Marzo 2018

06-3-2018

feministas estampas



unha rapaza non quere
sair na foto e tapa a cara
e a súa compañeira sorrí
a quen o seu debuxo retrata

 


na carpa entre un pase e outro
contra a violencia machista
as percusións das batumeigas
son armas de construcción masiva


o colgado mandil na carpa
a prenda do traballo non remunerado
a símbolo do paro enriba das compas
rematando a xornada ben alegres
na festa feminista no berbés

sesé e todas elas na memoria



graciñas asemblea galegas 8M
ogallá este xoves oito de marzo
sexades e paredes moitas


o voso compa




05-3-2018

homenaxe ao che

 


homenaxe ao che guevara
nos 50 anos do seu asasinato
trova poesía e máis memoria
o venres 9 as oito da noite
no teatro principal
rúa nova de compostela
con entrada libre

poema de luz fandiño

cantos de mini e navia rivas
e roberto sobrado orlis pineda

palabras de carlos tablada

valentín albite farruco sesto

iria sobrado manolo pipas 

jose antonio solana...

organiza
comité nacional galego
ernesto che guevara


04-3-2018

feminista 4 de marzo

 


somos as netas das batumeigas
que non pudestes calar
é o primeiro pensamento
que me atopo na manifestacion
nas costas de ducias de rapazas
e non paran de tocar e cantar
mulleres contra a guerra
mulleres contra o capital
mulleres contra o machismo
capitalismo neoliberal
miles de persoas e ducias
de autobuses nos que chegaron
de todo o pais as netas das marías
soliña castaña balteira …
e leo nas faixas e cartulinas
moitas duras verdades
-se nós paramos, o mundo para
coidémonos entre nós
-non quero o teu piropo
quero o teu teu respeto

-se non estás pola solución

formas parte do problema
-non estamos todas faltan as presas
-en marcha até que todas sexamos libres

-a revolución será feminista ou non será


levabades tempo traballando
puro activismo para esta xormada
do feminista catro de marzo

preparando o oito en folga
e mesmo algunhas non puidestes
achegarvos a manifestación
axeitando no berbés o espacio
o xantar a festa ….feminista

a música danza o teatro 
a palabra dalgún país do sur
e non sei o que din
pero sei que é o canto
das mulleres e da nai terra
e logo do xantar veu a palabra
das poetas na lingua de rosalía
e máis canto batucada danza ...


graciñas asemblea mulleres 8M

ogallá este xoves oito
sexades e paredes moitas


04-3-2018

nos 15 anos da revolta

 


quince anos da revolta
da revolta do berbés
nesta ría nestes tempos
tantas veces do revés

nesta rúa dos cantares
rosalía certas verbas
e seguimos resistindo
na nosa terra extranxeiras

quince anos pola matria
e con compas na prisión
so por defender a lingua
e a cultura da nación

desgarradas esas voces
os ventos coiros e cordas
a cançâo de intervençâo
interviu ben na revolta

pipas


03-3-2018

ao che con carlos tablada

 


o mestre carlos tablada
antes de falar do che
di que queremos saber
daquel rebelde guevara

preguntan os compañeiros   
dualidade da moeda
e por aquelas conciencias
con tan arriscados feitos...

esta plática xa avanza     
dos tempos da independencia
aos bloques e tantas guerras
e a semente do moncada

aqueles tolos do gramma

e grande a sierra maestra

pactos e soberanías
armas e supervivencia
as viaxes do de la serna
ese che e as utopías

carlos puxo poesía

entre cidades e serras
….

logo entre viños e augas
platicando nós seguimos
do che fidel e camilo
e as aventuras cubanas
graciñas carlos tablada
pola conversa e o libro


el pensamiento económico
del che por carlos tablada
libro presentado en andel
vémonos en compostela
o venres na homenaxe

manolo pipas


02-3-2018

polo bosque e o monte

 


protección do bosque autóctono
proposición de lei
por iniciativa lexislativa popular
para a protección e mellora
dos habitats do bosque autóctono
a racionalización da xestión
do monte e a loita contra
os incendios forestais

resumindo
menos arcolitos e amigas
e control das súas plantacións
favorecer as frondosas do país
e prevención dos lumes

presentada a proposta
por colectivos en defensa da terra
asinémola para levala ao parlamentiño

cousa de raices si
de sementar de educar ...

 

01-3-2018

o marco museo vivo

 


o noso marco querido
antes xulgado e prisión
lugar das concentracións
nós querémolo ben vivo

o noso marco museo
coa súa historia nas artes
hoxe xoguete do alcalde
pra seguir co seu panfleto

esa cidade fermosa
pra nós a cidade inxusta
o marco quere cultura
e as súas pedras son nosas

a ver alcalde responda
que lle vai facer ao marco?
algo parecido ao barco
tiralo nunha rotonda?


o noso marco querido
antes xulgado e prisión
lugar das concentracións

ten que ser museo vivo

o cronista