Novembro 2011

30-11-2011

ervas e froitos




unhas ervas

un te negro ou verde
unha melisa unha menta
un café revelde

as ervas cortadas e secas
os froitos tostados e moidos
as infusions de cada terra
de cada camiño

un espacio
un rincón unha mesa
neste golpeado outono
uns corpos unha conversa

lariño



28-11-2011

das moderacions




din os titulares da prensa

que no reino de marrocos
os islamistas moderados
gañaron as eleccions
co beneplacito do seu rei

pois si son islamistas
non son moderados
como o seu monarca
posto pola gracia de alá

relixion e politica
soas traen pouco bo
xuntas dan medo

acaso nesta monarquia
catolica parlamentaria
os catolicos do pp
son moderados !?

o cronista

27-11-2011

papaventos




esta laxe de pizarra

da serra do courel
algun dia formará
parte dunha coberta
e protexerá a casa
da chuvia e do temporal

esta laxe de pizarra
con esta forma especial
como un pesado papaventos
que nestes versos quere voar

lariño


25-11-2011

para cambiar o mundo




di a marcha mundial das mulleres

que para cambiar o mundo
hai que acabar coa violencia machista
e nos estamos dacordo

unha cadea humana
camiñou esta mañan na cidade
mulleres e homes da man

nas portas do  m a r c o
antes antigos xulgados e prision
un museo interactivo contra o machismo

e as oito da noite parte unha manifestacion

hoxe dia internacional
contra a violencia de xenero
asi con este insultante eufemismo
porque as nacions son machistas

envolventes

25-11-2011

greve geral




onte en portugal

houbo unha folga xeral
na prensa desta beira do miño
ven moi pouco dela
en xeral ignorase o veciño pais
e neste caso da medo
a sua realidade economica
e o seu contaxio

din  que a debeda portuguesa
foi colocada ao nivel do bono basura!
será a debeda dos seus capitalistas!

onte portugal viviu unha folga xeral
porque unha folga xeral é vida
e non o que propon o capital

para cando deste lado
unha folga xeral de verdade !?

o cronista

24-11-2011

landras e castañas




caenlle os froitos e as follas

a ésta a arbore mais vella
desta pequena aldea
que chaman as chozas

tempo de outono
rexeitadas as landras
recollidas as castañas
veñen os ultimos magostos

lariño

23-11-2011

a guia e o faro




o outeiro sobre a ria

haberá un altar castrexo
baixo a capela da guia

o outeiro sobre o mar
baixo o templo da guia
haberá un castrexo altar

en teis o outeiro sobre a ria
a fogueira o altar e o faro
que coidaban das travesias

case absorvido pola cidade
un outeiro un altar un faro
que mal guia a comunidade

manolopipas

imaxe de alfonso láuzara
poeta e patriota de teis


21-11-2011

o dia despois




para o dia despois

empecei varias cronikas
e ningunha me convence
pero aća seguimos

eu resisto
ti resistes
ela e el resisten
nos resistimos
vos resistides
elas e eles resisten

o cronista


 
20-11-2011

de españa e europa




nunha casa xunto ao colexio

atada na barandilla
unha tea de duas cores
en tres franxas horizontais
unha ensignia
un vello e rancio simbolo
que chama a atencion
a unha cativa de cinco anos

-mamá mira
una bandera de españa
-y tu sabes que es españa
-es un equipo de futbol

tempo despois
a cativa escoita á sua nai
a palabra europa

-ah europa
-y que es europa
-un equipo de futbol
igual que españa

colectivo

20-11-2011

camiñando a praia




onte á noite voltamos ao mar

camiñamos a area e as rochas
para un lado e logo para outro
pero non entramos nas augas

onte á noite á praia voltamos
cada un cos seus fantasmas
e os dous con fantasmas comuns
camiñamos as rochas e a area
pero non entramos nas augas
facianos falta pero non puidemos

onte á noite voltamos á beira da ria
salgado espacio que sempre está aí
e onte case todo para nós

camiñamos a area e as rochas
despexamos un pouco a cabeza
e non manchamos os pes

lariño


19-11-2011

a 19 N chapapote e reflexion




a 19 de novembro

o dia que naufragou o prestige
lembrades aquel barco xunto a costa
cunha gran fenda e ferido de morte
que o goberno botou a alta mar
lembrades aquelas declaracions
- el chapapote no va a llegar a la costa
- no hay marea negra
- ...solo son unos hilillos de plastilina
- el barco …...  - el chapapote ….
e tantas outras fraseciñas para a historia

a 19 de novembro
no noveno ano do chapapote
ninguen pagou polos seus crimes

case nada cambiou neste tema
e as veces ollamos cara o mar
agardando o seguinte petroleiro
mentres eles e outros mais
seguen cuspindo a barlovento

a 19 de novembro
eles din que nos temos que reflexionar
logo da chuvia saiu o sol e as ondas
van e veñen como eses malditos barcos

pero votar con V serve para ben pouco!
ai se puderamos botar cunha B ben grande!!

lariño

18-11-2011

mortos e vivos do 20 N




20 N vinte ene

eleccions ao parlamento español
din que o mesmo dia da morte
do lider da falange e do fascista dictador
ainda que o segundo morreu o dia antes

20 N vinte ene
din que con estas eleccions neste dia
queda normalizada a data
e tamen é un paso para a democracia

20 N vinte ene
imaxinemosnos que ese dia
ou o dia antes morre o derradeiro
ministro do dictador

20 N vinte ene
que faría o seu partido e herdeiros
facelo publico o mesmo dia
ou agardar ao dia das eleccions !?

o cronista