pensades que é un disfraz
pero so son dúas pezas de roupa
que trouxen das que vestía en oaxaca
e puxen entre o sábado de entroido
e a manifa dos desprazados
con esa protesta-esixencia
un sarape oaxaqueño
da familia dos ponchos
e un sombreiro que regalaban
nun mitin do pri de peña nieto
e alguén abandonóu na rúa
e o bigote de macho mexicano
quedóu cando me saquei a barba
feminicidio a palabra feminicidio
empezóuse a decir e escribir en méxico
hai poucos anos hai miles de mortas
pero os feminicidios teñen miles de anos
como a primeira fronteira e imperio
da fronteira yanki-mexica que decir?
@s do sur foxen do sanguinario
presidente peña nieto que é
máis problema que a fronteira
pero menos que o feminicidio
e o neo-fascista trump
que os explota no seu país
non os quere deixar entrar
o feminicidio da fronteira
de ciudad juarez a case todas
as fronteiras e cidades
que como todos os muros
nós podemos derrubar
manolo pipas