Febreiro 2016

27-2-2016

baixei a praia

 


hoxe non me movín da vila

nun fun pois a compostela

baixei á praia saudéi ás illas

ás gaivotas e as gamelas

 

pensei na xente do mar

e nos cayucos e nas pateras

nos saharauis nas cativas...

dinme forma a estas verbas

 

pipas


 

25-2-2016

rosalia e micros abertos

 

 

abre esa fiesta

que quero ver o mar


rosalía de castro en padrón

 

 

onte día de rosalía

a asociacion de escritoras

en lingua galega abríu

un micro e un pequeno tempo

aos poemas da nosa matriarca


hoxe no café de catro a catro

a moza asociación trabalingua

abriú un micro á poesía ao conto

ás culturas á música a danza...

 

e hai uns días houbo no mesmo

espacio un micro abierto onde

o galego resistíu en minoría

pero onde o castelán sonaba

moitas veces con acento galego

 

eu tiven a sorte de participar

nos tres eventos con poemas

de rosalía rosalianos rotondianos

americanistas pacifistas...

e improvisacións na defensa

da nosa golpeada lingua

e do estragado mar

 

manolo pipas


 

 

24-2-2016

feminista rosalia




       feminista na sombra     

 

                     pilar garcía negro

 

 

rosalía de castro

feminista na sombra

dos cantares gallegos

follas novas

 

rosalía rebelde

na vida e na escrita

voz de tantas mulleres

sometidas

 

voz da terra da matria

feminista na sombra

estamos pra mudar

a historia

 

 

hoxe no aniversario

da poeta da matria

a todas as rosalías

e compas rosas lías...

 

manolo pipas                            

 

 

 

23-2-2016

texturas encaixadas

 

 

 

seis pétalas

que se espanden

nun tecido de barro

 

ceramista e palilleira

encaixan mui ben

enredan afinan …

 

texturas encaixadas

barro cerámicas de puri

sobre formas de mariví

 

estas dúas compas

andan a facer bolillos

no patio de guixar

 

catro mans

aloumiñando

materias

 

 

cerámicas de puri sobre

encaixes de bolillos de mariví

www.facebook.com/o-patio-de-guixar

purificacionfernandez.blogspot.com

 

manolo pipas


 

22-2-2016

atencion paisaxe

 



dificil non pararse

nas ondas illas e nubes

e atender esta paisaxe

 

lariño


 

 

 

20-2-2016

montes e serras

 


das rías baixas ás serras

desde o alba ao invernadeiro

de monte pindo ao courel

do lobeira ao queixeiro

da capelada ao suído

do xistral ao galiñeiro

 

da curotiña ao candán

da paralaia aos ancares

serras montes van a coro

co ecóloxico cantare

 

recitados onte na charla

de fonso maravillas


pipas


 

19-2-2016

montes a beira mar

 


bosques fragas carballeiras

nos montes á beira mar

xa quedades mui pouquiños

bótavos o piñeiral

e veu logo o arcolito

estragando moito máis

 

outeiro da teixugueira

no morrazo por ardán

convidanos a un roteiro

este domingo á mañán

 

na cova as 20.30 charla

na defensa do galiñeiro

por afonso rodríguez


 

18-2-2016

daquel barco escoltado

 


hai un ano na fría longa noite do 18 pro 19

o secuestrado barquiño alfageme foi arrastrado

polas rúas e prazas da inxusta cidade de vigo ...

 

 

un ano da travesía

daquel barco polo asfalto

e nós dixémoslles alto

aos douscentos policías,

como era unha utopía

pasaron porriba nosa

e na querida rotonda

o barco mal colocaron,

que suba o mar so un rato

e que o arrinquen as ondas

 

un ano despois dos feitos

máis golpeados seguimos

compañeiras e amigos

reclamando os dereitos,

vai seguir o noso treito

rotonda xulgados marco...

antidisturbios do monarco

represores de pacotilla

hox non pomos a escalerilla

podedes comervos o barco 


o cronistadecoia


 

18-2-2016

todos somos rojos de mierda

 

 

na capital do reino que quere ser república

rojos de mierda chamaronlles uns policías

manifestándose sen uniforme

ao concellal de seguridade e xefe deles

e golpearon o seu coche e á prensa

porque o político desmantelóu

o corpo represivo municipal

 

os outros policías uniformados

que non se arrimaron muito ao teatriño

seica pecharon os ollos e os ouvidos

 

pois se cadra algo de rojo ten

pero a merda pode ser ecolóxica

e eses policías poden ser lixo

que nen serve para reciclaxe


o cronista

 

 

 

17-2-2016

sos meixoeiro

 

 

asemblea sos meixoeiro

o meixoeiro pede socorro

o hospital ameazan pechalo

 

os responsables da sanidade

ás persoas da plataforma sos meixoeiro

polas súas duras pero xustas críticas

chamaronlles gamberros e románticos

e eles din que estám orgullos@s de selo

 

a faixa de arriba e a dereita tapa

a insultante propaganda do cunqueiro

da noxenta xunta de galicia

na asemblea contáronnos

que o macro-hospital funciona

peor que as peores sospeitas

 

na faixa abaixo e a esquerda

a palabra pública está medio tapada

polos traballadores do hospital

a asemblea quere que non peche

e non me quixen erguer a tomar a foto

porque a nosa cruel realidade

é que o publico se está a perder

 

o cronista


 

15-2-2016

ayotzinapa e ca vivan lois

 


sentámonos neste auditorio

no medio desas fotos de estudantes

da escola normal rural de ayotzinapa

e as súas memorias acompañáronnos

e pensei neles e nas escolas que coñecín

naqueles alunnas que querían voltar

ás súas golpeadas comunidades mixtecas

e nos meus compas mestres oaxaqueños

 

senteime no medio das súas fotos

coas rapazas de filoloxía que organizaron

o evento cicloxénese cultural ca vivan lois

lois pereiro ayotzinapa chiapas ...

e ollamos o documental desaparecidos

e pensei que logo tiña que falar eu

sobre eles e outros miles que non coñecín

e sobre el tío un compa de la otra

que o desapareceron para que non falase

para que non acusase ao asasino presidente

 

platicamos de guerrero

e da autonomía zapatista

de atenco e da revolta de oaxaca

e destes complicados tempos alá

e acá nos que estamos a sobrevivir

 

mañán máis artes e comunalidade

por filoloxía e polo charentón

impulsados por lois pereiro

 

manolo pipas

 

 

15-2-2016

na defensa dos montes

 

 

pola defensa dos montes

falamos e compartimos

do verde que nos da vida

do monte ke está ferido


pola terra e por nós

pómonos serios amigos

denunciamos as desfeitas

que nós todos consentimos


pola defensa dos bosques
entre carballos e freixos
non quremos arcolitos
que eles estragan o medio

 

nos montes das nosas rías

moita presión e saqueo

cantos espacios de vida

nestes anos se perderon?

 

pola defensa da terra

protestamos propoñemos

co medio outra relación

aínda estamos a tempo!

 

charlas na cova dos ratos

mércores xoves e venres

as 20.30 polos montes