Xullo 2017

29-7-2017

unha roda de amistades

 


uns poucos pes e corpos
dunha roda de amistades
na noite baixo os carballos novos
e a poalla do mistura de teis
sodes vós agora separados da mesa
de froitos da terra cociñados

unha roda de corpos
pola necesidade de encontarse
por todas nós e por sesé
e se cadra levades na man
un fermentado ou xa un doce
mestres a rapazada xoga
dentro e fora da casa colectiva

unhas aves de papel voaban
unha araña andaba a fiar a sua tea

i eu pensei que idades tocar algo ...
a abrimos o likor das deusas
fermentado destilado macerado...
uns poucos corpos baixo os carballos
novos unha roda de amistades
e na imaxe parece que estades todas

manolo pipas 



28-7-2017

ida e volta

 


primeiro foi a imaxe da subida
e camiñando uns poucos metros
vireime e tomei a segunda foto
como se baixase e voltase
entre ramallos o sendeiro
do autoctono bosco


fotos do sabado

polo rio eifonso


 

 

26-7-2017

raparigo de cem pes

 


raparigo de cem pes
canto camiño e turreiro
do teu canido salgado
a soñar co mundo enteiro

a tocar pro mundo enteiro
tonecho berro dos castros
incrédulas van as gaitas
polas terras de trasancos

polos portos de trasancos
tamén os guindastres choran
mentres novos raparigos
as tuas gaitas valoran 

manolo pipas



26-7-2017

outro mais da banda

 


el señor de los hilillos
presidente dun ente post-franquista
declara hoxe na audiencia nacional
no caso dos colegas da sua banda
parentes achegados e amigos
moitos que xa declararon
alguns presos e outr@s mort@s
e estrañas circunstancias

a imaxe relacionada co caso
hai dias que anda por internete
quen organizará o torneo?
quen será o arbitro da final?

 


el señor de los hilillos
na audiencia nacional
fiou e fiou o seu discurso
e coma case sempre
non dixo nada 

o cronista



25-7-2017

da matria e do carballo

 



escribin a palabra matria
como posible titulo dos versos
para este vintecinco de xullo
e a folla dixital ou documento
ficou valeiro dous dias
o sabado coa poalla escribin
ollando pros meus veciños carballos
sobre o noso pais da chuvia
agora de piñeiros e arcolitos
dos incendios e dos chapapotes
das vias inauguradas sen seguridade

recoñezo que prefiro o 17 de maio
sobre todo antes de ser festivo
pero xa estas duas datas
perderon moito do seu aquel
mais seguimos manifestandonos
e sobre todo nestes dias
encontramonos e compartimos afectos

o carballo ten miles de follas
e todas elas valen o mesmo
e ao final do outono todas van caindo
e paseniño van formar parte da terra
e logo do descanso da arbore
na primavera xurdirán follas novas

o cronista

 

 

24-7-2017

os leons que choran



do pais da area ardente
a terra das templadas augas
de tinduf a paraños e bembrive

a cativa muna pode intercambiar
mui poucas palabras con nos
e con mimica dinos que os leons
da fonte da carballeira
dos ramallos estan chorando

manolo pipas

23-7-2017

ramallos augas e terras

 


os ramalliños dos morenos
baixo a poalla e baixo o sol
sonaron outra vez nesta carballeira
daquel antigo concello de lavadores

a gotinha de agua da chaira alentejana
escorregou polos ramallos do eifonso
e despois das melodias dos muiños
foron ritmos da verde illa de irlanda

o sureño bosque chileno de violeta parra
chegou a esta fisterra do castrexo norte
e os versos para o pobo saharaui do deserto
puxeron en mais valor as nosas arbores e augas


imaxes gonzalo caride

cantigas karina mouriño 

versos manolo pipas



20-7-2017

tres malotes



tres feitos incribles

entre a politica e o espectaculo

en dous surrealistas dias
o capo do futbol levano preso
a xustiza a ultima en enterarse
de que era un grande ladron
e un dos capos da banka
parece que se suicidou
cunha escopeta de caza
e a ver se crea escola
e o terceiro persoaxe
o da foto case resucita
xustiño un 18 de xullo
i en catalunya

o cronista


19-7-2017

carballeira dos ramallos



carballeira dos ramallos
na túa sombra celebramos
eses teus miles de ramas
en bembrive a romaría
con palestra e poesía
xantar roteiro e foliada

dos ramallos carballeira
a tua rica floresta 
sobre as augas do eifonso
o sabado celebramos
entre fadas e bispardos
do noso autóctono bosco


dos ramallos carballeira

do muiño as muiñeiras
esta tribo foi medrando
vellas cantigas de amigo
foron abrindo o camiño
carballeira dos ramallos


manolo pipas


18-7-2017

coitadas illas cies



ai coitadas illas cies
seica alguns animais
de duas patas e sen vacunar
da inxusta cidade do alfageme
queren que vos sexades
patrimonio da humanidade
excluindo as outras

irmans illas atlanticas

as illas cies seica parque nacional
xa son patrimonio do humanitario turismo
nestes dias de veran e noutras datas
masificadas con varios miles de persoas

o cronista



17-7-2017

salgada oliveira

 


a oliveira
á beira da ría
é unha salgada árbore
salgadas tomamos as olivas...

 

 

 

15-7-2017

saudades do mar exeo 2



a mestiza trova helena
do lonxano mar exeo
centos de portos e illas
rebétiko e mareo
encontros e desencontros
entre esmirna e o pireo

nikos sarris ten morriña
entre teis e mais toulouse
desgarrada a sua voz
e as suas cordas do sur


do concerto de onte
no uf negra sombra
e recitado as tantas
na terraza do galeria

imaxe peter punk
versos manolo pipas