tapar os ouvidos

marcharse do lugar...

 

a indiferenza deses momentos

que poderás esquecer

ou que te vai acompañar

e remover a conciencia


manter rexa a ollada

os ouvidos o corpo...

implicarse actuar ...

 

envolventes

 

 

 

21-11-2014

o ducado e a xustiza

 


aínda hoxe en flandes

se lle di aos pequenos

portádevos ben que chamo

ao duque de alba

 

aquel colonizador castelán

do século dezaseis é lembrado

como un gran sanguinario

e cada posesión do actual ducado

castelos fortalezas palacios latifundios …

no estado español e na galiza

están máis ou menos manchada de sangue


morreu a sua descendente

pois que enterren a duquesa

a morte é o único democrático

pero non fai xustiza

 

o cronista

 

 

20-11-2014

o muro e outros muros

 

 

hai vintecinco anos

que caiu ou tiraron

o muro de berlín!

e iso é certo!?

ou levarono para gaza

melilla e tijuana!?

e wall street?

acaso non é a rúa do muro?

daquel muro que construiron

uns dos colonizadores

para que non pasasen outros

new york ese invisible muro

do kapital da kapital do imperio!?

 

o cronista

 

 

18-11-2014

o chopo de balaídos

 


outro chopo ben grandote

tamén quere o seu cantare

e pediume estas semanas

á beiriña do lagares

 

este irmán dos outros chopos

da florida e castelao

por balaídos respira

se queredes atopalo

 

a catro metros do chopo

unha ponte cruza o río

por ela pasamos nós

pola auga os parruliños

 

follas murchas caen ao río

que marchan para samil

os parrulos remontando

por castrelos van seguir

 

pipas

 

 

17-11-2014

discusión na rúa

 


mediodía do venres

nunha rúa de coia

un mozo e dúas rapazas

duns dezaseis anos discuten

e el case pega a unha delas

e non o fixo por ser increpado

pola veciñanza que pasaba

 

elas marchan por un lado

e el por outro ollándoas

elas falan e separanse

e el vai a buscar a unha

camiñan e seguen a discutir

ela lánzalle un bolígrafo

cruzan a rúa e métense

nun portal dun edificio

ela e el

el e ela

 

imaxe da rapazada

dun instituto de coia