Abril 2018

29-4-2018

boa e malaherba sementeira

 


nas terras de matamá
colectivo malaherba
a sementeira organiza
os plantíos e as colleitas

falades da malaherba 
pero as ervas non son malas
malos son moitos humanos
que o monte e a vila estragan

pola nosa tradición
malasherbas di a labrega
mais son solo inoportunas
molestando as boas ervas

a coroza vai co carro
erva boa é o centeo
e a madeira dos carriños
era bo carballo e freixo

debullada e muiñada
vacalouras e nogueiras
e mariñeiros no campo
moita vida a sementeira

a expresion ervas inoportunas
chegoume de raquel de freixo

vacalouras na segunda imaxe 

e hox segue sementeira e festa

con raices matamanicas
manolo pipas

29-4-2018

violadores xuices e nos

 


na cidade de iruña
de onde é a víctima
van tres días seguidos
de manifestacións de repulsa
na cidade de sevilla
de onde son os violadores
so sairon o primeiro día
vergoña e complicidade

en iruña oiuse berrar
os violadores exculpados
aos xuices hai que colgalos

o cronista


28-4-2018

pinceladas decrecentistas

 


movemento decrecemento
deixar de medrar como grupo
pararnos pois no presente
se queremos ter futuro
o camiño será decrecente

contra o colapso ecofeminismo
consumir menos crear máis
pero detrás vosa libros a centos
imaxino que mui poucos haberá
con papel reciclado feitos


neste mes de sementeiras

penso nos campos abandonados

nas ervas e froitos ventureiros

e en canto de fora que mercamos

sen saber o que levan dentro


a consumista educación
mui seria e competitiva
non deixa medrar as persoas
aupa a escola ecofeminista
ou mellor sairmos da escola


na palestra presentación
1 congreso de decrecemento
eo-navia galiza o bierzo
con iolanda teixeiro
e miguel anxo abraira
na libraría cartabón
foto josé ángel lago

quintetas manolo pipas


 

27-4-2018

xuices manadas guerras mural...

 


o mural feminista de pereiró
que fixeran as compas da marcha
mundial das mulleres días antes
da folga do 8 de marzo
foi violado estas semanas
por unha posible outra manada
de machistas e fachas onde
se cadra tamén ía un guardia civil
coma na manada sevillana
de cinco monstruos que violaron
nos sanfermines a unha rapaza

e hai homes tan violentos
coma eses cinco violadores
xuices que coas mans manchadas
asinan sentencias exculpandoos
dos seus delitos de violación
e miles de conciencias saimos
as prazas e as rúas a denuncialo
pero iso é mui pouca cousa

antes tamén saimos a denunciar
uns os bombardeos de siria
pola manada de trump e amigos
e outras a denunciar todas as guerras
dentro de siria e en palestina rusia mali ...

militares e xuices como se parecen
os xuices da manada e os xuices
que inventan delitos e meten presos
a independentistas galegos e cataláns

eses cinco violentos e violadores
devotos do ego e dos sanfermines
magoa non os levaran por diante
o dia antes ou o ano pasado os touros


o borrador deste texto foi
recitado onte no negra sombra
con poemas de abril marzo...
e outras loitas e afectos
graciñas maria e sabrina
polas voces das cativas
nos dialogos oaxaqueños

manolo pipas


26-4-2018

teatro polo 25 de abril

 


do meu caminho de figueirido
pras amadoras do figueiredo

caótica esta familia
uns monecos en pixama
na tola casa das merdas
pálidas caras e olladas
na obra do figueiredo
unha historia de fantasmas

logo do pase o coloquio
do autor e do seu tempo
o grupo teatro de vez
as palabras os acenos 
e unhas flores de abril
cravos brancos e bermellos

teatreiras minhotas
de arcos de valdevez
cruzastes o pai minho
o vintecinco outra vez
agardemos que voltedes
aquí pois o ano quen ven

teatro de vez coa obra a nobre
cauda de tomaz de figueiredo
na escola de idiomas

 

