mudando a data cada ano
para que xa non coincida
coa entrada da primavera
en moitos entroidos queiman ao meco
en pontevedra enterran ao ravachol
ao castrón por coruxo …
en portos coma o noso hai tempo
enterrábamos a sardiña...
modernamente temos o curioso costume
de queimar un persoaxe ou espacio público
rajoy e a celulosa foron enterrados
unha morea de veces e aí seguen
no hipócrita entroido da cidade de vigo
os subditos do alcaldísimo van queimar
o parquing do macro-hospital
onde outros o enterraríamos a el
coa faraona da diputación provincial
no pais valenciá deben
andar a queimar a non-santa-rita
na sede do pp enterran uns titiriteiros
en catalunya a pujol con mas …...
e en toda españa poden queimar
a un ex-xogador de balonman
cunha pequena falta técnica
coa infanta-irmán do principe-rei
o cronista