Marzo 2018

18-3-2018

os fados dos ninguens

 


din que o fado é canción
melancólica e triste
que sorrí sorrí pouco
pero non sempre é asi

e o fado acompáñase
pola exposición de fotos
do vigo que (non) sorrí
de aaron diez con palabras
e reflexións de cristian lópez
nesta praza tamén frecuentada
polos excluidos que se sentan
e que se deitan neses bancos
e que ás veces son botados
por tambores de guerra

unha voz e dúas guitarras
a menina e os meninos
agora botan fados alegres
misturados co flamenco
e as fotos polos activistas
portadas que se moven
acompañando a música

o fado e o flamenco
eses lamentos dos ninguéns


actuación de meninos
no festival nun lokal
na terraza do cosmos
co colectivo os ninguéns

manolo pipas

18-3-2018

alberto mvundi e familia

 


alberto mvundi musseque
longa a viaxe sonora
coa marguinha e o gael
ritmos e cantos de angola

nesta taberna a mina
música angoleña mana
entre cuncas e pucheiros
arzúa vigo e luanda
no festival nun local
xa moitas cantan e danzan
non queremos máis tristesa
alegría terra amada

e voaron paxariños
nas mans da cativa xela
entre contrabaixo e a mina
alegría amada terra

manolo pipas


17-3-2018

cos nosos pensionistas

 

 

louvanza afectos e apoio

pra xubiladas e pensionistas


o meu pai a miña amiga
o teu avó a vosa tía…
nos nosos maiores camiña
a memoria das nosas familias

logo de moitos anos de traballo
conseguiron a xubilación e pensión
esa conquista da clase traballadora
e non un regalo dos de arriba

xubilados ven de xúbilo de alegría
e pensionista ven de pensión
de cobrar algo que se cadra con pouca
alegría foi antes entregado á forza
ano tras ano entre penurias

o meu pai a miña amiga
o teu avó a vosa tía…
logo de moitos anos de traballo
conseguiron a xubilación e pensión
e moitos queren queredes chegar
a ser pensionistas algún día
pero o pp e o seu amigo o psoe
como sigan arrasando co pais
logo so haberá pensión
para os poucos de arriba

pola defensa das pensións públicas
o público radicalmente distinto do privado
pero non queremos ser un público
que está mirando un espectáculo
mirando como nos recortan as pensións
logo de recortar sanidade educación 

cultura…  pero non recortaron
a monarquía o exercito e o clero

a gañancia de anos de loita
é arrasada polo privado                        
e doeme ver aquí tantas siglas deses
sindicatos que venderon a clase
traballadora á patronal e pp-psoe

o meu pai a miña amiga
o teu avó a vosa tía…
nos nosos maiores camiña
a memoria das nosas familias

loubanza afectos e apoio
para as nosas persoas maiores
por unhas pensións sociais e dignas

texto lido hox na manifestación
do modepen na defensa das pensións

manolo pipas


15-3-2018

arquitecto da palabra farruco

 


farruco sesto novás,  
meu compa bolivariano
coñecinte nun teatro
entre o verso e o cantar,
entre as rías e o palmar       
arquitecto das palabras
na homenaxe ao che guevara
nunha noite feminista,
grande o farruco chavista
desde coruxo a caracas

esa mente sempre esperta
as pérdidas e os temores
as fatigas e os fulgores
luna interior porta aberta,
rosalía  como  esencia
encontros marcas no tempo
gráficas canto e desexos
por galiza e venezuela,
coa fouce e coa estrela
poeta farruco sesto

 

décimas aventadas

na noite na presentación 

do faladoiro do farruco

no bolivariano consulado

da república de venezuela

en cursiva nomes e títulos

da súa obra poética

manolo pipas


15-3-2018

lua e muller de farruco sesto

 


IRMÁ LÚA


O LADO NOCTURNO É O MÁIS DENSO DA MOEDA.
Resgarda os sentimentos e as respostas.
Cobexa as intuicións e receos.
E con moito coidado entreabre as portas.
Cando a noite cae, o alonxado non sae da casa.
Busca o tesouro en si, as anunciacións en si.
Trata de iluminar a noite cos seus poderes.
A carón mesmo da escuridade.
Recolle a noite no seu corazón, interrógaa.
Non se move por ela, non se traslada.
Fai unha cova, un campamento, un mundo de sombras.
Unha pequena revolución insonora.
O lado nocturno é o máis forte, o máis terrible.
O lado nocturno é o máis claro desta persoa.


