Agosto 2010

01-9-2010

peixe

          
              peixe


                 ai
              o teu
           peixe ten
        forma de nube
      azul gris cargada
    de antiga humidade
     da tua illa caribeña
       peixe que busca
         unha patria
          sen nome
               con
           bandeira
        auga salgada


        a lazaro enriquez
            polo seus
         peixes escritos

                6-93


30-8-2010

un nariz unha mueca

un nariz
unha mueca unha ollada
un xesto
unha cara pintada
unha historia pa contar
sen palabras

nacho calado cronista
de tanta enerxia e sensentido
mimo corazon aberto
que se perdeu no camiño
paiaso corazon na lembranza
que nos segues dando mimos

manolo pipas
a 29 de agosto

na memoria de nacho otero
a quen este pálido rostro
non puido decirlle até sempre



30-8-2010

versos de celso emilio

Adeprender a vida é moi dificil
ou máis que facer un crucigrama.
Tan difícil ou mais que unha pregunta
que houbera que facer na madrugada
cando tódolos arbres choran noite
i os galos cantan.

Adeprender a vida é moi dificil
e ademáis cansa.

Cando tesa leución medio aprendida
non che sirve para nada.

As cousas son así: imos e vimos,
sin enterarnos nunca do que pasa.
Para saber a leución dámoslle voltas,
cando acaso era mellor non darllas.

Unha mazá, un verme ,
unha chuvia caíndo, terca e mansa,
un discurso do alcalde,
unha vinganza,
unha muller parindo,
unha bomba de nápalm.

Dámoslle voltas
sen enterarnos nunca do que pasa.

celso emilio ferreiro

unha lembranza no cabodano
do poeta de celanova cuns versos
de viaxe ao pais do ananos

28-8-2010

os teus corazons


tes un corazon
unha víscera con ese nome
que bombea sangue
para todo o teu corpo
e ti muller tes outro corazon
que da a vida
o teu utero que trouxo ao mundo
a vida doutros dous corazons

manolo pipas
27-8-2010

poemas de marta dacosta

Nesta pel de ameixa que me cobre
medrei desde o xardín da miña infancia.
Cando a casa pechou mudei o vento.
Aínda teño a carne madura das ameixas
e son auga e xarope en acedume.
. . . . . .

Somos de luz, de vento, de miseria,
breves camiños na distancia dos días,
pedras de sal esquecidas nas rúas
silenciadas e lentas.
As horas non son. Non abondan os pasos
e os soños sumados tan só ven unha noite,
levamos nas mans as flores do pasado
que non duran o instante que as percorre.
Somos de luz, de vento, de miseria
breves camiños de sal nas rúas ermas.
. . . . . . .

Son deste tempo,
do Sur.
Dunha terra callada en solpores arroibados.
Dunha terra perdida na incertidume da alfándega.
Son deste tempo,
do sur.
De onde as verbas son distintas e suaves.
De onde o meu sangue é o río ou alfándega
de xentes que se acharon no cruzarse dos camiños.
. . . . . . .

O sur non é apenas unha palabra oposta,
a esencia do contrario, cálida, quente, ignota.
O sur e o noso ser traspasado de voces,
de tons doces, distintos e ao tempo semellantes.
Quizais sexa unha alfándega, triste, que nos arreda,
difícil de esquecer aínda que sempre ignorada.
O sur somos nós mesmos, os avós, o pasado,
a razón inexplicable de non ver cara ao norde.
marta da costa
poemas do libro pel de ameixa
outros poemarios de marta son setembro
e creando o mar en compostela


26-8-2010

outro lume

outro lume outro
un matorral queimado
queimadas unhas arbores
un poulo arrasado

camiño o que foi tanta vida
e da frondosa vexetacion
non fica case nada
os esqueletes dunhas arbores
como brutal testemuña
da crueldade humana

o barranco e o monte queimado
a serra ferida de morte
a serra ferida de morte
case toda a vexetacion queimada
o val ferido de morte
o val ferido de morte


galiza agosto 2010
24-8-2010

a torre as caracolas e a lua

baixo vento e poalla
xs catro collidos da man
cruzamos a maldita ponte
pero na entrada da illa
habia unha barreira
e baixamos ás rochas e o areal
a xogar e recoller caracolas
porque eramos poucos
para derrubar a torre

esta noite hai lua chea
e cecais ela e as caracolas
teñan algunha resposta
para as tuas preguntas
chirivita




