Maio 2017

01-6-2017

librexpresion contraomachismo



concerto por sesé
venres 2 de xuño as 9
na explanada da porta
do pavillón de chapela !
e porque non o facemos dentro?
porque esa posibilidade
os de arriba non nola deixaron

na ponte pasarela
sobre a estrada cara o pavillón
a faixa chama ao concerto
e o concerto e unha ponte
para xuntar os cartos
que nos negan as administracións
para arranxar a casa da familia
golpeada polo terrorismo machista

retumbarán os tambores
nas consciencias dos malos gobernantes?

libre-expresión-accion  contra-o-machismo !!

o cronista


29-5-2017

as feridas e as froitas sesé

 


contábanos sesé nos seus versos
das feridas das balas e da nada
e das rosas da chuvia e das froitas
nas súas palabras sesé ben contaba
tamén nos poemas ela era loita
ela era moita vida desgarrada 

sesé coas mans buscando na terra
o noso pasado as nosas raices
e sesé contra todas todas guerras
e con ela nós en momentos felices

en colectivo a súa perda afrontamos
co grupo mantemos a súa memoria
por sesé a familia e nós un concerto
e sei e sabemos que é pouca cousa

por sesé serán rasgadas as guitarras
con ela retumbarán os tambores
con sesé as nosas voces desgarradas

manolo pipas


29-5-2017

poemas de sesé

 


Herida y tras herida
viene otra
como queriendo ver
donde mata
y al final de tanta bala
solo queda un boquete
en forma de nada

.  .  .  .  .  .  .  .

Atrapando el vértigo entre las manos
viendo el espacio muerto
entre dios y los de abajo
corriendo a la muerte lenta
y sin saber que tan despacio
correrán el telón
y saldrán los dinosaurios

.  .  .  .  .  .  .

Rosas que se queman
lluvia que las alienta
y después de tanto intento
agua y semillas
frutas venideras

                       Sesé  
                                 finais dos 80

28-5-2017

cinco flores

 

 

debaixo dos piñeiros de samil
a salgada flor estrela
de cinco puntas

 

 

27-5-2017

curiosa pedra

 


esta curiosa pedra granita
dunhas catro e pico cuartas
ao trasplantar unha nogueira
apareceu no campo enterrada

a pedra quedóu no chan un tempo
pensei nela e chanteina estes días
para que as árbores faga compaña
coma unha nova curiosa pedrafita

manolo pipas

25-5-2017

as pombas e os homes



unha pequena bandada
de pombas comendo no chan
diante do panel faime pensar

as pombas que os nosos
ancestros domesticaron
para dar comida ou compaña 
ou como aves mensaxeiras
tamén sofren moito os nosos conflictos

a pomba símbolo da paz
que non pode levar esa mensaxe
que nós soñamos e quixeramos compartir

manolo pipas


24-5-2017

muller antimilitarista

 


vintecatro de maio día
da muller antimilitarista
...posesión dominación
explotación exclusión
expulsión aniquilación ...

das mulleres polos homes

resistencia insubmisión!

paneis e lecturas da marcha
mundial das mulleres


22-5-2017

pulcinella e castelao

 


festival das ilusións
títeres de redondela
co ratiño cafeteira
a internacional paixón

nesta carpa da alameda
nós pudemos disfrutar
dos títeres desde atrás
cachiporra pulcinella

o teatrillo amarrado
a un álamo choqueiro
encantados moitos nenos
grande salvatore gatto

castelao nunha escultura
nesta carpa da alameda
quixera baixar coas nenas
máxica a nosa cultura

festival titiriteiro
dezaoito son os anos
agardamos outro maio
quen será o novo boneco?

pipas


21-5-2017

a brincos cos títeres



títeres de redondela
festival das ilusións
a internacional paixón
anda a brincos na alameda


dezaoito son os anos

de telóns e brincadeiras

ese  rato  cafeteira

que siga roendo maios


títeres en movimento
no paseo da xunqueira
e polas prazas choqueiras
algún reparte os seus versos

a  cabra  titiriteira
do  xip  xap  itinerante
vai pratrás e vai pra diante
co corazón de madeira

mercado titiriteiro
e títeres pola gorra
hai algunha cachiporra
e fanfarrias e gaiteiros

debaixo do grande cedro
a zancuda trashumante
quédase cos paseantes
todos nós titiriteiros

o dos versos


20-5-2017

construir un barco

 


              Construir un barco
É tallar na árbore a historia dun pobo

   Serrar a cortiza en ángulos rectos
             e co cepillo escribir
          a concavidade da fasquía
          Transformar as columnas
                 en hipérboles
         nunha simetría secuencial
            Dende a quilla á roda
               un alefrís espalla
          os aneis de crecemento
    O berbequí penetra na madeira
  e escava o asentamento da cavilla
             E a liña do infinito
         volta de regreso á orixe

          Xosé Iglesias Lamela

               poema do seu libro
                a relixión do mar
    e o barquiño feito por el mesmo
  que o acompaña das presentacións


19-5-2017

poetas do mar

 

 

construir un libro de poemas
coma se fose un barco...

un xeito de vida e morte
xosé a relixión do mar
graciñas meu capitán
barco poesía e sorte,
a proa mira pro norte
contigo quero vogar
e cos pacos capear
lévanos no pailebote,
amarrados os chicotes
compañeiro medre o mar

 


na presentación en cartabón
do libro a relixión do mar
de xosé iglesias lamela

con paco souto na memoria

manolo pipas


17-5-2017

sementado letras



dezasete en compostela
maio letras e palabras
da alameda á quintana
as consignas as estrelas ,
saúdos bicos e apertas
as palabras

declaradas

compostela dezasete
letras rimas e poemas
prazas rúas parques terra
país da chuvia e do verde,
a palabra consecuente
dezasete en

compostela

da alameda á quintana
olladas guiños apertas
a proposta e a promesa
canto amor e canta raiba,
canto perdemos da matria
sementaremos

máis letras

vigo-compostela
manolo pipas