28-7-2013

carta elexía para bertha




doctora bertha muñoz in memoriam


quería escribirche outro poema

e quedeime sen enerxía sen palabras
pero esta mañán pensei no teu hospital
pintado de branco e pensei no verde
das arbores dos xardins da facultade
e puxenme a escribir esta carta


quería facerche uns versos
e quedárame sen palabras
agardando a túa agarracheme
escribindo diante doutras mortes
dos meus que non coñecín
como as alunnas dunha amiga

poucas palabras faltaron por decir
pero algunhas eran importantes
e agora penso no teu hospital e nas aulas
penso nas curacions e nas tuas pláticas
nas saídas cos alunnos ás comunidades
máis pobres e alonxadas nas serras
e xa che estou escribinbo unha carta
aqueles poucos correos non deran paso
a unhas cartas en papel que era o noso

oaxaca o teu barrio os paseos as casonas
o zócalo e os nosos cafés e as conversas
pouco do movimento e moita historia
literatura e todas as culturas de oaxaca

e agora ollo as poucas fotos que gardo
e reparo nunha parella sentada nas escaleiras
serán os teus alunnos !? pero non me atrevín
a publicar esa imaxe e mandoche outra
as tuas aulas as palmeiras o gran loureiro
a fonte sen auga quen sabe cantos anos
e ao lonxe os cerros as comunidades da serra...

manolo pipas