23-8-2010

a nai o cativo e a meniña

a nai acouga e suspira
e quere e non quere
ter a sua propia horta

o cativo fala cos dinosaurios
a meniña inventando palabras

a nai algunhas noites
ten causticos pesadelos

o meniño e a cativa
agardemos que so teñan soños

os fillos nos columpios
van cada vez mais altos

e a nai no seu interior
sente as chiribitas

a 23 de agosto

22-8-2010

as froitas e as feridas

deixacheme na casa
mazans ameixas e limons
pementos e tomates da vosa horta
e hoxe fun comer primeiro
a mazan mais amarga que dóce
que tiña como varias fendas

e foi como se eu entrase
nas tuas feridas

lariño




21-8-2010

o tempo do barbeira

o reloxio do barbeira

e o carballo do pelete

coa ponte do rio parada

contan os dias e os meses



as fervenzas de liñares

as sete fontes das antas

e os muiños e os canastros

contan anos e crianças



cova da meiga

ai chan do gato

laxe das puzas

ai chan do canto



as pozas do rio verdugo

a portela dos xarotos

e a pedra da tartaruga

contan o tempo e os soños



cova da meiga

do liño porto

laxe das puzas

foxo do lobo

val barbeira

19 de agosto
19-8-2010

historias do chapapote 5




a mexilla e o chapapote


coas nosas mans
e pequenas ferramentas
en lariño arrincamos
o chapapote das rochas
e a poucos metros outras mans
que non se atreven a ollar para nos
doutras rochas arrincan a mexilla
para levala as bateas de muros
que estarán sobre outro chapapote
que teñen embaixo nos fondos

lariño outono 03



a carnota oficial

e o goberno municipal
entre bloque e pesoe
que fixo neste tempo?
axudar a este grupo mui pouco
os materias donados aos voluntarios
este goberno empregouno
nos seus traballadores
desde papel hixienico ate xabrons
e ate cos traxes brancos
andaban limpando
os camiños e o monte
e otros traxes os paisanos
empregaronos de espantallos
mentres os voluntarios empregaban
o traxe dia tras dia



arroás morto

o sete de novembro
un arroas morto na praia de lariño

un arroas morto
na praia de lariño o sete de novembro

na praia de lariño
o sete de novembro un arroas morto

                 11-03



os militares pois e as suas maniobras
e os seus danos colaterias

nós no segundo dia de traballo en mougás
xa coidabamos de non manchar mais do debido
e valizabamos os lugares de paso
un mes despois fun a karnota
e o milicos entraban e saian da praia
por calquera lugar e tomaban o bocadillo
nunhas pedras que antes estaban limpas

nas illas chamadas parque nacional
cos helicopteros aterraban nas dunas
e cos todo terreno baixaban ate a praia
alguns sacos da chapapote foron abandonados
e coa marea alta xa os levaba o mar
e destas illas marcharon abandonado todo
deixando sacos e capachos de chapapote
virados sobre as praias e o campo

chegaban as camaras e dous jefes
debatian que grupo debia sair na tele
e alguns  non ollaban os horarios das mareas
reducindo moito o seu tempo de traballo

pero tamen me dixeron
que algun milicos traballaron a reo
e é certo que puxeron infraestructuras
para a limpeza comida e aloxamento
materiais que pagamos nos cos nosos cartiños

finais 2003



os bolos e as voluntarias 

os teus bolos de lariño
o baston movendo os bolos
punta louro e os golfiños
e os frijoles do antonio

os solpores solidarios
venus saturno e orion
sobre o coiro traballos
para vencer o terror

optimas voluntarias
homes duros e lloronas
gabitas e salamandras
e unha vella casona

lira 12-04


os buzos

din que houbo buzos profesionais
que naquel primer ano
baixaron a alguns fondos
a ver se habia chapapote
e asinaron uns papeis en branco

a outros buzos naquel tempo
non os deixaron baixar
a alguns daqueles fondos

e tamen houbo biologos
que asinaron papeis en branco

2004



a plataforma e a burla negra

ai o chapapote e o nunca mais
a plataforma e as suas formas
a burla negra e as suas burlas

o movimento nunca mais
foi unha cousa
e a plataforma e a burla negra
foron outra
pero elas e eles xa contaron
a sua historia
eu sigo o meu camiño de versos
coa outra memoria

vigo 4-2010


-

19-8-2010

hia