A MULLER QUE BAILA

A MULLER QUE BAILA IGNORA A SÚA FORZA.
É pedra. É auga. Pero non o sabe.
Dobra o mundo. Esnaquízao. Invéntao
de novo a cada paso, en cada volta.
Fai un nó colectivo de vágados
en que naufrago,
pero onde aboia a miña soedade
como un residuo quedo e perdido.
A muller que baila faime máis triste,
faime máis pobre, vaime quitando
todo.
Ela é a luz e todo o seu poder.
Eu son apenas pó baixo os seus pés.
Ela é a pedra, a auga, en movemento.
Pero non o sabe. Non quere sabelo.


Farruco Sesto Novás
 
poeta arquitecto e político
galego-bolivariano

que participóu o venres

na homenaxe ao che guevara

imaxe en compostela
textos dos libros isolda
e cuestión de nomes


14-3-2018

feministas estampas 2

 


amigas feministas

teatreiras folkloristas
con mandil e sen mandil
nas  rúas  a  resistir
as amigas feministas,
estas loitas con aristas
van facendo a sementeira
que nazan medren as ervas
con coidados auga e sol,
con lenta maduración
logo a ver a recolleita…


santón e mandil

o santón da ramallosa
recibiu un agasallo
o mandil das feministas
o pasado oito de marzo
agradecido o santiño
a esas ghichas en comando

mentres moitos non escoitan
pola ramallosa baixan
entre pedras baixo a ponte
sempre as fértiles augas...

 


sandra gloria se e chus
na folga do oito de marzo
pedironme as feministas
que lles sacara unha foto
anxeles comando ghichas
mandoume a outra imaxe
pedindome unhas rimas

o cronista


12-3-2018

entre compas libros e loitas

 


unhas poucas horas en compostela
logo dos pletóricos… 4…8 das marzas
e paróu a chuvia e paso polo teatro
pechado agardando a homenaxe ao che
e sigo camiñando as pedras e seguindo
unha imaxinaria e real ruta dos mandiles
das mulleres colgados dos balcóns
coma novo símbolo da súa loita
e por fin podo coñecer a poética
libraría chan de pólvora e atopo
ao quico valeiras no seu mostrador
escritor que coñezo do tangaraño...
e platicamos do espacio e cóntame
que sustitue ao poeta eduard velasco
que voltóu coa súa compa e escritora
alicia fernández e criança para barna
e merco o poemario ruído de trens
do catalán-galego e déixolle
dous dos meus libros no andel

volto ás rúas de mandiles
nalgúns balcóns e paredes
e lévanme ao meu ritual
de visita á feminista libraría
lila de lilith e a patri porto amiga
desde aquel tempo da insubmisión
e das radios libres e conversamos
das pletóricas xornadas no país
que ten preocupado ao machismo
e lévome os (in)surgentes versos
de perra tumba da súa tocalla
cántabra patricia fernández

regreso ao camiñar pola pedra
e de vagar vou seguir entre prendas
cara a homenaxe ao che guevara
e chamo por telefone a avoa poeta
luz fandiño que está pachucha
e non pode vir recitar con nós 
pero está algo mellor e dígolle

que xa botaremos nós o seu poema

e sigo camiñando e atopo a compas

baixo os soportais nunha mesa

á esquerda do teatro agardando

por máis guevarian@s

e outras xentes de ben


manolo pipas .



