Novembro 2011

17-11-2011

unha boa poda




á beira da ria
esta arbore sofriu
unha poda total

o tronco e as polas
outro outono fican
como un esquelete
pero ano tras ano
voltaron a agromar
de novo as suas follas

tamen nesta terra
estamos a sofrir
unha poda brutal
pero algunhas polas
non se van recuperar

lariño


16-11-2011

o gaiás e gaia




asi era o monte gaiás

antes das faraonicas obras
antes de que lle botara
un ollo e as mans don manuel
campos vellos muros bosques
camiños lagartixas toupeiras rolas
o pouco coñecido gaiás tan tranquilo
o gaiás con moita mais vida que agora

este era o monte gaiás
antes das faraonicas obras
cando ainda era gaia
e agora onde vai !?

o cronista



15-11-2011

parella lectora




un parque

unha parella
un libro aberto
as paxinas de pedra

a parella lectora
polo puro pracer
pola vida pola memoria
por cada novo mencer

desde os petroglifos
ate estas palabras
impresas no vento
cantas as camiñadas

lariño

a uxia e manel
parella lectora

14-11-2011

desa cousa redonda




din que o futbol é un deporte
que se xoga cunha cousa redonda
ah si ouh un deporte
certo pero antes ou mais que iso
é un espectaculo
é antes máis é política
e sobre todo un negocio
o circo do pobo pois

lembro que as bandeiras
da dictadura do fascismo portugués
eran as tres f de fatima fado e futbol
e con duas efes menos tiñan
o equivalente na dictadura de franco
catolicismo cancion española toros e futbol

e algunhas veces
coma onte en a coruña

iso que chaman futbol
é violencia e estupidez
e autobuses apedreados

seica por unha minoria

o cronista

13-11-2011

a chuvia e o fedor




a chuvia


a chuvia pon
a musica e o silencio
a luz e a distancia
na terra e e no mar
a chuvia pon o tempo


salgadas

o suor e as lembranzas
as feridas e as bagoas
tamen son salgadas


fedor

segue na costa e no interior
un inmenso fedor a mentira
que non o poden eliminar
como alguen noxento dixo
un fedor a hilillos de plastilina

lariño

un dia humido coma hoxe
hai nove outonos co prestige
empezou o tempo do chapapote
e nel seguimos porque hai tempo
que somos do pais do chapapote


13-11-2011

pegadas e rosalia na aira




na aira das letras
nun circulo
entre granito e libros de poemas

entre a vila e a beira do rio arnoia
pregunta o mestre isaac estravís
a aportaverdedosetimoandar
pola porta o andar as pegadas rosalia...

e cada unha das voces vai deixando
a sua pequena testemuña
- rosalia pola obra e pola sua vida
- polo que me tocou a min
- polas raices e polo referente
- pola presencia e polas arbores
- pola fala e polo corazon
- rosalia de castro pola matria
...


e agora saen mais sentires
o cravo e a negra sombra
a sombra do cravo que lousa
as viuvas dos mortos e dos vivos
e as viuvas dos desaparecidos

foi o venres á noite no arnoia
mañan noutras airas das palabras
cecais ás beiras do rio sar
botaremos os nosos cantares novos

o cronista

da presentacion de pegadas
na librería aira das letras
en terras de allariz
imaxe de onte á tardiña
noutra aira da terra

12-11-2011

traballos forzados




a guerra e uns dos seus presos

o campo de concentracion
e logo un batallon
de traballos forzados
dous mil represaliados a pico e pala
construindo unha estrada no pirineo
e malvindo na escola da vila

un home case forzado á fuxida
detido e asasinado como exemplo
para todos os seus compañeiros
a finais do ano trintenove

setenta anos despois
uns vellos non queren morrer sen saber
onde está enterrado o seu irman
e por fin os seus restos lles son devoltos
e celilio gallego garcia volta a casa

con eles o calzado da frustrada fuxida
e o lapiceiro da supervivencia
ese co que se expresaba e se comunicaba
coa familia a pesar da censura

o cronista

do documental 827 km sin retorno
emitido no negra sombra o pasado venres
na segunda mostra de documental
alternativo utopiacinema.blogspot.com/

11-11-2011

estado do ben-estar




defender o estado do ben-estar

con ofrendas para o deus consumo
estragando a terra e o mar
fame no terceiro mundo
no primeiro mundo a fartar

manter o estado do ben-estar
sen que importe o seu coste
pan para hoxe fame para mañan

a base do estado do ben-estar
é o consumo polo consumo
o despilfarro e a excesiva comodidade
outra cousa son as conquistas sociais
o traballo pero non a explotacion
as pensions a educacion a sanidade...

o cronista

posdata
as fundas seguen coldadas na rua
e fanlle sombra aos noxentos

adornos navideños
e hoxe 11 do 11 do 2011
alguns anuncian o fin do mundo
outros xogan moito a lotaria
e nos imos recitar a allariz


10-11-2011

boa lua




xa é noite

outro dia máis
a dormir amiga
cecais soñar

na distancia
terra e cultura
moitos afectos
e boa lua

bo levantar
moi bo dia
amiga lectora
se é pola mañán

lariño

09-11-2011

castañas na rua




camiñando pola rua
daquela esquina chega
o arrecendo a castañas

dezaseis castañas
asadas
por un euro
cada castaña sae
como a seis centimos

os quentes froitos van
nun cucucucho de papel
na paxina de economia
que para pouco mais
serven os periodicos

08-11-2011

do teatro grego




a palabra grega theatron

lugar desde o que se olla

o teatro grego era un lugar publico
un espacio para a representacion
para compartir co pobo
as distintas artes escénicas
a danza o canto a traxedia a comedia
o teatro grego
construido con puras matematicas
aproveitando unha pendente
semicircular para unha boa vision
e ainda mellor acustica

o teatro era levantado
entre o espacio divino arriba
como o templo do partenón
e o espacio urbano abaixo
as gradas a orquesta os coros
os traxes as mascaras …


o cronista

posdata
todo o pobo podía ir ao teatro
mesmo alguns escravos como acompañantes
pero sen escravitude nunca haberia teatros
case como agora entre o futbol
a television e outras mascaradas


07-11-2011

das traxedias gregas




zeus afrodita ulises e penelope

os sofistas sócrates platón
aristoteles pitágoras arquímedes
esquilo sófocles safo homero
dórico jónico e corintio
o partenón a acropolis o anfiteatro
as thermas as olimpiadas
a primeira democracia
kavafis e theodorakis
a resistencia grega contra a dictadura
e a destes meses contra o capital
ai as traxedias gregas

ai a traxedia clasica grega
e a moderna traxedia dos gregos
e din que grecia non vale nada
canto vale pois o fondo
monetario non-internacional?

ese pais que chamaban grecia
que perdeu a sua pobre democracia
nas mans do dólar e do euro
ai o cabalo de troia

o cronista

posdata
de cronos palabra
grega tempo