Septembro 2016

29-9-2016

o pintor ksal e o mar

 

 

o pintor pepe ksal

e outras historias do mar

no instituto camoês

que é un espacio con moita sal

 

o neno da curva de san gregorio

fíxose maquinista mariñeiro pintor

e por fin os seus cadros ocuparon

na súa cidade un rincón

 

que historia o pepe ksal

no medio das augas

as súas pinceladas todas

son salgadas

 

polo mar e portos  de irlanda

polo gran sol e terranova

falan con retranca e sonan

e cantan muiñeiras e foliadas

 

a exposición de cadros de ksal

no intituto camôes remata mañán

as oito con xurxo souto xerardo feijóo

a banda falperrys e contar e cantar

 

manolo pipas

 

 

 

29-9-2016

musico na rua

 

 

 

o músico no paseo

no seu longo escenario

parede abandonada que fala

 

sen moverse o músico

pasea os seus temas

 

pipas



 

 

27-9-2016

o corazon de aute

 


cantache en agosto en huelva

e logo algo batéu no teu corazón

sería un cadro unha película

un libro ou unha canción

 

fallaron un pouco os teus latidos

e agora din que estás nun hospital

se cadra en soños estarás ti creando

en albanta entre as nubes baixo o mar

 

sabes que chegóu o equinocio e o outono

das árbores caen poemas pinturas baladas

por ese parqueciño da man camiñan lentos

un pincel namorando a unha guitarra

 

luis eduardo aute

nunha imaxe da rede en cuba

concerto paz sin fronteras 2009

 

 

manolo pipas


 

 

27-9-2016

al alba

 

 

Si te dijera amor mío

que temo a a la madrugada,
no sé qué estrellas son estas
que hieren como amenazas,
ni sé qué sangra la luna
al filo de su guadaña.
Presiento que tras la noche
vendrá la noche más larga,
quiero que no me abandones
amor mío, al alba.


Los hijos que no tuvimos
se esconden en las cloacas,
comen las últimas flores,
parece que adivinaran
que el día que se avecina
viene con hambre atrasada.
Presiento que tras la noche...

Miles de buitres callados
van extendiendo sus alas,
no te destroza, amor mío,
esta silenciosa danza,
maldito baile de muertos,
pólvora de la mañana.

 

Presiento que tras la noche...

 

 

luis eduardo aute

 

canción por sánchez bravo baena

ramón garcía txiqui e otaegui

últimos asasinados polo franquismo

homenaxe hoxe ás seis no cimeterio

de pereiró neste corenteun cabodano

 

 

26-9-2016

derrotados queimados

 


se galiza fose unha persoa

poderíamos decir que vai

camiñando cara o suicidio

 

costabanos crelo

pero aínda nos agardaba

algo peor que o fraguismo

 

en días coma hoxe penso

que aquí non hai lugar

para moitos de nós

ou sobran moitos deles


pero o señor da jhasiosa

ese que din o delfin de rajoy

so sacóu 680.000 votos

a maioría absoluta

foi a silenciada abstención

con 970.000 non votantes

 

o resistente



 

25-9-2016

as mesas e as persoas

 


na mesa electoral

onde deixei o meu voto

había tres mulleres

e outras tres en cada unha

das mesas da miña esquerda


a presidenta da mesa

falóume na miña lingua

e ela levaba os seus cabelos

tapados por un pano musulmán

e algo dixo do poder das mulleres

pero non falamos de relixión

 

o policía local que estaba

entre o colexio e o barco

miroume mui raro

 

o rotondiano


 

25-9-2016

votar é coma ir a misa

 

 

levamos moito tempo

votando os domingos

pero no pasado fora

en día chamado laborable

e se traballabas dábanche

unhas horas pagadas

 

se os colexios

tamén paran en sábado

porque non votamos

neses días e descansamos

o domingo

logo deste tremendo

traballo psiquico de votar

 

votar é coma ir a misa

facer unha cousa

que non sabemos

se serve para algo

e xa postos pra aforrar

tamén podían poñer urnas

nas portas das igrexas

 

votar debe ser algo sagrado

sagrado ven de sacrificio

de derramar sangue

e ter eleccións costóu

moitos miles de mortos

que aínda non descansan


imaxe das reixas

do meu colexio electoral

que tamén foi da e.x.b.

pero sen valados


o cronista



 

24-9-2016

o voto a urna o contenedor

 

 

a propaganda electoral

pola súa falta de ética

cos seus millońs de sobres

cartaces e todo o demáis

merecía acabar no contenedor!

ai se astención fose maioría absoluta!

pero como parece que non vai pasar

terei que levar o meu sobre

cunha mínima ilusión

e un grande cabreo

e metelo no contenedor

digo na urna

 

o votante


 

23-9-2016

un predicador da complutense

 

 

érase un homo complutense

érase un home moi resentido

co seu primeiro appelido

co seu ppaís con moita xente

 

érase un grande ppredicador

na tele no auditorio nas prazas

cos cacharriños un bocazas

coas fraseciñas marea-dor

 

érase un secretario-general

ou máis general que secretario

ppolitólogo mal comunitario

máis centralista que federal

 

érase un asesor da nova dos vellos

érase un home con moitas mañas

un flaco ppatriota das eesppañas

sempre fozando nos trebellos

 

érase un home buscando demos

un neno amante das marionetas

un mozo pegado a unha coleta

un mal-unidos mal-ppodemos


escrito nas ri-beiras da ría

coa marea baixando

polo cronista

 

22-9-2016

benvido outono

 

 

 

trece pombas reunidas

danlle ao outono

a benvida

 

 

imaxe da bouza

ao camiño da vía



 

21-9-2016

titere do capital

 


pois si señor feijóo

que miles lle van votar

na memoria de don manuel

e co exemplo dos baltar

por bárcenas e por rato

e por rita barberá

por todos os mortos dangrois

miles de votos sacarás


pois si señor feijóo

títere do capital

gañarás as eleccións

cos contentos do luar

coa dividida oposición

por ti miles van botar


nas portas do teu palacio

acampan os forestais

tamén pola terra queimada

ti votos recollerás

 

un cabreado

 

20-9-2016

a marea e o encoro

 

 

estrañas mareas na meseta

estrañas as augas e as illas

piratas corsarios furtivos...

 

a escritora marta rivera de la cruz

ben coñecida coma antigaleguista

do partido de ciudadanos

e prima ou non do señorito rivera

preside a comisión de cultura

do chamado congreso español

cos galaicos votos de en marea

e o poeta da nova fernán-vello

é o seu fidel secretario

menuda comedia

 

esa brava marea atlántica-cantábrica

parece que so é unha pequena onda

perdida nun noxento encoro da meseta

 

o cronista