Novembro 2011

06-11-2011

fundas contra a crise




hoxe domingo

os tres sindicatos maioritarios
sairon a rua nunha protesta
contra a especulacion e polo emprego

un domingo para cubrir expediente
como ir a misa como unha procesion
parece que lle teñen medo ao capital
que non o queren molestar


estas fundas estes monos da imaxe
que colgaron os parados do naval
esta semana á beira dos asteleiros
e no centro da cidade de vigo
conciencian moito mais
que unha manifestacion en domingo

unha aperta
dun desempregado mais

o cronista

05-11-2011

follas do outono




camiñamos

sobre as follas do outono
será outono no courel
na serra e nos seus bosques
nos soutos e en cada un
dos seus castiñeiros
será outono

camiñamos
sobre as follas do outono
será outono na costa da morte
nas praias nos coidos
nos acantilados e nas illas
nas ervas namoradeiras
será outono

camiñamos
no parque da bouza
sobre a erva
e sobre as follas do outono

lariño

04-11-2011

de tinduf a chiapas





nunca estiven no deserto

cos seus extremos naturais
de abrasador calor de dia
e tremendo frio de noite
este deserto con tan pouca vida

nunca estiven en tinduf
e nos seus campamentos
de desprazados dunha guerra
cos seus extremos dos homes
de miseria e solidariedade

non coñezo o deserto e tinduf
pero coñezo so un pouquiño
a montaña e a selva de oaxaca e chiapas
cos extremos da natureza e os dos homes
teño visitado comunidades golpeadas
e golpeados presos politicos
á beira dunha inmensa biodiversidade
para manter ao mal goberno
e as transnacionais e a sua desfeita

de tinduf a chiapas
os extremos da natureza
e os outros extremos dos homes

o cronista

03-11-2011

tinduf e cooperantes




tinduf é un lugar

poboado do deserto
seica unha provincia de arxelia
tan perto do sahara coma de marrocos
e habitada por miles de refuxiadxs
saharauis en campamentos
provisonais que xa son pemanentes

tinduf irmanado con xixón e avilés
tinduf visitado por activistas e cooperantes
que non sofrira antes un golpe como este
e outras duas cooperantes
tamen secuestradas dias antes en kenia
e en abril un cooperante
asasinado en terras de gaza

refuxiados
activistas e cooperantes
as veces tan perto
pero tan lonxe

todas somos ainoa
todas somos layla
zahra aminetu yadira...

o cronista

02-11-2011

duas mazans




froitas bermellas

a grande mazan
e a mazan pequena
de distintas maceiras
do mesmo lugar

sobre o muro
duas froitas irmans

imaxe
de hai un mes

01-11-2011

samaín e cabazos




samaín

tres cucurbitaceas
cabazos ou calacús

e manquetas ou cabazas

samaín
tres grandes froitos
agardan polos cativos
que lles boten un ollo
que les fagan uns buracos
e xa temos unhas calaveras
para o milenario rito e xogo
de orixe precristiana

os cabazos e o samain
os vivos e as mortas
os mortos e as vivas

o cronista