veño das terras de coia
da memoria do xuncal
xunqueira de pontevedra
mui bos días boas mañáns
de perto ven o servando
de bembrive e valadares
fiaremos as historias
entre versos e cantares
cando chego a pontevedra
en autobús ou comboio
saúdo aos freixos do gafos
totémicos do meu pobo
nesta xunqueira do lérez
lindo palco entre máis freixos
eles con outras frondosas
perderon moito terreo
do país dos arkolitos
somos fillos sen querelo
no pais do chapapote
nós netos de rosalía
aquela grande poeta
sería independentista
neste estado das manadas
nós imos coas feministas
pinceladas do recital
co servando barreiro
no instituto da xunqueira
con cravos bermellos
viaxes a oaxaca e chiapas
e a republica catalana
manolo pipas