25-4-2018

abril consigna e promesa

 


vintecatro de abril sé
vieira cóntamos da forza
daqueles cravos bermellos
de como seguiu a loita
capitán de abril e maio…
o fusil deu paso a trova

nesta víspera a consigna
vintecinco de abril sempre
a promesa que nacéu
lá baixo no continente
cos oficiais máis novos
á dictadura rebeldes

nesta escola dos idiomas
caen muros e fronteiras
compañeiro da utopía
grândola vila morena
dalle a aperta a lavadores
de republicanas verbas

escrito e recitado onte
ao final da palestra
do mestre josé vieira

e na escola segue o 25

de abril as 7.30 con teatro

manolo pipas


24-4-2018

recital 26 de abril



ofrecéronme un recital
este xoves 26 de abril
o día despois o segundo día
da revoluçâo dos cravos
e é unha fermosa probocación
e algúns poemas da vila
morena compartirei con vós

da ría a grândola
de karnota a oaxaca
do courel a sierra madre
do miño ao atoyac...

xoves 26 de abril
café uf negra sombra
as 9 da noite recital
de manolo pipas

24-4-2018

feminista clube de lectura



o clube de lectura feminista da ciga
vai xuntando unhas poucas mulleres
algúns luns con prosas e poesías

hoxe combidaron a dous homes
a ler os poemas de sesé
versos para ela e outras mulleres
do solpor da lúa do mencer...

e joshu e eu fixemos unhas lecturas
e elas doutras voces leron textos
e logo fixeron un xogo colectivo
de silencios olladas acenos...
e falamos de nós e das creadoras
da sociedade e dos nosos tempos

manolo pipas

23-4-2018

a barriada o monte as vias

 


a faixa dos comuneiros
da combativa barriada de teis
entre a ría e o monte golpeada
e dividida por estradas autopista
e polas vías do ferrocarril

a faixa dos comuneiros sae
das vías a beira dun vello comboio
dos tempos de cando eran algo nosos

en compostela



22-4-2018

por un monte e rural vivo 2

 


adeus rías  adeus montes
escribiria hoxe rosalía
polo pobo que voltou emigrar
e pola terra que nos arrasan

salvemos vilar da fraga
baroña borreiros e nogueira
montes da lanzada e baredo
e coiro e teis... van nas faixas

e a faixa do río verdugo
pasando polo casco vello
recibe a solidaria aperta
da fonte das praterias

meixónfrío esta mui quente
touro quer gando e non minas
adeus rías e adeus montes
escribiria hoxe rosalía

e eu repartin 150 copias
dalguns poemas do freixo


manolo pipas 


21-4-2018

no freixo as nenas e o plantio

 


     a terra non é
     unha herdanza dos nosos pais
     é un préstamo dos nosos fillos

                   proverbio indio

 


freixo venres pola mañán
cento cincoente tantos pequenos
dun colexio chegan con algunhas
cativas árbores e arbustos do pais

nenas e nenos en varias rodas escoitan
as monitoras da natureza e aos mestres
e nalguns momentos aos vellos do freixo
e axudan a plantar os pequenos vexetais
carballos castiñeiros acivos ...
coa laia facer o buraco botarlle
unha paletada de rica terra
poñer o cepellón levarlles auga
protexelas do sol cuns ramallos
carrexar restos da tala de arcolitos …
e a rapazada toma o bocadillo
xoga no monte e manchase de terra
...

o colexio dos salgueiros choróns
chegóu a freixo co grupo alecrín
e o colectivo veciñal changrande

na bouza cova

 

20-4-2018

a visita e o roteiro

 


          a xosé manuel muxicas

camiñamos auga abaixo
o  roteiro  do  amial
muiños de vilaverde
desta tribo de zamáns

os queridos amieiros
van polas beiras do río
as acuáticas raices
tamén son un desafío

xa se cheira a primavera
dous amigos de paseo
a visita con retraso
deunos un bo parrafeo

camiñamos xa de volta
no roteiro dous amigos
escorrega caladiña
unha cobra polo río

as árbores van gomando
co seu compás cada unha
con muiñeira con valse
as follas fannos preguntas...

manolo pipas