Septembro 2016

19-9-2016

mencer

 

 

entre as árbores

salgueiros carballos

o mencer do parque

e sigo o meu camiño

cara a escura cidade

 

na bouza

 

18-9-2016

terraza e lecturas

 

 

pouco antes do solpor

séntome nunha terraza

a ler o periódico e escribir

uns son malos e outros peores

os catro xornais que hai

ademáis de dous deportivos pois

e claro que teño que consumir

e que vou pedir esta tarde

café de quen sabe que esplotad@s

soja tranxénica ou leite de fora

unha clara de escura orixe

un viño que algo de uva terá...

o máis saudable que podo pedir

será unha infusión ou un auga

e que leo no xornal desocupado

uns poucos artigos de opinión

de intelectuais con pouca ética

e as novas que son as de sempre

dun mundo que se rompe

por case todas partese algunha máis

e tamén seica hai novas eleccións

 

algunha vez vou a biblioteca

e sen que me vexan eu leo

un xormal que digo de humor

ácido que lle chaman o abc

 

o cronista


 

16-9-2016

rita a grande do pp

 


dona rita barberá

de valencia alcaldísima

xenio figura e máis xenio

lo que robé no me quitan

ay que caloret mariano

que te debo una paellita

 

senadora posta a dedo

pide baixa do pp a rita

pero dille aos compañeiros

lo que me disteis no se quita

un escaño no hace daño

que puedo tirar de la mantita


unha vez máis rajoy presidente

en funcións cala a súa boquita

el se cadra pensa decirlle

ay rita se fuerte rita

 

o cronista


15-9-2016

chuvia e terra

 

 

a tan necesaria chuvia

a terra tan seca agradécea

pero a terra queimada sofre

e o seu manto é arrasado

 

tamén os gobernantes

poden favorecer a vida

ou todo o contrario

 

lariño

 

14-9-2016

fabrica e arbore

 

 

lentamente medrando

quixera esta árbore

alcanzar tantos anos

coma ten a fábrica

que se cae a cachos

 

lariño


 

12-9-2016

brétema e desmemoria

 


húmida e salgada forma

a brétema ía cobrindo onte a ría

e parece que a brétema política

e a desmemoria cobre e cobre

case todo o país do chapapote

 

na terriña dos jordis onte

seica había pouca brétema

e habia diadas ben dóces

salgadas e picantes

 

o cronista

 

 

 

11-9-2016

das cancions de chile

 


o redondo disco grande

e a agulla sobre o surco

revelando cada canción

é algo tan máxico

que non nos deixóu

facer unha foto

 

a cara a e a cara b

a cara darriba e a dabaixo

as carpetas e as dobres carpetas

os discos tamén para ver tocar oler

 

e chile ese país tan longo

darriba abaixo de sur a norte

chile nunha pequena mesa redonda

nun pequeno lokal con sabor a mar

o canto libre e a plática


no patio de guixar



10-9-2016

volver a los diecisiete

 

 

volver a los diecisiete

después de vivir un siglo

es como descifrar signos

sin ser sabio competente,

volver a ser de repente

tan frágil como un segundo

volver a sentir profundo

como un niño frente a dios,

eso es lo que siento yo

en este instante fecundo

 

se va enredando enredandó

como el muro en la hiedra

y va brotando brotandó

como el musguito en la piedra

como el musguito en la piedra

ai si si si

 

mi paso ha retrocedido

cuando el de ustedes avanza

el arco de las alianzas

va penetrando en mi nido,

con todo su colorido

se ha paseado por mis venas

y hasta la dura cadena

con que nos ata el destino,

es como un diamante fino

que alumbra mi alma serena

se va enredando ...

 

lo que puede el sentimiento

no lo ha podido el saber

ni el mas claro proceder

ni el mas ancho pensamiento,

todo lo cambia el momento

cual mago condescendiente

nos aleja dulcemente

de rencores y violencias

solo el amor con su ciencia

nos vuelve tan inocentes

se va enredando...

 

el amor es torbellino

de pureza original

hasta el feroz animal

susurra su dulce trino,

detiene a los peregrinos

libera a los prisioneros

el amor con sus esmeros

al viejo lo vuelve niño,

y al malo solo el cariño

lo vuelve puro y sincero

se va enredando...

 

de par en par la ventana

se abrió como por encanto

entró el amor con su manto

como una tibia mañana,

al son de una bella diana

hizo brotar el jazmín

volando cual serafín

al cielo le puso aretes,

y mis años diecisiete

los convirtió en querubín

se va enredando...

 

violeta parra

 

 

 

09-9-2016

e os excluidos tamen votan

 


eleccións campaña electoral

as terceiras en nove meses

 

o partido do goberno en funcións

fai campaña e tamén a oposición

 

a sanidade fai campaña

e os enfermos poden votar

os bankos fan campaña

e os roubados poden votar

 

o camiño de santiago

anda en campaña

e os seguidores do luar

seica tamén votan

 

as víctimas de angrois

os botados da súa casa

e todos os excluidos

seica tamén votar poden

 

os símbolos franquistas

andan en campaña

e os políticos corruptos

seica poden votar

 

a educación a lingua

o leite o naval a celulosa...

andan en campaña

 

os que tiveron que emigrar

e os cercados polo lume

moito teñen que decir

 

o cronista


 

08-9-2016

ancho camiño chile

 


gracias a la vida

escoito a violeta parra

vamos por ancho camino

escoito a víctor jara

el equipaje del destierro

escoito a inti-illimani

tres cancións tres momentos

dese país que chaman chile

 

darredor do 11 de setembro do 1973

audicion musical comentada de vinilos

da chamada nueva canción chilena

dos anos sesenta e setenta

violeta parra victor jara

quilapayún isabel e ángel parra

inti-illimani oswaldo rodríguez

ortiga patricio mans illapu ...

cantan as súas letras

poñen voz e música a neruda

cantanlle a salvador allende...

 

no patio de guixar domingo

11 de setembro oito da tarde

 

 

06-9-2016

palmeiras da muralla

 


coidadas polo festival

as palmeiras das murallas

de salvaterra

resisten ao picudo vermello

se cadra non lle sentan

ben os poemas

 

 

04-9-2016

recitais en irmandade

 


da palabra do verso e do poema

vai o segundo día do festival

extendense os cantos polo val

baixan polo miño soben polo tea

 

presentado o libro d@s poetas

nas covas nas murallas o recital

o noso querido encontro o festival

non sei se viñeche escoitar o teu poema

...

 

e houbo varias poéticas abordaxes

espacios pro verso que se improvisaron

e até nos fixeron un pequeno barco

pras rotondianas poéticas irmandades

 

boa noite e até sempre salvaterra

é a despedida duns músicos no palco

vos sodes o futuro di entre libros abaixo

un vello organizador aos nov@s poetas

 

poesía e canción en irmandade

a esquerda do palco do festival

da poesía nace a rúa da liberdade …

 

manolo pipas