Agosto 2017

31-8-2017

cabazos e gato

 


os pequenos cabazos maduros
e o grandote gato que vai vello

as cucurbitaceas descansan

e failles boa compaña o felino

as seis e pico da tarde cando saio
coa cámara a pescar poemas

pipas

 

 

30-8-2017

roubado pazo de meiras

 


vello pazo de meirás
canta vida nos teus muros
entre cultura e terror!
que serás ti no futuro?

nas tuas salas escribiu
vello pazo de meirás
varias das suas novelas
emilia pardo bazán

pazo de meirás de sada
polas armas obrigados
poñen cartos os veciños
pra mercarte vello pazo

pazo da pardo bazán
colecta da sen-razón
pra regalar pazo e finca
ao asasino dictador

pazo de meirás roubado
ti dos franco segues sendo
neste réxime imposto
polos franquistas herdeiros

 


escribin estas rimas o domingo 

e hox o pazo foi okupado polo bng
e desokuparono as forzas represoras

de verde coma no franquismo

pero desta volta sen paus


manolo pipas



28-8-2017

as gaitas e o cervo

 


do trío tomei a imaxe
no mesón catro camiños
e tocaban folieiras
un da cruña e dous de vigo

mais deixei fora da foto
a outros dous bos gaiteiros
eu queria destacar
ese espirito do cervo

música ricardo luis e gloria
rimas manolo pipas
e o cervo ...

27-8-2017

85C compañeiras artistas



85C mulleres artistas
oitentecinco... compañeiras
claras celias super-carmes cies
carlas conchas cacias cintias...
cantigas cintas contos cadros
compas artistas faraxas
contra a explotación sexual

por unha sociedade máis xusta

85C castrexas rapazas artistas

vanesas evas marcias nurias paulas...

cantos covas cumios danzas rodas...
máis de oitentecinco bravas artistas
combativas compas en comunidade

pipas


27-8-2017

antimilitaristas en barcelona

 


a palabra antimilitaristas
debia aparecer nos titulares da prensa
logo da inmensa manifestación
de onte en barcelona
coa palabra en positivo claro
pero
la presencia de banderas
independentistas y españolas rompieron,
junto a las pancartas antimilitaristas,
la unidad en el homenaje a las victimas
foi titular secundario dun xornal na galiza

e sabemos que a maioria ds medios

están polo comercio de armas

e que as guerras venden titulares 


os dous primeiros feitos pasan
pola colonizicion de calalunya
e a fractura cada vez mais grande
da sua sociedade
e o terceiro feito pasa porque
os antimilitaristas non temos medo
e na manifestación estaban os grandes
militaristas do estado espanyol
e daba gosto ver ao rei rajoye companyia

a poucos metros de independentistas bandeiras

e sobre todo faixinyas con lemas antimilitaristas

les seves guerres els nostres morts...

o cronista



26-8-2017

o cargueiro e a carga

 


o grandote cargueiro entrando
onte na ria que foi nosa
e os chiquitos remolcadores
que lle van botar un cabo

o inmenso mercante
trescentos metros de eslora
corenteoito metros de manga
e cantos serán de alto?
cantos contentores e toneladas?

imaxino que levará moitas
cousas boas e algunhas malas
pero mellor non sabelo

o cronista

25-8-2017

urbanas pombas



as pombas nas soleiras das xanelas
nas repisas e nos cables as pombas
as urbanas aves da praza da ferreria
agardando unha mesa que se baleire
ou que chegue alguen amable á praza
a tirarlles un pouco de comida
a estas aves chamadas da paz
pero so cando son brancas

manolo pipas


23-8-2017

machismo terrorismo

 


enésima concentración
contra os crimes machistas
porque un home matóu
a nai da súa ex-muller
e secuestróu a cativa
que tiñan en común...


e faltaron cables e megáfono
pero estabades todas vós
e non houbo nengún acople
e a mensaxe foi clara e rotunda

e unha das últimas consignas foi
o machismo é o terrorismo

o cronista


23-8-2017

o mosaico e a ramada

 



case non lembro o mosaico de miró
no tramo baixo das ramblas
e de certo que camiñei sobre el
na subida e mais na baixada

pero joan miró o foi poñer no paseo
para que o desgasten as nosas pegadas
e roubarlle pouco protagonismo
a obra de arte viva que é a ramada


e o mosaico chamase salutació

als viagers arribats a la rambla


manolo pipas



21-8-2017

as realezas e a peste

 


coma nun conto medieval
o rei e a raiña visitan
a alguns dos seus subditos
conquistadas e visitantes
porque están doentes
por unha nova peste

o rei é de sangue azul
mui belicista pero o cobarde
nunca vai as varias guerras
nas que está metido o seu estado
pero non se perde os fesfiles

e grandes exhibicion e maniobras
e a raiña é unha plebeia
que ven da farandula oficial

e non perde ocasion dunha foto

e dun baño de masas controladas

esta nova peste asolou a capital
e algunhas vilas dunha nacion
revelde do seu imperio
e a peste foi introducida
polos esbirros dos reinos
do oriente e do sur
amigos deste cobarde
e hipocrita monarca
que pode dar tanto terror
como a propia peste

o insubmiso cronista



20-8-2017

queridas ramblas



unha rambla é un cativo
río mediterraneo
que no verán pode secarse

eu tamen pensaba que un día
podía ser atacada barcelona 

polas ramblas hai moitos anos
que xa non baixa o río
i estes días baixan
máis pesadelos que soños

pipas

19-8-2017

terror nas ramblas

 


moito paseei polas ramblas
nas duas longas visitas que fixen
a barcelona entre os dous seculos

e noutras breves visitas crucei

as ramblas coas presas dos horarios

 

en barcelona teño bos amigos e amigas

e mesmo na cidade e arredores recitei

poemas polas culturas e linguas

e contra todas as guerras

tardei en escribir pero onte
rompin tantos versos como mortos
neste atentado-accion de guerra
ou acaso un bombardeo non é
tamen un atentato e terrorismo ?

e tardei pola raiba contra eses asasinos
os ideologos e as suas supostas ideas
e a raiba contra aznar rajoy e o pp
e as bases yaquis do estado español
por meternos nesta guerra

compartovos un poema das outras ramblas
esas que non saen estes dias na prensa
que escribira naquelas insubmisas visitas


http://www.envolventesaspalabras.info/

cronikas-de-tempos-de-crise/cronikas-

da-penultima-guerra/paseo-humanitario-1

o cronista