11-3-2018

montes en man comun e nos

 


veciñanza e montes en man común

os montes en man común chamaron
a unha xornada
na defensa deste medio andando
coa veciñanza

en camos no val miñor en terras
da camoesa
polos montes comunais na defensa
da floresta

a nosa terra castrexa este país
das frondosas
non atura os arcolitos e non
quere a celusosa

os montes en man común son seña
de identidade
do país dos dez mil rios mais non
chove coma antes

camoesas e amigos a veciñanza
co monte
debe camiñar da man e que a xunta
tamén escoite

unhas poucas revoltosas destas
terras miñoranas
sementaron e regaron no monte
e na veciñanza


pinceladas da xornada comunitaria ecoloxista

o roteiro sobre o río matos ou táboas
empezóu rodeado de arcolitos queimados
pero a beira do camiño florecían ervas
e do media delas sairon cara arriba
unhas saramagantas rabilongas a saudarnos
longas as rodeiras no granito memoria
de centos de anos de carros de bois
e chegando ao muiño un pouco de exuberante
verde dos restos do antigo bosque de laurisilva
con outros vexetais o equilibrio de loureiros
fentos rascacús carballos salgueiros...
a natureza co seu exemplo

a hoxe comunitaria camoesa do val miñor
enchese de poemas e relatos visuais
paneis de murais na defensa do medio
e volvoretas de papel e árbores de cartón
que fixo a rapazada dos colexios

e o comunal mural cerámico

cos vexetais do monte galego 

pláticas conversas traballos
en grupos e postas en común
contos xogos obradoiros silvestres

artes aves e dragóns de papel...
polos montes en man común
xantar e sobremesa e documentais

un espontáneo fóra coa motoserra...
e mais traballos e a festa en común

o marce puxo ricas rimas
nas presentacións con agarimos
e retrancas miñoranas e takadunas

a danza gondomareña de rapazada
e adultas vestidas de abellas e volvoretas
cervas corzas e outros queridos animáis
do bosque do monte e do imaxinario

cé orquestra pantasma é mais ben
un bruxo das historias e das danzas
saído dun profundo bosco do freixo
que mesmo se atrevéu a cantar
as miñas cativas vexetais rimas

malavares e brincadeiras atlánticas
das cidades e dos bosques da ría
e das selvas do brasil a saco circo

e seguiron as cantigas da terra
as do caravillas con bailes
do comunitario público

e eu botei algúns destes versos
poemas dos lumes e palabras
para as mortas do mal-goberno
e os montes de freixo matamá...

e polo galiñeiro o aloia a groba...
graciñas beti miguel brezo
anxeles dani geles laura...
e toda a asemblea 

imaxes david vera
e afonso maravillas
texto manolo pipas


10-3-2018

che guevara a tres voces

 


che guevara décima

nove de marzo guevara
nesta noite feminista
nós internacionalistas
de compostela a la habana,
sierra maestra santa clara
ese gran lagarto verde
camiña pola rompente
che guevara comandante,
nestes tempos máis sangrantes
máis razóns pra ser rebeldes


che indixenista
o che buscando as súas antigas raices

nas súas longas viaxes americanas
o médico ernesto que aínda non era che
logo de visitar leproserías gostaba ir
as construccións dos pobos orixinarios
e co seu asma subiu ao inca machu picchu
visitouno nas dúas viaxes e na primeira
estivo alí varios días sentindo aos antigos
e baixóu ao val e cunha balsa
e co seu compa granados acompañóu
as augas do urubamba e amazonas
e pasóu do perú a colombia

tango-mango púxolle de nome á balsa
unindo o templado ritmo rioplatense
co caribeño cálido ritmo cubano
anos antes de coñecer aos barbudos

na segunda viaxe americana
o che en bolivia entróu pola porta do sol
do tiahuanaco e remóu no lago titicaca
e na selva de guatemala foi escoitar
as antigas construccións mayas de quiriguá
e en méxico camiñou en chiapas e yucatán
os centros arqueolóxicos de palenque
uxmal e chichén itzá buscando
as antigas raices americanas
antes de sumarse ao grupo do granma

e zarpar pra cuba desde a costa mexica ...


versos de idea vilariño


Digo que no murió
yo no lo creo
-no lo dejaron ver por el hermano
y lo dieron por muerto tantas veces-
y además
como morirse el Che
cuando quedaba
tanta tarea por hacer
cuando tenía
que recorrer la América Latina
hermoso como un rayo
incendiándola
como un rayo
destruyendo y creando
destruyendo y creando como en Cuba.
Que iba a morirse el Che
qué va a morirse el Che

