contan que na entrega do pazo de meirás ao dictador alá polos primeiros anos corenta pazo mercado por suscripcion popular pero por familias obrigadas a poñer os cartos contan que nesta enesima entrega dun espacio publico ou privado ao dictador darredor do pazo habia moitas bandeiras para crear o ambiente necesario e logo do acto na mesma noite desapareceron misteriosamente case todas uns poucos dias despois nas casas dos arredores empezaron a aparecer nos tendais das veciñas bragas bermellas e marelas e das duas cores que neses tempos de escasez non se podian rexeitar unhas teas abandoadas . . . . . . levaba eu uns dias fora do país e atopeino cheo de bandeiras bermellas e marelas e oin varias veces que por iniciativa popular ou cecais pola dictadura dos medios dos bancos … mentres que case na clandestinidade se están a retirar moitos simbolos franquistas como estes dias a cruz dos caidos no ferrol as bandeiras do circo para o pobo neste tempo de crise economica e ainda mais crise social etica crise de memoria... tempo ao tempo o cronista a 11 de xullo