o meu ano tamen é o dos bosques escribicheme con palabras como follas a tua musica agora me acompaña e entre tema e tema o vento nas arbores que tamen me quere arrolar me quere arrolar
a ti cun libro nas mans agarrache o sono mestres eu escribo velado e desvelado o frio o vento e a chuvia en colectivo compañeiros do inverno e das arbores que agardan outra primavera outra primavera
éste tamen é o ano dos bosques fermoso verso e titulo para un poema unha protesta e promesa un manifesto un fillo unha arbore un libro escribira aquel poeta aquel poeta
no ano da gata e dos bosques
un hijo un arbol y un libro verso do cubano josé marti
baixo vento e poalla xs catro collidos da man cruzamos a maldita ponte pero na entrada da illa habia unha barreira e baixamos ás rochas e o areal a xogar e recoller caracolas porque eramos poucos para derrubar a torre
esta noite hai lua chea e cecais ela e as caracolas teñan algunha resposta para as tuas preguntas chirivita