Marzo 2018

31-3-2018

araucarias casona semaforo

 


estas grandootas araucaarias
a finca e respetable casoona
e o chiquito semáforo
que vós case non vedes
que me di que non pase

30-3-2018

llanera non rima con junqueras



as palabras son caprichosas
pero mais caprichosas son as persoas
as palabras poden facer dano
pero as palabras non son malas
como moitas persoas

llanera é o apelido dun xuiz
e seica llanera parece
que rima con junqueras
pacifista que meteu en prisión

a persoa da imaxe preguntalle
a llanera se ten nai
a coitada nai apelidase conde
conde é apelido da nobreza
de cando os nobres tiñan
un dereito de pernada

de violar as chamadas servas
e llanera-conde agora parece 
que viola cada día cada noite
a ética democrática
e republicana de catalunya

conde é o segundo apelido de llanera
e vies o segundo apelido de junqueras
vies vidas é unha palabra de esperanza

o cronista



28-3-2018

tenras follas

 


as noviñas e tenras follas
o tenro e delicado verde
dos carballos da bouza

envolventes

 

 

 

26-3-2018

máis represió en catalunya

 


xa perdimos a conta
dos presos políticos cataláns
nas mazmorras de eeeeespaña
e todo porque non os deixan votar

xa perdimos a conta das persoas
que hai en liberdade condicional
logo de pagar desorvitadas fianzas
en espera de inxusto xuizo

xa perdimos a conta
das que están fugadas-exiliadas
e onte foi retido en alemaña
o lexítimo president de catalunya

e a represión nas rúas segue
un cento de ferid@s seis detidos
pero os represores do pp
co aopoio de psoe-cs
non teñen espacio nas prisións
franquistas e borbónicas
para os miles de activistas
co procés de independencia
e os seus millóns de votantes

manolo pipas


25-3-2018

elefantes en coia



a elefanta de papel visita
as terras queridas do elefante
e ollando ao barco comenta
é moito máis grande ca nós
e que triste está na rotonda

esta elefantada itinerante

co seu vello baúl cheo de libros

sauda ao querido alfageme
pasan varios paso-cebras
e pensan nas amigas jirafas
nas gacelas e nos baobabs...
e chegan a este lugariño
que moitos chamades a parro
levantada entre os lugares
da cadela e das presas
para as vellas e vellos de coia
onde se candra en tempos
máis antigos tamén habitaban
outros simpáticos intelixentes
e xustos grandotes elefantes


recitado na presentación
do solidario libro de relatos
elefantes de papel de maría
salinas e berto o pirata
onde algo máis brotóu

desta tola cabeciña 

manolo pipas



25-3-2018

do pais das cinzas

 


o país das cinzas
das neves a ribadeo
país dos lumes galiza

o país dos arcolitos
do(s) freixo(s) a ponferrada
de carballeda a carballiño
ten torcida a camiñada

terra que foi dos carballos
dos freixos dos castiñeiros
esmorece sen frondosas
camiña cara o deserto
pero podemos mudalo
aínda estamos a tempo

un pais de cinzas documental
de galizacontrainfo presentado
polo colectivo veciñal changrande
onte no freixo logo dunha andaina
polas cinzas e verdes das amieiras

a ghaspara o maruxento...

o neto do freixeiro
 

24-3-2018

solpores arbores

 


en mui poucos días
coas follas das árbores
os solpores serán ben distintos

foto de hai dúas tardes



23-3-2018

iria feridas e artes

 


iria bragado amosa
algunhas das súas feridas
con poemas colaxes e debuxos
conta do sangue da familia
e conta da súa vida e sombra
xusto debaixo do verso de rosalía

as raices
a infancia a escola...
a parella e a criança
e iria cos seus ismos e loitas
eu que nacín onde nace a auga

e cantóu a compañeira
en cuarteto e ela soa
compartiu certeiras verbas

iria bragado onte
no uf negra sombra

manolo pipas


22-3-2018

mais vigo insolidario

 


a veciñanza de chapela
aldea de redondela pegada a vigo
e mais perto de nós que dos choqueiros
achegouse a praza do concello vigués
para protestar por ser excluida
da rebaixa do transporte urbano
privado subencionado de uso público
e a reposta do goberno municipal
foi poñer a cinco camions de bombeiros
a facer maniobras dentro da praza
estragando os nosos cartos

escoitei aos portavoces d@s veciñ@s
comparar ao gobernante municipal
co seu mestre odiado-amado
ex-alcalde da coruña paco vázquez
e falar de localismo e enanismo
e adicarlle outras palabras
ao pp-feijóo mentres camiñaban

cara o edificio da xunta


ke carallo pasa
que nos botan do vitrasa
o concello de vigo e a xunta
é unha desfeita conxunta

ou algo así berraban

ese vigometropolitano !?
é un vigo insolidario

o cronista


22-3-2018

da lingua de paco barreiro

 


a lingua de paco barreiro
xoga e xoga coas palabras
as cordas os xogos acompañan
conta recita e canta beixos

do seu maxín as historias
desde navia a lavadores
o da lingua e os seus amores
o po os fados as carambolas

meu amigo paco barreiro
que as palabras tan ben afinas
gostaría muito o neira vilas
que sigan mui ben eses beixos

do recital de onte
na biblioteca neira vilas

onde presentóu o libro

beixos de lingua e outros

traballos inéditos 

manolo pipas


20-3-2018

raices arbore primavera



as raices deste tronco das américas
na praza-alameda de compostela
que non sei se ten algúns álamos
as raices do grandote magnolio
neste urbano xardín botánico

raices árbore equinoccio
ese grande ritual e festa

en terras de mesoamérica...

pipas



19-3-2018

a nena e a mordaza

 


cando unha nena ten
que se manifestar
e protestar
imos mal

cando unha nena
ten que tapar a cara

imos mui mal 


cando unha nena 

ten poñerse unha mordaza
é que o presente está mui mal
e o futuro ameaza ir peor


da concentración de apoio
a insurxencia e todos
os artistas represaliados
o pasada noite do sabado
imaxe galizacontrainfo