...

uruguay 1967


Poema de Luz Fandiño

50 anos do seu rotundo fracaso.
Asasináronte,
máis de cada pinga do teu sangue,
sen eles sabelo
sen querelo,
fixeron a sementeira
do teu valor innegábel
do teu solidario
e altruista exemplo.
Non foi so unha rosa:
das túas arterias xurdiron
e xorden vizosas e
arrecendosas roseiras
que por todo o planeta
ensalzan e louvan o teu nome
inmorrente:
Comandante Ernesto (CHE) Guevara,
quixeron borrar da historia
o teu nome
e na memoria do mundo enteiro
ficóu grabado.


décima e rimas guajiras

che guevara comandante
che argentino e cubano
din que van cincoenta anos
que foche preso en combate,
asasinado mais lates
dos andes ao malecón
e hai pouco fidel marchóu
contigo e con camilo,
e volvestes ao turquino
que viva a revolución

che memoria che presente
de rosario a santa clara
polo inmenso continente
camiña ernesto guevara
coas excluidas xentes
de bolivia a la habana
che memoria che presente


poemas recitados na homenaxe

cos textos che poemas e cantos
ao che con carlos tablada
e ernesto guevara sempre che
xa publicados nestas ondas

e unhas palabras para fidel

e os tamén moncadistas

abel santamaría e pedro trigo 

fotos de xosé collazo 

manolo pipas


09-3-2018

che poemas e cantos

 

 

para escribirlle ao che
lin e relin algunhas pasaxes
da súa intensa pero curta vida
olléi algunhas fotos
lin poemas que probocóu
desde celso emilio a neira vilas
de pablo neruda a idea vilariño
e sobre todo escoitei
e escoito os cantos ao che guevara

hasta siempre comandante
de carlos puebla y los tradicionales
e outros tres cantos que lle fixo

zamba del che de ruben ortiz

que popularizóu víctor jara
hombre de silvio rodríguez
con la adarga al brazo
de frank delgado
coloquio en che mayor
de vicente feliú
soldadito boliviano de nicolás
guillén e paco ibáñez
hasta la victoria de anibal
sampayo e merdedes sosa ...

che o poeta para barnet e milanés
o aparecido para víctor jara
o home novo de daniel viglietti
che o fillo da era de silvio...

e especialmente
agora estóu a escoitar
o instrumental de eduardo
carrasco e quilapayún
elegía al che guevara

vémonos logo na homenaxe
no teatro en compostela

un que fai versos
e fixo radio


08-3-2018

8 de marzo mandil e folga



o mandil é un simbolo
do traballo non pagado as mulleres
da falla da colaboración dos homes...
e da loita contra o machismo

desde hai días o mandil
colga de muitos balcóns
hoxe algunhas llo puxeron ao home
e moitas sairon a manifestarse con el
e algunha facendo servicios minimos
no seu traballo que non é de cociña
atmén puxo o mandil

na mañán pecharon alguns locais
e moitas mulleres fixeron folga
e algúns machistas golpearon
os cartaces das nosas compas
e a presencia dos represores
uniformados nas rúas centricas
era desmedida e insultante
porque o machista poder lles ten medo
e os centros comerciais e a banka
son algúns dos que mandan neste pais
e miles de mulleres encheron as rúas
concentracións que improvisadamente
se convertiron en manifestacións
en sentido contrario as outras marchas…

e na noite moitas máis volvestes

ocupar as vosas prazas e rúas

coa necesaria protesta e raiba

e cunha enerxía e imaxinación

que os homes non temos


en todo o país e noutras terras

unha grande proposta feminista

algo está pasando e que siga


o voso compa


07-3-2018

8 de marzo en feminismo

 



8 de marzo
para unhas e uns o día da muller
para outr@s o día internacional
da muller traballadora
para moitas de vos
e para min tamén
o día do feminismo

organizacións de 170 paises
convocan paros feministas
e incluso folgas xerais

e as que poidades
faredes folga de coidados
de consumo e laboral...

eu reducirei o consumo 

e se pido un café

eu tentarei que non

me sirva unha muller


o voso compa