Maio 2018

14-5-2018

a penya as paellas as apertas



ollo para a redonda paella
logo vós a puxerades na mesa
e os que estabámos darredor dela
dela fomos comendo coa cullera

a comunitaria sensata penya
circulares moitas das nosas formas
a exposición a festa a viaxe redondas
o solpor ... as nosas sensatas apertas

ate logo valencia


13-5-2018

carmen turia casinya

 


esta pouco sensata cidade
caminya poc a poc entre paellas
e a memoria do vello turia vai
nas árbores da súa ausencia
o pai río que algunhas veces
tomara a cidade con violencia

as torres de serrano e quart
como un teatrillo de plastilina
os toristas son como ninotets
neste barrio das carminyas

a casa máis pequena de valencia
no carrer do museu que linda
retratada por tantos ollos e mans
a morada de mininos e felinas

pepitas


12-5-2018

sensato e demolicio

 


nesta terra dos pascuales
percíbese que están de festa
pero nós imos pola marxe

presentada a exposición
fomos ao terceiro tempo
coa penya desmolició

como ninotets de plastilina
sensata desmadrada penya
moi cargados de enerxía

a penya demolició nun baixo
como un furancho de barra libre
dos compas do noso pascu



esquivando as barreiras

hox sabado mais exposición

e foron ponyer o colofón

unhas sensatas paellas


pipas


12-5-2018

respiramos co pascu

 


o home sensato
tinya un papel na cabeza
un lápiz un zapato
na cabeza unha nube
un sol un garabato ...
seica el tinya a alma nos pes
entre monecos o animador
coa alma nos pes caminyaba
paseninyo de vagar poc a poc

o malabarista
o home sensato
pascu regaloume un día
un nariz de paiaso
e ensinóume unhas postais
para que escollese unha
e pascu sabía tamén
que eu caminyo
que todas nós caminyamos
máis coa nosa alma que cos pes

respira pintóu pascu
a un home cos pulmóns
dos dous continentes do sur
e eu respiro e respiro
co seu debuxo na minya camisola

a exposicion e o catalogo
da sua obra foise facendo poc a poc
entre valencia vigo vila-real...
os apuntes os bocetos os cadernos
as postais os monecos as peliculas
os traballos persoais as colaboracions
os traballos colectivos as plastilinas
animadas que se cadra somos nos
a obra do noso compa sensato pascu


sensato pipas


 

 

11-5-2018

historias na ciutat vella

 


                      a nuria bego e chema


na cidade de valencia
pola noite revivindo
visitas na ciutat vella

historia d'este na manola
o pintado e o repintado
vintecatro anos d'historias

as viaxes do mencer
o mercat prazas e ruas
e a llotja de mercaders

as amigas admirando
detalles do arte gótico
desde a horta dos naranxos

van chegando novos compas
e uns imos de avanzadilla
para ver a sensata obra

...

manolo pipas



10-5-2018

pasado solpor



teño unhas poucas fotos
deste solpor do pasado ano
pero non lembro de que mes son
a memoria e o tempo amigos estraños

por canido

 

 

08-5-2018

sensata obra do pascu



el hombre sensato
pascual pérez pascu
o componyedor d' historias
parece que tinya tres mans
para nós reparadoras

o home sensato
de cabeza tinya un papel

un lápiz un zapato
na cabeza unha nube
un sol un garabato ...

11 de maig 15 de juliot
el convent  espai d'art
carrer hospital 5
vila-real



08-5-2018

tres gatos no solpor

 


tres gatos da rúa
nesta hora do solpor
logo o tempo da lúa

praza do abanico

 

 

07-5-2018

daquel maio do 68

 


maio do sesenteoito
explosiva a rebelión
de estudantes e obreir@s

e xa van cincoenta anos
baixo os adoquins a praia
fantasia que pouco duróu

parís sesenteoito maio
proibido   proibir
e seguiron proibindo

dez semanas que fixeron
tambalear a francia
pero reforzaron o estado

mil novecentos sesenteoito
parís praga méxico vietnam…
e o mundo foi para peor

o cronista

07-5-2018

de villares e villanas !?

 


mareas altas e baixas
van as novas entre os vellos
mal unidos tres podemos
e o villares e a villana?

comúns neocastas bases
iglesias santos e ateos
atlánticas e abertos
os villanos e o villares?

travesías e atrancos
no instrumental partido
de desafinados picos
de villanas e villanos?

círculos rodas pinchadas
consultas e filtracións
pra que siga esa función
do villares coas villanas?

o cronista


05-5-2018

entre cordas acampada

 


poesía e canción
entre unhas cordas verticais
locen libres estas artes
contra a vertical exclusión
a acampada están a apoiar
a comunalidade

eilún e iván punto nemo
pola acampada contra
a pobreza no bar josefina

manolo pipas

 

05-5-2018

as feministas seguen na rua



as feministas seguen nas ruas
berrando contra toda agresión
a manada somos nós

os cinco fanse chamar a manada
e non pandilla ou cuadrilla
e sabemos que é porqué
arrasan por onde van

tamén hai manadas de xuices
que non queren ver o delito
dos violadores

cada oito horas violan
a unha muller neste estado
se e machista non e xustiza