verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
penso nas historias gregas
dame o sol no meu caderno
onde nacen estas letras
escoito cancións helenas
ítaca lesvos i smirna
coas súas milenarias lendas
esas musas e outras deusas
os buzukis os sirtakis
afinados coas estrelas
esas salgadas conversas
enredados laverintos
na mariñeira taberna
debaixo dunha figueira
un poema de kavafis
recita nikos a fedra
e penso na traxedia grega
de miles de refuxiadas
que vomitan as mareas
europea e global traxedia
ítaca atenas idomeni
cantos soños cantas perdas
coa rede de refuxiadas
onte no de catro a catro
con outros poemas
entre ceuta e atenas
xa publicados neste espacio
manolo pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)