Abril 2018

19-4-2018

o kiosko da musica

 


o kiosko da música da vila
o granito e o ferro labrados
nesta vella alameda melodia
das follas dos platanos medrando
neste antigo concello miña amiga


en bouzas

 

 

 

19-4-2018

por un monte e rural vivo

 


por un plano forestal
pra un medio rural vivo
nas ruas de compostela
as doce este domingo

polos montes veciñais
será un souto compostela
a quintana será debesa
o pp/psoe é eucaliptal

o domingo as 12 en renfe
en defensa do monte veciñal
e un plano forestal para
un medio rural vivo



18-4-2018

o muro e a erva

 


unha das primeiras ervas
que sairon neste longo muro

levantado polos nosos avos

naquel tempo dos carros de bois
e arrasado hai seis meses polo lume
entre as canteiras abandonadas
e abandonado monte cheo de arcolitos

da ghaspara pro maruxento
entre o freixo e matamá

 

 

17-4-2018

senlleiro arcolito caido



polas terras do freixo
entre monte e campos
un invasor senlleiro

este grandote arcolito
como puido foi medrando
sobre o pena de granito

o lume feriuno de morte
e o vento tirouno abaixo
pero merece outra sorte

as raices do arcolito
son coma unha escultura
poden ser tamen un símbolo


na ghaspara



16-4-2018

o freixo aldea sen freixos




o freixo esta aldea sen freixos
xa seis meses despois do gran lume
pensa no seu golpeado medio

colectivo veciñal changrande
nace antes do lume coa idea
de vivir a comunalidade

clima casas vexetación...
danlle a forma a vosa aldea
mais co medio falla a relación

nesta outra aldea do arcolito
debaten recuperar o monte
as caducifolias son o camiño

manolo pipas
neto dun freixeiro

 

15-4-2018

oito voces por lorca

 


por garcía lorca
un catorce de abril
no uf negra sombra

por lorca
vai un poeta
unha solitaria cantora
un dúo un trío

un solitario cantor

por federico

agosto do trinteseis
unha negra sombra pra lorca
por lorca oito voces
nesta negra sombra cantora


na imaxe sabrina luis e rafa
tamén recitaron e cantaron
pablo vila iria bragado
pedro román roxana 
e manolo pipas

 

14-4-2018

republicas bandeiras lazos



sabado catorce de abril
día da segunda republica
nestas terras rosalianas

manifestación respetable
da republicana memoria
da democratica palabra

o lazo marelo denuncia
golpeadas e presos politicos
da republica catalana


pero tiveron pouco apoio

e non seguimos o exemplo

desas terras da sardana


na foto grande bandeira

da rosaliana terriña

que foi pouco na marcha


a presentadora do evento
ela xa logo vai parir
unha republicana criansa


o cronista


13-4-2018

sextetas pra lorca

 

 

homenaxe a federico
garcía lorca poeta
catorce de abril sabado
republicana a tarefa
no café uf negra sombra
tamén o anuncian as ervas

tributo a garcía lorca
as artes en asemblea
romancero gitano cante
jondo mariana pineda
el diván de tamarit...
bernarda alba que pena


o mestizo federico

a guitarra e as adelfas

a milenaria granada

e nova yorque unha nena

o equilibrio e os abismos

do acelerado planeta

poesía e teatro novos
vida demasiado a presa
o crime foi en granada
e segue quente a traxedia
homenaxe a federico
un desangrado poema

manolo pipas


 

12-4-2018

a cativa e o dragon



a cativa do vitrasa
baixou co seu animaliño de papel
e dixome que era un dragon
e que lle ia dar de comer iogur

imaxe doutro dragon 



10-4-2018

listilla alunna cifuentes

 


a universidade seica
é unha fonte de sabiduria
verdade alunna ci-fuentes!

universal é o poder
a corrupción e a mentira
e outras miserias humanas
verdade alunna cristina cifuentes!

o senyor ministro
de cultura e das universidades
declarouse novio-de-la-muerte
el e outros tres ministrinyos
o pasado circo de semana santa
cantando a sanguinaria canción
da imperialista legión espanyola

rajoy coma case sempre
cala e deixa pudrir a mazán
e en privado tamén canta
el-novio-de-la-muerte
e este conyecido son cubano
maria cristina me quiere gobernar
y yo le sigo le sigo la corriente
porque no quiero que diga la gente
que m cristina me quiere gobernar...


o cronista



10-4-2018

c d r catalunya lliure



c d r comités
en defensa da republica
non son kale borroka
son rebeldes pero non terroristas

estes compas do pacífismo activo
é certo que fan pequenas sabotaxes
e sabotaxes grandes ao chamado estado
de dereito é o que fan a banka bárcenas
cifuentes chavez puyol urdangarín

elreijuancarlos …


que siga a desobediencia

civil non violenta

llibertat tamara do cdr


o cronista




09-4-2018

uteros prostituidos

 


xestación subrogada
din uns como eufemismo
ventres de aluguer
contestan outras

ventres e corpos de aluguer
e tamén se pode decir
prostitución dun corpo
dunha muller durante
nove meses nove seguidos
e as vintecatro horas do día

imaxe do 4 de marzo