os versos das chirivitas

17-9-2011

de ondas e nubes




a maré

está moi baixa
nesta mañan gris
da urbana praia

tamen as nosas ondas
parece que se retiraron
moito desta volta

tamen a maré baixa
ten un punto de tristura
e mais hoxe con pouca luz
por estas nubes escuras

o pasado domingo

21-2-2011

ano dos bosques


o meu ano tamen é o dos bosques

escribicheme con palabras como follas
a tua musica agora me acompaña
e entre tema e tema o vento nas arbores
que tamen me quere arrolar
me quere arrolar

a ti cun libro nas mans agarrache o sono
mestres eu escribo velado e desvelado
o frio o vento e a chuvia en colectivo
compañeiros do inverno e das arbores
que agardan outra primavera
outra primavera

éste tamen é o ano dos bosques
fermoso verso e titulo para un poema
unha protesta e promesa un manifesto
un fillo unha arbore un libro
escribira aquel poeta
aquel poeta

no ano da gata
e dos bosques

un hijo un arbol y un libro
verso do cubano josé marti


24-8-2010

a torre as caracolas e a lua

baixo vento e poalla
xs catro collidos da man
cruzamos a maldita ponte
pero na entrada da illa
habia unha barreira
e baixamos ás rochas e o areal
a xogar e recoller caracolas
porque eramos poucos
para derrubar a torre

esta noite hai lua chea
e cecais ela e as caracolas
teñan algunha resposta
para as tuas preguntas
chirivita




Distribuir contido