cando lle pasei o rotondiano
caderno de poemas e cronikas
recordoume o flaco zabala
aquela foto dos cabestrillos de febreiro
que non entróu no caderno do non pode ser
e ocurriuseme contar parte da súa historia
xa que non sei se a contóu alguén
que en parte é a historia de todos nós
a plural comunidade rotondiana
e recitarvola nalgún momento da noite
estes tres homiños da foto
parecen uns perigosos pistoleiros
se cadra os irmáns daltondianos
logo dun cruel enfrentamento
co séptimo da abel-caballería
e cos goas montados na(da) carmela
estes revoltosos que cabalgaron
polas montes de lavadores e valadares
os bosques de teis e as praias de coruxo
e polas estepas e desertos de coia
tentaron que fora devolto
o barquiño alfageme-tóten
aos indíxenas do lugar
estes tres homiños da foto
cos seus moitos achaques
o zabala o pirata e o cronista
por sorte seguen entre nós
que non tiveron a desjrasia
de ser atendidos polos virus
do hospital feijoó-cunqueiro
estes homiños con esta pinta
querían abordar o alfageme
se cadra tamén lles deron
un jolpe na cabesa
ai que sentidiño que sentidiño
nahiara e eloy casan
que sentidiño
que non poder ser
que si poder ser
maia vaia vaia
pipas