Febreiro 2015

27-2-2015

alfageme e pirata

 

 

ai rotondiano pirata

eu comparto o teu rosmar

o alfageme hai ke abordar

para quitarllo a esas ratas,

ollalo aí case nos mata

pero ti non desesperes

coas tripas e os saberes

mellor levalo con calma,

que este barquiño ten alma!

nós faremos os deberes??


o alfageme hai que abordar

pola memoria do mar

 

o cronistadecoia

 

 

26-2-2015

opinions do barco na rotonda

 

 

o surrealista barco na rotonda

produce opinións variadas

que escoitamos darredor dela

 

queda mui alto o barco

había que enterralo un pouco

dixo unha veciña

 

non pensei que fora tan grande

escoitamos varias veces

 

ocupa todo i no se ve nada

ni pabajo ni parriba

 

ves das travesas e ves de samil

e mirar o barco mete medo

dixo un home do berbés


se ti non es de vigo

e vas por castelao e ves o barco

pensas que xa está aí o mar

 

este barco aquí parece un muro

dixeron varios veciños de coia

 

hoxe formigonaron darredor

e o vello do paraugas da imaxe

ao que lle puxo cara rara o policía

que non é da empresa civis global

nen un político nen un manifestante

dixome logo que entrou na rotonda

porque lle dixeron que o barco tiña rodas


o cronistadecoia

 

 

 

26-2-2015

do pesimo estado da nacion

 


debate do pésimo estado da nación

no teatro-circo cómico-tráxico

do parlamento do postfranquismo

 

unha pequena minoría dos deputados

interveñen na defensa dos de abaixo

e máis do noventecinco por centro

dos parlamentarios rinse de todos nós

 

é o que ten esta dictadura

das eleccións de partidos

dominada pola igrexa e o capital

 

imaxe na porta do parlamento

español en setembro do 2012

golpeábannos algo menos

e manifestábamonos máis

 

o cronista

 

 

 

25-2-2015

narigudos tanxarina

 

 

a illa dos narigudos

representa tanxarina

pras cativas dos colexios

eu discreto nunha esquina

 

pero fan o pasa-pasillos

subindo polo meu lado

dame cariño o bombeiro

cachiporra co seu mazo

 

os rapaces non son chatos

teñen nariz respetable

como a coca e os viaductos

tanxarina son mui grandes

 

as títeres repeten mañan e venres

no auditorio do teatro garcía barbón

que para nós nunca será afundación

como lle puxo o insensible capital


manolo pipas

 

 

24-2-2015

tempo de espesas nubes a rosalia

 


tempo de espesas nubes

carta para rosalía de castro

 

cróbeme unha espesa nube, / tal preñada de tormentas,

tal de soidás preñada, / que a miña vida envenena

 

ai muller de espesa nube / que escuras estas semanas

que non para de chover / nesta tan espesa matria

 

xa cento cincoenta anos / que che conto rosalía

das tormentas dos velenos / desta tribo algo perdida

 

estas nubes que dan vida / tamén poden traer morte

os ríos que se desbordan / reducidos polos homes

 

a soidade como paz / a soidade unha tormenta

cantos corazóns hai sós / eu agora co teu poema

 

ai muller da espesa sombra / que tempo tan estragado

queren mandar nas preñadas / uns homes envelenados

 

cantos dereitos perdidos / gobernos e bankos rouban

botan familias á rúa / vaise moita xente nova

 

tormentas e temporais / o mar que tanto roubamos

ven reclamando o que é seu / e que non funda outro barco

 

cantas voltas deu a lingua / cantos golpes rosalía

longo o camiño da fala / das letras e das cantigas

 

sinto o tono destes versos / das cousas boas da terra

xa che conto noutra carta / cando calmen as mareas

 

por hoxe penso que abonda

contoche máis outro día

e graciñas pola copla

por toda a túa poesía

 

baixo nubes ben espesas

non paramos rosalía

unha aperta compañeira

e un bico desde a ría

 

manolo pipas

 

escrito hai un ano para o libro dixital

150 cantares para rosalía de castro

traballo coordinado por suso díaz

que xa podedes descargar en

http://rosaliadecastro.org/

a primeira copla é dos cantares

 

 

 

23-2-2015

comparsa faraónica do barco

 

 

a comparsa faraónica da barriada de coia

leva unha pirámide-alcaldía fóra de servizo

e enriba dela un pequeno barco alfageme

o monumento é arrastrado a man

por ducias de escravos veciños

e diante vai a comitiva suprema

co faraón-abel e a faraona-carmela

coas escravas agarrrando a sombrilla

que agora os tapa da poalla

e cuns plumeiros dandolles aire


van os sacerdotes e os soldados

os escrivas as vírgenes e dúas momias

e movendose ás dúas beiras da rúa

o pequeno nicolás facéndose selfis

con quen busca e con quen lle chama

e as cativas e cativos da comparsa

van regalando miles de barquiños de papel

con pequenas frases como estas

que veñen do tempo das pirámides

 

 primeiro as persoas

e logo as grandes obras

 se a xustiza existe

ninguén pode quedar excluido

 antes xusta que fermosa

por enriba das persoas nada

 cando a inxustiza é a lei

a rebeldía é o camiño

....

