Marzo 2017

31-3-2017

autorretrato de paco souto



escribo
en folla impar
as tres cuartas partes
xustas
de min mesmo
a man acenando o universo
a viaxe impar de virme paradentro

escribo tolo
un xesto apenas de ousadía
do que calo

inspiro
e dialógome

o meu mundo sempre será varios

paco souto



quedamos cos teus versos

coa túa voz co traballo colectivo ...

e marchache cos caldeiróns

agora o mar é todo teu

non deixes de escribir




30-3-2017

estampa parque


o son dos chorros da fonte
as árbores gomando florecendo
as pombas buscando comida
as nubes escurecen e agrúpanse
a gaivota na farola ollando
como a cadela caga na erva
as rapazas xogando cos rapaces…

e non teño cámara pero escribo
e todo non podería sacalo nunha foto
a fonte as árbores as pombas as nubes
a gaivota a cadela a rapazada...

pipas


29-3-2017

murais por miguel

 


miguel hernández poeta
contra aqueles catro muros
franquistas que te mataron
en orihuela a túa vila
en varios muros florece

nunha barriada proletaria
o teu exemplo e poesía


un pinta a túa cara na lúa
outro sentado baixo a árbore
está a ler os teus poemas
nos muros pombas da paz
bandeiras republicanas
republicanas pombas
e os versos de bandeira 


nos 75 anos da súa morte

28-3-2017

triada



entre as xuntas as ervas
entre as ervas os pétalos
entre os pétalos as cabichas

parque da miñoca

27-3-2017

cerdeiras

 


os pétalos das cerdeiras bravas
do parque da miñoca
ai se falaran




26-3-2017

sementeira



mollada terra
cabada e sementada
que non haxa mala colleita

figueirido-coia

24-3-2017

decimas a mercedes sosa



volver á praza de maio
despois de tantos concertos
en palcos nunca extranxeiros
que che ensinaron máis cantos,
e non calma o teu espanto
casas brancas e rosadas
esconden as cores falsas
que levan dentro os traidores
que perseguen os amores
e toda nova alborada

segue plantando violetas
debaixo das vellas parras
no monte xa medran jaras
coas ervas namoradeiras,
nunca cales cantadeira
avoa negra e mestiza
as palabras de alfonsina
que vestida do teu mar
marchóu a poetizar
paisaxes descoñecidas

compostela outubro 93

publicado no libro marzo

abril e outros naufraxios
a imaxe chile o mesmo ano

tempo despois puiden estar
noutro concerto da cantora
e regalarlle o poema


hoxe 24 de marzo a 41

anos do golpe fascista


23-3-2017

aquel concerto de ángel parra

 


ángel parra trovador chileno
cuando amanece el día
de pisagua a allende
alma de chacabuco
valparaiso en la noche…
morréu o pasado día once

fillo da violeta parra e sobriño
do poeta nicanor e irmán
da tamén trovadora isabel
e con ela abrira o local
la peña de los parra espacio
encontro de cantores e artistas
daquel chile da segunda metade
dos 60 que golpeado camiñaba
cara revolución de allende...

compostela ano 93 outubro
festival de trova latinoamericana
un día mercedes sosa enche a carpa
outro día silvio rodríguez pede
abrir as portas para que entren
os moitos que quedaron fora
e outra noite cantóu angel parra…
chovía a cachón en compostela
outubro sen estudantes e a carpa
estaba fora do casco vello
e el non era mui coñecido...
fomos de público doce persoas
e contei as fileiras de sillas
e dábame mil-dúas-centas
e ángel cantóu cos seus
catro ou cinco músicos
e foi un fermoso concerto
e mesmo estreóu un tema
que lle fixo a camarón
morto semanas atrás
e eu non me atrevín a falar
co trovador por timidez
e por vergoña colectiva
dos que non chegastes á carpa
grande trovador ángel parra

manolo pipas


22-3-2017

letra de ángel parra

 


Milonga para la lluvia

Me gusta ver cuando llueve,
pelearse a los nubarrones,
mirar como se enamoran,
las gotas en los terrones.
Me gusta prender el fuego,
y poner leche a mi cita,
pa' que se quemen los troncos
hasta que se hagan cenizas.

No me gustan los recuerdos
que trae la tempestad:
muerte, dolor, malos trancos
que a veces tuve que dar.
Tampoco me gusta el río
que arrastra con el sembra'o
que aunque no me pertenece
mis años le he dedica'o.

Yo que no tengo caballo
ni perro para silbar,
mejor que mire la lluvia
para poder olvidar.


Si acaso en la madrugada
me despierto de improviso,
si ha llegado la bonanza
salgo a buscar un camino.

Me gustan y no me gustan
los versos que da la vida,
la noche no entrega nunca
camino de amanecida.


Angel Parra trovador
valparaiso chile xuño 1934

parís marzo 2017



21-3-2017

ofrenda equinocio

 

 

o equinocio nestas terras

nós case non o celebramos
pero si se festexa por mesoamérica

na imaxe a ofrenda por berta cáceres
e compas asasinadas por defender
a nai terra o sol a lúa o equinocio...

 

foto en compostela hai uns días



20-3-2017

memoria dun loureiro



xa vedes a desfeita
e podedes imaxinar
a grandota árbore
e o seu inmenso verde
a agradecida sombra...


un loureiro cheo de vida
e que moita vida daba
aos máis chiquitos insectos
as medianas aves…
e del como era hai un mes
non temos nen foto

a árbore estaba sá
e se lle molestaba a alguén
a outros moléstannos
moitos coches sen sentido

en travesas entre
castelao e lalín


19-3-2017

cedro álamos e vaca



este cedro do himalaya
é o sobrevivinte cos tres álamos
da finca daquela fábrica de larsa!
quen sabe onde e quen levóu
aquela escultura en granito da vaca?

o cronista