 

o pequeno presuposto da comparsa

so permitiu unha baixiña pirámide

e cando pasábamos polo sireno

este virouse e estirou unha perna

pero non chegou para subir con el

ao pequeno algageme de cartón

 

a comparsa visualizóu e comunicóu

un conflicto a miles de persoas

eso que tanto lle costa a asemblea

 

non pode ser non pode ser

os cartos en grandes obras

e as familias sen comer

 

o cronistadecoia

 

 

23-2-2015

o alcaldisimo e o cronista

 

 

entroido da cidade de vigo

un home disfrazado de cronista

e outro disfrazado de alcalde de vigo

atópanse un pouco antes das comparsas

o solitario cronista quere entregar un poema

ao protagonista dalgúns dos seus textos

e este sorri e di que non poder ler

e rexeita o texto e marcha rodeado

dos seus disfrazados concellais

que tamén rexeitan o poema

 

o gobernante xa sabía do gobernado

e o segundo agardaba este encontro

desde o primeiros días rotondianos

serán tan malos os seus versos !?

ou serán algo perigosos !?

 

o cronistadecoia

 

22-2-2015

55 inaugurasion e simbolos

 


a rotonda con barco / o barco na rotonda

desfeita que inaugura / a asemblea de coia

 

obisco con madriña / e capitán con primo

faltóu o grande líder / o cobarde alcaldito

 

se longo é o alfageme

máis longa é esta loita

se baixas o teu ritmo

nunca te rindas coia

 

se grande é este barco / grandota é a botella

do ron cacique abel / que da gosto a carmela


o barco de alfageme / na rotonda chantado

é noso meus veciños / que nos deixen cuidalo


eu pido por favor / recitar estes cantos

no querido alfageme / enriba ou debaixo

 

o barco e a rotonda

son símbolos sen máis

que siga esa defensa

dos dereitos sociais

 

o cronistadecoia

 

 

21-2-2015

discurso da inaugurasion

 

 

 

rotondianas e rotondianos

veciñas e veciños da barriada de coia

as que viñestes de bouzas de teis e de lavadores

os que sodes doutras barriadas desta cidade fermosa

que tienen bien de chamar el vigo de abel

de caballero primero de vigo i quinto de puente-arenas

veciños dos arredores desde bayona la real hasta la coruña

niñas i niños, maia e nuno somos todas, jovenes i menos jóvenes

abuelitos i especialmente los jubilados de barreras

porreros i porreras, retornadas e inmigrantes

cristianos de base, cristianos sin base

apóstatas, agnósticos, ateos i demás familia

explotadas e paradas, especialmente as traballadoras sociais

veciñas con risga ou con ela denegada,

e non vou seguir nomeando outras dereitos pisoteados,

saludos especiales al excelentísimo obispo de vigo a secas

al capitán abel eschettino del costa-concordia

que tambien se solidariza con nosotros

veciñas e rotondianos izquierdistas o no de todas las banderas

cidadáns en general en capitán en contramestre

regades e carmela non somos todos

 

soi el cuñado o el primo o el yerno del alcalde

pongan el parentesco o la relacion que quieran

i ante la peticion de urgencia de ustedes

de inaugurar esto con rapidez por si se rompe

i estando abel primero de vigo algo indispuesto

pues aki me tienen para servirles a ustedes

 

umnn les cuento porque ya veo aki gente casi gentuza

que me mira mal por llevar el brazo asi encogido

les cuento que tropecé con un feixe de nacionales del pp

que estaban paseando la otra noche por la avevida castelao

i estoi un poco mancado aki e polos recortes da sanidade

non me deron o cabestrillo

 

bueno estamos aki mal reunidos

que hai un problemilla técnico e de papeleos

i a ver si podemos acercarnos al barco

pero imos dar paso xa a la inauguracion

desta grande reforma do estadio de balaídos

perdón ya estaba adelantando movilizaciones

digo inaugurasiones

vamos a inaugurar esta social humanización

esta social rotonda con este social barco para todas

que tantas horas de trabajo le dió a la policía

como a estas decenas de goas que tenemos detrás,

que tantas paginas en los medios llenó

esta gran obra que consiguió cosas hermosas

como que muchos de ustedes se conocieran

e que remaran xuntos noutro barco

o dos dereitos sociais e a xustiza

que riran e choraran en amor e compañía

que lindo o abraso de eloi e chico

ali tirados no asfalto as dúas da madrugada

estas cousas tan fermosas e entrañables

como que tamén se cagaran vostedes cada un dos dias

dos ultimos tres longos e axitados meses

no alcalde font isaura manel rivas e en todo o psoe

 

vamos a inaugurar esta nova rotonda

co fantasma do bernardo alfageme

senlleiro buque contruido aki pertito en barreras

el alfageme que no podrá descansar nunca

por sentirse preso y por faltarle el aire del mar

i porque le vamos a poner de noche

una iluminacion del carajo

e xa chegados até aki y con confianza

les animo a que le cambien el nombre a su barco

porque ahora es de ustedes los radikales de coia

y que le pongan el nombre del queridísimo alcalde


tenemos aquí una bebida de la tierra

un ron popular o ron cacique

que si non nos deixan

que a madriña lo lance contra o barco

teremos que bebelo nós

 

como madrina temos con nós a dona bertha

a esta ilustre veciña mundialmente coñecida

polo seu máxico carrito de la compra

esa pacifica arma de ilusión masiva

cargada de pasado e futuro

carmelita silva pásanos las tijeras por favor

 

rotondianas e rotondianos!

ees-pa-ño-les !!

queda inaugurado este lindo pantano

digo esta querida rotonda con barco

 

o primo do alcalde

 

 

20-2-2015

a rotonda e os xogos

 

 

estes cativos en decembro

xogaban dentro da rotonda

pero non foi por gosto

das nais dos pais das avoas..

e antes dentro e agora por fóra

as concentracións para eles é un xogo

pero xa coñecerán cando medren

todas as verdades rotondianas

 

os policías lokais xogan ao poli bo e poli malo

e onte nós voltamos con eles co xogo da rontonda

entramos no asfalto e eles queríanos sacar

 

os gobernantes absolutistas

teñen o raro costume de xogar

cos seus súbditos e coas suas grandotas obras

enriba dunha pirámide mandan poñer outra

destrozan unha rotonda para construir outra

cambian o nome dunha cidade

lembrades el ferrol del caudillo !?

 

e ao fantasma do bernardo alfageme

que na rotonda non poderá descansar

cambiaranlle o nome polo do alcaldísimo!?

 

novos xogos as seis da tarde 

á beira do barco alfageme

e mañán as once e media xogaremos

a inaugurar a nova rotonda

 

o cronistadecoia

 

 

19-2-2015

puxeron o barco e seguimos 2

 


a espera fíxose mui longa

e logo case todo pasou

rápido demasiado rápido

 

a dignidade dos que somos máis

e a violencia dos que son menos

esbirros dos que tamén son menos

e case nunca dan a cara

 

pero onte de madrugada

os violentos eran máis ca nós

e a súa acción foi demasiado rápida

a colocación do barco demasiado lenta

 

a nosa actitude

a enerxía o apoio mutuo...

e logo da impotencia e das bágoas

as fermosas conversas nas urxencias

do centro de saúde até as catro da mañán

a douscentos metros da querida rotonda

 

o cronistadecoia

 

 

 

19-2-2015

puxeron o barco e seguimos

 


o golpeado barco alfageme

foi posto na rotonda de coia

polos represores do caballero

e a policía nacional do pp

 

importante a resposta social

ke baixou algo ao longo das horas

e pasadas as doce da noite

empezaron a mover o barco

e a policia redéanos a case todos

 

e desde beiramar até coia

segue un despregue policial inmenso

como nos tempos do franquismo

e non pasou a cidade por enriba de nós

como dixo que ocurriría o alcalde hai meses

pasou a policía nacional e lokal con varios

pacíficos rotondianos feridos

nos cortes que fixemos en castelao


cando puxeron o barco dentro da rotonda

habia uu borracho por alí que berróu

que demonios es eso


e ao longo de todo o percorrido

nós so puxemos o corpo

e non se tirou nen unha pedra

nen unha patata podre

podrido está o alcalde e os seus

 

concentraremosnos hoxe

na rotonda as seis da tarde
como sempre con palabra e ética

 

o cronistadecoia